Registrarse
- Guarda y accede a todas tus rutas GPS
- Añade fotos y videos a tus rutas
- Crea tu propio mapa de rutas
- Comparte rutas con los amigos
- Muestra tus rutas en Google Earth
Miembros de Wikiloc
Descargar

Sigue esta ruta con tu móvil!
Identificador de la ruta (Wikiloc ID): 549530
Este sendeiro está promovido polo concello de Porto do Son e ten dúas partes ben diferenciadas e de interese desigual. O treito inicial discorre preto da costa, primeiro por unha zona arborada, saíndo do faro de Caveiro, e logo por a fermosa praia de Aguieira, con súas dunas e onde desembocan os ríos Quintáns e Cans. Desde a praia colleremos unha corredoira que sae (antes de chegar as pistas asfaltadas) hacia o monumento aos mortos de Nebra (por unha oposición a suba dos tributos, no ano 1916). Comeza desde aquí a subida cara ao monte, que ao meu parecer non ten interese sendeirista, xa que vai todo o percorrido por pistas mal sinalizadas e que se cruzan con outras de recente apertura, dando lugar a confusións. Os puntos de interese deste segundo treito son o muíño da aldea de Queiro e a igrexa de Santa María de Nebra, do século XVIII e que está ao final do percorrido.
3 comentarios
Si quieres, puedes dejar un comentario o valorar esta ruta






Fácil
Arben12 12-may-2010
Dende Cans eu proporía facelo percorrido sempre a carón do río, é moito máis interesante non só pola súa paisaxe se non polo Patrimonio Etnográfico e Hidrolóxico que creceu aos seu carón. O paseo remataría aos pes da Ponte que nos levaría, que nos levaría tomando á esquerda a aldea de Queiro e á dereita á Pedra do Lobo e Resúa.
jesussimon 12-may-2010
Moitas gracias polas anotacións que fixeche sobre o roteiro. Eu seguín as indicacións do sendeiro pero xa vexo que ó percorrido é claramente mellorable. Un saúdo.
Arben12 13-may-2010
Foi un pracer e perdoa polas repeticións, non me decatei ao publicalo sobre a marcha. Saúdos.