Descargar

 Details

loading...

Folgen Sie diesen Trail mit Ihrem Smartphone!

Trail Identifikator (Wikiloc ID): 671620

-
-
854 m
558 m
0
3
6
10
12,95 km
angezeigt 8208 Mal, heruntergeladen 309 Mal
bei  Forcas, Galicia (España)

Comeza este roteiro sinalizado na aldea de Forcas (Parada de Sil), a que se accede desde o quilómetro 37,7 da estrada OU-536 que une Ourense con Castro Caldelas. Iniciamos a nosa ruta ao carón do muíño que hai a entrada da aldea, seguindo as indicacións das frechas amarelas que nos meten por unha congostra que vai paralela a estrada pola que chegamos a Forcas. Ao alcanzar de novo a estrada viramos a esquerda para ir logo por unha corredoira que baixa pola dereita, coincidindo aquí co sendeiro de longo percorrido GR-56 Transourensán. Vemos a ponte medieval de Conceliños e, agora moita atención, hai que volver atrás (non sigades polo GR-56) porque a camiñata prosegue pola outra marxe da canle que cruzamos antes e que atravesamos por unha pasarela, seguindo o curso das augas. Acompañamos a canle por uns oitocentos metros e, coidado de novo, baixamos por unha reboleira que nos leva ata a antiga canle en desuso. Xa estamos metidos no espectacular canón do río Mao e avanzamos no sentido de baixada das augas do Mao pola canle xa seca. Ao noso arredor fragas de rebolos, castiñeiros e ameneiros nas marxes do río. Atravesamos un camiño que baixa e seguimos de novo pola canle, deixando atrás os regos de Forcas e de Senra. A altura dunha casa en ruínas que pertencía a antiga central hidroeléctrica teremos que baixar por un souto e por un desvío alcanzamos outro punto interesante: as tumbas escavadas na rocha. Hai unhas dez cunha profundidade algunha delas de corenta centímetros e disque teñen entre nove e catorce séculos. Nesta zona situábase o santuario de San Vítor. A aldeíña de San Lourenzo agárdanos, poñendo fin a Ruta do Cañón do Río Mao e que podemos alongar baixando as beiras do río Sil. Nos faremos o camiño de regreso seguindo un treito do sendeiro GR-56 Transourensán. Damos a volta a aldea, vemos súa igrexa e metémonos por unha corredoira que sobe a esquerda, seguindo as marcas brancas e vermellas do GR. Unha empinada corredoira empedrada nos conduce a altura da presa da nova central eléctrica. Agora o camiño e máis doado e seguindo sempre as marcas, atravesamos máis arriba o rego de Senra e chegamos a aldea de Miranda e logo a de Forcas con seu cruceiro e igrexa de San Mamede. Imos cara a aldea e, baixando por ela, acadamos o punto de comezo da nosa andaina.

10 Kommentare

  • Foto von R. Reboiro

    R. Reboiro 12.02.2011

    Hoxe fumos a facer a curta ruta das pasarelas do canón do Mao e despois comezamos con esta, que como viñamos polo outro lado comezamos no pobo de San Lourenzo e continuamos na dirección contraria. O mellor da ruta é sen dúbida o tramo da canle en desuso polo canón, que é algo realmente espectacular. O peor, na parte máis alta da ruta, o tramo entre a ponte romana e a baixada cara San Lourenzo, no que por algún motivo había unha gran cantidade de carrachas agardando nas prantas para prender na roupa ao pasar (unhas 20 nos quitamos de enriba entre os tres que iamos). Tiña entendido que cando están máis activas é a finais da primavera, non sei por que había tantas. Tamén advertir que parte do camiño está parcialmente invadido polos toxos e que hai que levar calzado axeitado para pasar o rego do Senra, que ía moi crecido e obriga a meter os pés nel. Aínda así a ruta é moi recomendable. Co problema das carrachas existe a opción (menos interesante) de coller a pista desde a subida de San Lourenzo ata a Senra e de aí a estrada ata a baixada á ponte pasando por Forcas. Gracias por esta ruta, Jesussimon!

  • Foto von jesussimon

    jesussimon 13.02.2011

    Alégrome que che gustara, son da mesma opinión. Eu tiven sorte e non atopopei ningún deses molestes bichiños que adoitan agarrarse nos sitios máis indiscretos. Saúdos de Suso.

  • justoramos 09.06.2011

    Está muy bien el utilizar la lengua materna, pero al ser Wikiloc algo universal, resulta que limita la difusión y la comprensión al resto de usuarios que no somos gallegos, y que si estamos interesados en hacer algunos recorridos por tan hermosa tierra. Saludos,

  • vaiaraio 14.09.2011

    perdona compañero pero e wikiloc original es inglés,can you believe it? En fin, algo de interés por otras lenguas tampoco te viene mal. Unha aperta meu.

  • vaiaraio 14.09.2011

    Por certo, jesussimon, collo nota da andaina e póñoa na miña lista de cousas pendentes. Unha aperta.

  • Foto von jesussimon

    jesussimon 14.09.2011

    A zona é moi fermosa e algo oín de que milloraran a ruta. Tamén sei que se están a facer traballos arqueolóxicos no santuario de San Vitor. En fin, que paga a pena facer unha andaina por alí. Saúdos de Suso, "vaiaraio".

  • Foto von markis

    markis 29.03.2013

    Después de realizar el año pasado el PR-G 98 por los cañones del Sil, ayer nos acercamos hasta la fábrica de la luz donde ahora hay un albergue y anduvimos el tramo corto por las pasarelas del río Mao. Más tarde nos acercamos hasta San Lorenzo e iniciamos la ruta, subimos hasta la Necrópolis de S. Vitor, un gran descubrimiento y más arriba siguiendo el antiguo conducto del agua unas maravillosas vistas al Cañon de río Mao. Se podía apreciar como desembocaba un gran torrente de agua que formaba una catarata creo que del río Serna...IMPRESIONATE

  • Foto von jesussimon

    jesussimon 29.03.2013

    Saludos, markis. Gracias por tu comentario.

  • buhochico 18.05.2013

    Hemos realizado esta ruta el 16 de mayo y es fantástica. Gracias por el track y la explicación. Como variación, nosotros salimos desde San Lourenzo, y una vez llegados al puente de Conceliñas salimos a la carretera para ir a Forcas. Desde allí, al salir del pueblo coger la carretera asfaltada de la derecha en el primer cruce y siguiendo por esta aprox. un kilómetro, al cruzar un arroyo sale a la derecha una senda que lleva a la casa que controlaba el tubo de agua que cae a la central. Desde ahí se coge ya el mismo camimo de la necrópolis a S.Lourenzo. Esta variante acorta bastante la vuelta si el tiempo se te echa encima.

  • Foto von jesussimon

    jesussimon 19.05.2013

    Muchísimas gracias, "buhochico", por las sugerencias aportadas. Saludos de Suso.

You can or this trail

  • Foto von Ruta do Canón do río Mao (Regreso polo Transourensán)
  • Foto von Ruta do Canón do río Mao (Regreso polo Transourensán)
  • Foto von Ruta do Canón do río Mao (Regreso polo Transourensán)
  • Foto von Ruta do Canón do río Mao (Regreso polo Transourensán)
  • Foto von Ruta do Canón do río Mao (Regreso polo Transourensán)
  • Foto von Ruta do Canón do río Mao (Regreso polo Transourensán)

Schwierigkeitsgrad: skill Moderat

Koordinaten: 1160

Uploaded: 28. Dezember 2009

Recorded: Dezember 2009

© jesussimon Alle Rechte vorbehalten

[als unpassend/beleidigend markieren]

Route zu dieser Lokation berechnen

Von:  

Route berechnen

Your business is not shown on the map? Publish your business

bei

Contact directly with