Tiempo en movimiento  35 minutos

Tiempo  una hora 8 minutos

Coordenadas 637

Fecha de subida 10 de julio de 2019

Fecha de realización julio 2019

-
-
392 m
380 m
0
1,1
2,1
4,27 km

Vista 264 veces, descargada 6 veces

cerca de Verín, Galicia (España)

O máis emblemático e accesible paseo de Verín enlazaba diferentes pozos e zonas de baño tradicionais -Pozo tre'ranas", pozo negro, pontillón, pozo Paquita, Mefa, pozo dos estudiantes, pozo das señoritas, lagoa de Miñambres, vaira da Pousa e a ponte e zona de baño de A Pousa. Paseo imprescindible para coñecer o espírito do Támega.
foto

Foto

Inicio da ruta, no Parque de A Preguiza, co antiguo pozo "Tre'ranas" sumerxido actualmente no cauce pola presa de captación de auga potable para Verín.
foto

Pozo Negro

Aos cen metros do anterior, este Pozo Negro foi unha zona de baño moi popular no século pasado.
foto

O Pontillón

Antiguo pontillón sobre o Regato da Rasela.
foto

Pozo Paquita

foto

Pozo Mefa

"Mefa" é unha traslación de "fame" ao revés, porque segundo o dito, o bañarse nel xa se viña con fame.
foto

Pozo dos estudiantes

Zona de baño predilecta da xuventude de outrora.
foto

Pozo das señoritas

Zona tradicional de baño, e de boas troitas.
foto

Lagoa do Miñambres

Á dereira do paseo aparece a "lagoa do Miñambres", principal acuífero neste tramo do Támega na estiaxe de verán. Abondoso en anguías e troitas, unha captación moderna minguou o seu volume.
foto

Presa do Miñambres

A presa do Peláez ou do Miñambres é a captación que nutría a antigua aceña do muiño tres guerras, no distante barrio de San Lázaro. A súa beleza fai que sexa un referente do paseo da Pousa.
foto

Vaira da Pousa

Vaira da Pousa é unha das vairas máis longas do Támega. Unha vaira é unha lámina de auga mansa represada e tranquila.
foto

Antiguos sillares da ponte vella da Pousa.

foto

Zona de baño de A Pousa

A máis tradicional, xunto coa ponte de San Lázaro, zona de baño de Verín río arriba, e punto de retorno deste paseo da Pousa.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta