Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  2 horas 18 minutos

Coordenadas 1646

Fecha de subida 9 de noviembre de 2015

Fecha de realización noviembre 2015

-
-
118 m
49 m
0
1,6
3,1
6,29 km

Vista 985 veces, descargada 13 veces

cerca de Cornide, Galicia (España)

Pequena ruta circular que percorre as antigas terras do Couto de Francos situadas entre os actuais concellos de Teo e Brión. Dende a histórica carballeira de Rúa de Francos, epicentro da tradicional feira do San Martiño, seguimos unha senda á beira do río Tinto para achegarnos á aldea de Cabanas xa en terras brionesas. Un lugar abandonado dende os anos sesenta pero que aínda conserva as ruínas de varias casas e edificacións auxiliares ocultas entre as acacias que foron invadindo esta esquecida paraxe. Bordeando a aldea subimos ó alto do Esconedoiro para contemplar unha ampla panorámica do val da Mahía dende o lendario castro da raíña Lupa ás novas urbanizacións de Ames e no que aínda resoan con forza as badaladas do campanario da igrexa de Bastabales inmortalizadas por Rosalía de Castro. Antes de chegar a Beca visitamos os agros do Pumariño para coñecer o petróglifo máis importante do Concello de Brión, situado ó carón dun vello camiño. Unha laxe plana de máis de nove metros de longo e 5 de ancho que conserva unha ampla colección de gravados prehistóricos datados na primeira idade do Bronce. Entre os diferentes motivos insculturados salientan as combinacións de círculos concéntricos (máis dunha ducia) característicos da arte rupestre galega e da Europa Atlántica, pero tamén pequenas agrupacións de coviñas, sucos lineais, círculos simples e pequenas cruces de época histórica. Unha das estacións de arte rupestre estudadas pola asociación cultural o Colectivo A Rula que pretende dar a coñecer á veciñanza e cidadanía estas interesantes mostras da arte prehistórica da nosa comarca. Grazas á súa colaboración puidemos localizar e coñecer este interesante xacemento arqueolóxico danado parcialmente por unha torre de alta tensión situada nun extremo da laxe. Agardemos que no futuro as administracións competentes poidan actuar neste interesante xacemento arqueolóxico e acometan as melloras necesarias para a súa posta en valor como o traslado da torre eléctrica, a limpeza de toda a superficie da rocha e a instalación de paneis de sinalización e explicativos.
A ruta remata coa visita á aldea de Xinzo que conserva un interesante núcleo tradicional con vivendas dos séculos XVIII e XIX coas tradicionais eiras, alpendres, fornos, etc. Tomando o sendeiro de acceso ó castro Lupario regresamos a Rúa de Francos cruzando o río Tinto pola pontella medieval de Paradela.

Andaina organizada polo Concello de Teo dentro do programa da Feira de San Martiño 2015.

Ver más external

  • Foto de ALDEA ABANDONADA DE CABANAS
Aldea abandonada de Cabanas (Brión)
  • Foto de CARBALLEIRA DE RÚA DE FRANCOS
CARBALLEIRA DE RÚA DE FRANCOS
  • Foto de MIRADOIRO NATURAL DO VAL DA MAÍA
Miradoiro dende a Pena do Esconedoiro
  • Foto de PETRÓGLIFO DO PUMARIÑO
PETRÓGLIFO DO PUMARIÑO
  • Foto de PONTE NOVA
  • Foto de PONTELLA DE PARADELA
  • Foto de XINZO

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta