Tiempo  2 horas

Coordenadas 626

Fecha de subida 21 de octubre de 2019

Fecha de realización octubre 2019

-
-
64 m
24 m
0
1,8
3,6
7,12 km

Vista 86 veces, descargada 5 veces

cerca de Pontevedra, Galicia (España)

Este doado paseo vainos mostrar o río dos Gafos, transcorrendo polas súas beiras desde uns poucos metros máis embaixo do seu nacedoiro ata casi a súa desembocadura. Este curso brota no Mato da Xestiña, na parroquia de Figueirido do concello de Vilaboa e logo duns 11 Km verte augas no barrio das Corbaceiras, na cidade de Pontevedra, estando no seu treito final soterrado 525 metros.

Coma é frecuente nos ríos, éste cambia a súa denominación segundo o lugar polo que pasa e así atopámonos cos nomes de río do Cocho, Regheiro, río das Veighas, da Estación, Toxal, Salcedo, Menexo, Pelamios, da Goleta, da Taboada, de Tomeza e dos Gafos, sendo estas dúas últimas denominacións as máis habituais. Nas marxes medra o acostumado bosque de ribeira con presenza de salgueiros, ameneiros, freixos e bidueiros e asemesmo teñen presenza carballos e castiñeiros.

O nome de río dos Gafos ten a súa orixe na palabra gafo que en galego-portugués antigo significaba leproso e ésto debido a que na súa desembocadura ergueuse un lazareto no século XVI. Por aquí pasa o Camiño Xacobeo Portugués e as leproserías adoitaban estar preto de camiños moi transitados co fin de que os enfermos puideran conseguir esmolas para o seu sustento. A lepra comezou con estragos en Europa xa desde o século VI e por Galicia estendeuse no XII, facéndose a distinción entre os enfermos gafos -con algúns síntomas da doenza- e os leprosos, xa nun estado avanzado da infección bacteriana contaxiosa.

Amais desta historia tráxica, o río está ligado o propio nome da cidade de Pontevedra dado que a ponte que había na desembocadura -Ponte Nova ou Ponte Vella- xunto coa Ponte do Burgo -sobre o Lérez- darían lugar a denominación “Ad Duos Pontes” -Dúas Pontes- coa que se coñecía a Pontevedra na época romana, pasando por aquí a Via XX Per Loca Maritima que unía Braga con Lugo e Astorga.

Se falamos do Gafos temos que mencionar a Asociación Vaipolorío, artífice da recuperación medioambiental do río, que periódicamente limpa o seu leito e marxes, fai catalogacións de fauna e flora, recupera a toponimía circundante e imparte talleres para o coñecemento deste espazo natural.

Ver más external

árbol

Bosquete

Pequeno bosquete as beiras do río dos Gafos.
foto

Camiño Santiago

Camiño Xacobeo Portugués a Santiago de Compostela.
Waypoint

Comezo Gafos

Punto de inicio do sendeiro no casco urbano de Pontevedra.
Avituallamiento

Estacion tren

Estación de ferrocarril de Pontevedra.
Waypoint

Final

Punto final do sendeiro preto do lugar de O Alcouce, no concello de Vilaboa.
Río

Mar da Presa

Represa no río Gafos.
Edificio de interés

Muiño

Muíño preto da estación de ferrocarril.
Ruinas

Muiño Toxal

Muíño hidráulico na beira esquerda do río dos Gafos.
foto

Pasarela

Pasarela de madeira preto do punto de comezo.
Puente

Ponte Ansuiña

Ponte de pedra sobre o río dos Gafos.
Puente

Ponte Condesa

Ponte sobre o río dos Gafos.
Puente

Ponte Lebon

Ponte sobre o río dos Gafos.
Puente

Ponte Valentin

Ponte sobre o río Gafos.
Puente

Pontella Toxal

Pontón de pedra no río dos Gafos.
Río

Rego Filgueira

Afluente do río dos Gafos pola beira esquerda.
Río

Rio Gafos

Río que nace en Figueirido, concello de Vilaboa e logo duns 11 Km desemboca na ría de Pontevedra.
Río

Rio Pintos

Afluente do río Gafos pola beira dereita.
foto

Sendeiro

Carreiro pola marxe dereita do río dos Gafos preto do seu nacedoiro.
foto

Tunel

Túnel por debaixo dunha estrada.

1 comentario

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 21-oct-2019

    Tende en conta que o sendeiro é lineal, de xeito que teredes que contar cun medio para volver ou senón a quilometraxe será dobre.

Si quieres, puedes o esta ruta