-
-
870 m
380 m
0
4,3
8,5
17,01 km

Vista 678 veces, descargada 5 veces

cerca de Lobios, Galicia (España)

Ruta circular.

Saída dende o balneario de Lobios, recorremos o paseo do río, pasamos as ruínas do Aquis Origins ata o km2 no que nos desviamos á esquerda hacia a Corga da Fecha.
Tras ascender o sendeiro que non te deixará indeferente, pola súa dureza e as súas vistas, suavízase a subida e enganchamos de cara á Cabaniña do Curro, a uns 400m deste punto cruzamos unha corga que levaremos de compañeira durante 1km máis ou menos ata saír ó sendeiro que vai dende Sanpaio ata Portela de Homem.
Seguimos dirección Portela, todo en suave descenso, dende ahí eu optei por coller o camiño da cara Norte do río Caldo para evitar o outro lado que se atopa mal acondicionado.
Ó cehgar ós Miliarios, que se atopan na carreteira, subimos unhos metros pola estrada para enganchar o tramo mellor conservado da Vía Nova e preparar as pernas para os derradeiros 4km que nos separan do balneario.

Ruta moi agradecida, a partir do km7 todo é baixada suave, os 2 primeiros son para quecer, bastante chairos, o bo empeza no km3, sen dúbida o peor.

No paisaxístico creo que non hai nada que engadir, é unha pasada.

No histórico e etnográfico.... Pasas polo Aquis Origins, pola Cabana do Curro, por onde os Miliarios ou puntos kilométricos dos romanos e percorres 500m aprox. dunha calzada romana das máis íntegras.

Tirada moi recomendable para os que se inicien nesto ou para os experimentados que queiran probarse asi mesmos.

Foto: queverengalicia.com
Seguimos as balizas dende que cruzamos o río e non hai perda, este camiño seguirémolo unhos 5km ata Portela de Homem

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta