-
-
458 m
423 m
0
0,8
1,5
3,02 km

Vista 78 veces, descargada 0 veces

cerca de Castro, Galicia (España)

Percorrido San Silvestre Melidense
Saída da Praza do Convento, dirección Camiño de Ovedo, subimos a Rúa nova e seguimos de frente cara a “Librería Parrado” onde facemos un xiro a dereita para baixar a Rúa das Ichoas na cal xiramos a esquerda á Rúa Alberte de La Fuente. Xiramos a dereita e aproveitando so a beirarrúa e o arcén da Rúa do Progreso, xa nos metemos a dereita de novo para subir pola Rúa do Carme. Ao final desta rúa seguimos polo camiño Castelo bordeando o cemiterio municipal, para baixar a Rúa Principal ata o cruce coa rúa Castelo, na que nos metemos a dereita. Seguimos por dita rúa ata o cruce coa Rúa das Ichoas a cal faremos na súa totalidade ata saír a Rúa do Progreso a altura da “Xoiería Pereiro”. Aí facendo uso da beirarrúa seguiremos ata a Rúa do Convento a cal percorreremos ata o cruce coa Rúa San Pedro percorremos toda esa rúa e a altura do cemiterio seguimos recto polo camiño de Santiago ata o cruce coa estrada de Santiago a cal usando as beirarrúas levaranos a Rúa Sabián que subiremos ata o camiño das Cabadas, en dito camiño xiramos a dereita cara a rúa México para despois volver xirar a dereita hacia a Alhóndiga, ó final desta rúa torcemos a dereita para baixar a Rúa de San Antón ata a Travesía Principal. Unha vez chegados a Rúa Principal xiraremos a esquerda e baixamos dita rúa ata a Rúa do Convento, a cal colleremos dirección da Praza do Convento onde está ubicada a meta.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta