Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  una hora 38 minutos

Coordenadas 590

Fecha de subida 28 de octubre de 2010

Fecha de realización octubre 2010

-
-
277 m
13 m
0
2,1
4,1
8,24 km

Vista 2725 veces, descargada 76 veces

cerca de Covas, Galicia (España)

RUTA 02 - RUTA DOS MUÍÑOS DA ARMENTEIRA
Ruta lineal do Centro BTT O Salnés
BTT Galicia

A ruta une os muíños de Barrantes (Ribadumia) co Mosteiro Cisterciense da Armenteira (Meis). O trazado coincide en moitos tramos coa afamada senda peonil da Ruta da Pedra e da Auga, polo que os ciclistas deberán moderar a súa velocidade e ser precavidos cos transeúntes. Desde os muíños de Barrantes ascéndese nuns primeiros tramos de escasa dificultade a carón do río Armenteira ata pasar polos reconstruídos muíños do Serén e polo senlleiro conxunto escultórico da “Aldea Labrega” en Meis. O percorrido gaña altitude e dificultade no último tramo, separándose do complicado curso do río e achegándose á aldea de Silván. Logo, nun curto trazado por asfalto, a ruta retorna xunto ao río para chegar paseniño ata o Mosteiro. Neste itinerario gozará de frondosas paisaxes fluviais e da rica arquitectura popular ao longo deste pequeno río. No final do trazado non hai que deixar de visitar o Mosteiro da Armenteira.
A ruta serve de fío condutor para tirar o máximo partido desta rede xa que en Barrantes conecta coas rutas 6 e 9 e na Armenteira coas 3 e 5.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta