julk

Dificultad técnica   Muy difícil

Tiempo  10 horas 35 minutos

Coordenadas 8285

Fecha de subida 22 de octubre de 2017

Fecha de realización septiembre 2017

-
-
305 m
13 m
0
24
48
95,98 km

Vista 175 veces, descargada 13 veces

cerca de Camariñas, Galicia (España)

Vou deixando pouco a pouco atrás Camariñas por un pequeno paseo que bordea a praia da localidade; inmediatamente despois de pasada ésta, aparece un tupido carreiro entre árbores que copia o contorno costeiro, bordeando a enseada da Basa. dito carreiro supón un pequeño atranco, polo estreito e mal definido, sufrindo eu varios despistes, sen contar que non é un traxecto totalmente ciclable, habendo de interrumpir en diversas ocasión a marcha.

Ollo que esto non é un tirón de orellas: o esforzo por abrir e ter funcional este tramo debe ser inmenso, así que se toma con calma, e vía! Estou de vacacións...

Ó outro lado da enseada, as cousas non melloraron; de feito, o primeiro tramo ten partes moi pechadas, malia que aínda quedan restos de pintura que di ”ruta btt”, polo que supoño por aí debeu pasar hai non moito unha ruta organizada.

En calquera caso, pronto remata o sendeiro e o percorrido sae a unha pista de terra, ancha e ben coidada: estamos na ruta da Ínsua, que bordea o monte do mesmo nome que chega ata o mar. É unha ruta sinxela, sen apenas desnivel (salvo que collamos unha derivación que leva ó alto do monte), e que morre na praia do Ariño.

Dende a praia, que eu a intúo pola zona de aparcamento dos coches, e que conta cunha fonte a instalacións para autocaravanas,o camiño vai alternando tramos asfaltados entre casas con algún carreiro perdido, ata chegar ó seguinte punto interesante: Ponte do Porto, unha pequena localidade presidida pola ponte que lle da nome, e que en tempos foi centro comercial da comarca.

Deixo atrás a ponte, pola outra banda da ría do Porto, e teño por guía unhas torres moi rechamantes, que están nunha curva do río.

Ó irme achegando a elas, xa distingo varias construccións relevantes: primeiro, un carreiro bordea os muros dun pazo, o de Vila Purificación de Cereixo; logo, seguindo xa un camiño moi coidado entre xardíns, aparece o fermoso muiño de mareas de Cereixo; unhas escaleiras me deixan no adro da sinxela pero fermosa igrexa de Santiago de Cereixo, e por último, ó carón mesmo da igrexa, xa están as torres de Cereixo, un conxunto arquitectónico no que sobresaen as torres, pero o resto non desmerece.

Continúo o meu camiño, esta vez por asfalto anque serán so uns metros, porque ben pronto collo un desvío á dereita, por un carreiro que parasaría desapercibido se non estivera marcado no GPS. De feito, este tramo de sendeiro, 2.5 qms, foi o único en todo o percorrido que estaba pechado. Así, direitamente. Fíxoseme moi pesado...

En calquera caso, ó chegar á praia de Area Grande as cousas melloraron, e moito: o camiño, aínda estreito, pasou a ser ciclable anque cun puntiño de dificultade, así que o anterior se me foi esquecendo.

Ó chegar á aldea de Leis de Nemancos, o camiño aparta de novo a unha pista de terra, ancha e regular, da que se aparta só para visitar o faro da Punta do Lago, situado nun paraxe fermoso e cunha privilexiada vista de Muxía.

Ó cruzar o río do Lago, o meu camiño coincide por vez primeira có trazado do Camiño de Santiago, na variante que vai a Muxía. Variante que, por outra banda, está ben tranquila..

Son só un par de centos de metros os que coincido có trazado xacobeo, porque entrando á aldea de Os Muiños xa me aparto del para ir buscar unha fermosa ruta, a ruta dos muíños do río negro, pequena pero ben fermosa, comeza cun recuncho tranquilo cun lavadeiro e unha fonte, e vai indo corrente abaixo por un sendeiro plagado de belos muíños.

A ruta remata na praia de Area Maior, bonito areal que deixamos atrás e, deseguida, volvemos a enlazar có Camiño de Santiago, que entra en Muxía por unha baixada en sendeiro que coa bici é moi golosa...

Xa na praia da Cruz, estamos ás portas de Muxía, pequena poboación costeira que ten moito movemento polo antes comentado camiño de Santiago, pero tamén polo meu novo destiño, o santuario da Virxe da Barca, lugar máxico e cheo de lendas, que uno non cansa nunca de visitar.

Voltamos a Muxía polo coñecido coma camiño da pel, por un motivo que mellor explican no enlace, e paso polo monumento denominado “A Ferida”, facendo alusión ó desastre que supuxo para a comarca o afundimento do Prestige.

Atrás xa Muxía, encaro o tramo final do meu percorridoe, posiblemente, o mais esixente polo contínuo sube e baixa (xa, coma sempre...), pero con cotas máis elevadas. Por exemplo, primeiro baixamos á praia de Louro, para subir logo ó monte Cachelmo por un sendeiro medio pechado e cunha pendente dura, dura. Menos mal que a vista dende o cumio paga a pena, porque senón...

Sí, claro que paga a pena a vista por un lado do que xa pasamos, Cabo Vilán e Muxía, e polo outro, o Cabo Touriñán, que está a vir.

E, si espectacular foi a subida, non menos foi a baixada, desas de levar o sillín no peito. Así, nun momentiño pasamos de 174 m de altura a 69. para volver subir, neste caso ós 122 do Monte Buitra, que tras facer un longo camiño (2 qms en cada sentido) de ida e volta por pista de terra, nos achega a unha vista das que quedan por sempre na retina.

O camiño baixa rápidamente por estrada ata os 59 metros sobre o nivel do mar, para inmediatamente apartar por unha pista e ascender ó seguinte monte, o monte Pedrouzo (coroamos a 267 m), e pedalear de novo perto do mar.

O descenso é rápido, por estrada local, cara á praia de Moreira, ben curiosa polos grandes croios que a bordean.

Dende ela toca ascender, por un sendeiro medio terra, medio area, que é do mais “simpático” a estas alturas da película. Pero sí, no fondo nos vai o rollo masoca, e estes tramos estreitos e algo técnicos nos alegran o día.

Ó chegar a un altiño xa entramos a unha pista recta, da parcelaria, e vemos o novo destiño: Cabo Touriñán.

Entro no cabo pola estrada de acceso ó faro, pero non vai ser tan sinxelo o tema; o percorrido propón un círculo polo promontorio, por aquello de non repetir camiño, e coa escusa de ver diferentes paisaxes...

Sexa como for, chego ó faro, un lugar tan inhóspito coma magnético, o punto máis ó occidental da galiza e, por descontado, da España peninsular, o último sol da Europa continental durante o equinoccio da primaveira, ó redor do 22 de marzo ata o 25 de abril.

Ainda queda moito por ver, porque saíndo do cabo Touriñán, alternando sendeiros con pistas de terra e asfaltadas, baixo á praia de Nemiña, un areal tan bonito coma tranquilo. Como di o artigo que enlazo, un lugar pra deixar pasar o tempo.

Pero hoxe non toca, que quero chegar a Fisterra. Pedaleo por unha pista de terra que vai paralela á praia, ata que pasa a estar asfaltada para poder sortear a ría de Lires, e xa logo coller camiños de pura bicicleta de montaña, entre árbores, ata que a vista se abre, e vemos a praia do Rostro.

Despois de vela dende o alto, baixo e a bordeo pola pista asfaltada, para logo baixar no seu extremo sur e tirar unha foto.

O camiño agora continúa en sentido ascendente (non podia ser de outra maneira), e o porcentaxe de ascenso, unido á presenza de area na subida, fan unha excusa perfecta para mirar atrás e descubrir novas postais da Costa da Morte.

Unha vez chegado ó alto, e cando vexo ó fondo Fisterra, me sorprende un monte con anteas no medio do meu traxecto. Non será por ahí, verdade?

Pois sí era. De novo baixo a 87 metros sobre o nivel do mar, a ante min teño esa mole que se coroa a 233. Toca meter a reductora e mirar abaixo, porque se miro arriba, igual me desmoralizo.

A subida é por terra compacta e de pendente regular, así que fun subindo ás antenas do Cabo da Nave para poder, eso sí, desfrutar das vistas dende esta parte sur do monte, e mais da propia baixada en sí, alternando tramos moi estreitos con outros máis anchos, non máis de dous metros, e chegar á praia Mar de Fóra, que pasamos por unha pasarela de madeira, ata que ésta deixa paso a un camiño empedrado que ascende decididamente, tanto que hai tramos que non dou feito montado. Afortunadamente, este tramo remata ós 100 metros de alto...

...claro que eu a estas alturas non sabía que ía coroar o monte do Facho ós 228 metros. Por esta pista xa case nin saudaba ós viandantes. O ansia por chegar, unida ás forzas xustas e á luz que se me escapaba polo horizonte foron un cóctel explosivo.

Por fortuna, dende o alto xa se ve o faro de Fisterra (moi abaixo!!), e xa sen dar pedal, só tendo conta de non atropelar nengún turista embelesado pola beleza do entorno, chego xusto a tempo ó cantil onde os pelegrinos queiman a roupa coa que fixeron o seu Camiño á Fisterra, simbolizado por unha escultura dun par de botas, e que para cando cheguei estaba ateigado de xente cunha roupa fina e unhas cámaras para sacar a foto do solpor con moitos megapixels.

A cuestión é que, por pouco, pero cheguei a tempo. Misión cumplida. Agora toca voltar a Compostela polo Camiño, pero en sentido inverso. Pero esa é xa outra istoria...

Mais información:

-De Ferrol a Fisterra. Etapa 1: Ferrol-Coruña
-De Ferrol a Fisterra. Etapa 2: Coruña-Corme
-De Ferrol a Fisterra. Etapa 3: Corme-Camariñas
-De Ferrol a Fisterra en bicicleta de montaña, pola costa

Máis ainda:
-Travesía do litoral cantábrico galego. Ribadeo-Ferrol
  • Foto de Antenas Cabo da Nave
  • Foto de Antenas Cabo da Nave
  • Foto de Antenas Cabo da Nave
  • Foto de Faro de Punta de Lago
  • Foto de Faro de Punta de Lago
Punta de Lago
  • Foto de Faro Fisterra
  • Foto de Faro Fisterra
  • Foto de Faro Fisterra
  • Foto de Faro Fisterra
  • Foto de Faro Touriñán
  • Foto de Faro Touriñán
  • Foto de Faro Touriñán
Coníferas
  • Foto de Igrexa de Santiago de Cereixo
  • Foto de Igrexa de Santiago de Cereixo
Cereixo (Santiago)
  • Foto de Lires
  • Foto de Miradoiro monte Buitra
  • Foto de Miradoiro monte Buitra
Camiño Dos Faros - Btt
  • Foto de Monte Cachelmo
  • Foto de Monte Cachelmo
  • Foto de Muiños de mareas de Cereixo
Molino de Agua
  • Foto de Ponte do Porto
  • Foto de Ponte do Porto
  • Foto de Ponte do Porto
  • Foto de Ponte do Porto
Area Maior
  • Foto de Praia de Nemiña
  • Foto de Praia do Rostro
  • Foto de Praia do Rostro
  • Foto de Praia do Rostro
  • Foto de Praia do Rostro
  • Foto de Praia do Rostro
  • Foto de Ruta da Ínsua
Camiño Dos Faros - Btt
  • Foto de Ruta dos Muiños
  • Foto de Ruta dos Muiños
  • Foto de Santuario Virxe da Barca
  • Foto de Santuario Virxe da Barca
  • Foto de Santuario Virxe da Barca
  • Foto de Santuario Virxe da Barca
  • Foto de Torres de Cereixo
  • Foto de Torres de Cereixo
  • Foto de Tramo pechado
Camiño Dos Faros

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta