• Foto de Lugo-Picato-Lousada-Fervenza-Lugo
  • Foto de Lugo-Picato-Lousada-Fervenza-Lugo
  • Foto de Lugo-Picato-Lousada-Fervenza-Lugo
  • Foto de Lugo-Picato-Lousada-Fervenza-Lugo
  • Foto de Lugo-Picato-Lousada-Fervenza-Lugo

Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  5 horas 10 minutos

Coordenadas 2812

Fecha de subida 22 de septiembre de 2015

Fecha de realización septiembre 2015

-
-
784 m
348 m
0
16
32
63,1 km

Vista 1590 veces, descargada 63 veces

cerca de Lugo, Galicia (España)

Ruta proposta por Dioni que se fai longa inda que non ten grandes desniveis (salvo a subida ao Picato) nin dificultades técnicas. Moi rápida (para quen queira correr).
Podería calificarse de fácil porque non é nada complicada tecnicamente, pero a considero moderada tendo en conta a lonxitude e a acumulación do desnivel nun tercio do camiño.
Sáese de Lugo cara ao Veral e de aquí combinando camiños e pistas asfaltadas chégase ao Picato. Nestes 20 km están 800 dos 1000 m de desnivel acumulado que ten a ruta completa. Báixase cara a gasolineira e despois de cruzar a estrada séguese ata Lousada, logo cruzar as pontes do Miño e o Neira. A volta polo camiño da Fervenza.
Atención: na zona da Fervenza hai camiños con silvas e/ou toxos.

O mellor: a compañía, o día, a ruta mesma e as mazás maduriñas e que viñeron a solucionar en parte os problemas aos que levamos pouco de comer.
Feita por Dioni, Maestro, Juan, Marinedu, Miro, Lucho e Xerpa en setembro de 2015. Acompañaron un rato Butelo e Matoski.

Todas as fotos son de Miro (Maismarbtt)
Pista
Lugo

3 comentarios

  • Foto de jorgecancio

    jorgecancio 27-sep-2017

    Gran ruta! Necesitaba algo así pra volver a collerlle o gusto á bici por Lugo, que xa estaba aburrido de ir sempre polos mesmos sitios... Fixena hoxe, e salvo un par de sitios despois do Picato que tiven que buscarme alternativas porque estaba ben cerrado de monte, o resto moi ciclable. Contaba facelo máis rápido aínda, pero chegoume ben jeje

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 29-sep-2017

    Alégrome que che gustase, había que inventar un tranganillo pra ir desbrozando desde a bici :-)))

  • Foto de jorgecancio

    jorgecancio 29-sep-2017

    Eu cuando vou correndo teño levado un podón jaja, pero na bici...

Si quieres, puedes o esta ruta