• Foto de Meis Centro BTT UNION 5 RUTAS  40 Km by KIKE
  • Foto de Meis Centro BTT UNION 5 RUTAS  40 Km by KIKE
  • Foto de Meis Centro BTT UNION 5 RUTAS  40 Km by KIKE
  • Foto de Meis Centro BTT UNION 5 RUTAS  40 Km by KIKE
  • Foto de Meis Centro BTT UNION 5 RUTAS  40 Km by KIKE
  • Foto de Meis Centro BTT UNION 5 RUTAS  40 Km by KIKE

Dificultad técnica   Difícil

Coordenadas 1963

Fecha de subida 25 de enero de 2011

Fecha de realización enero 2011

-
-
486 m
25 m
0
10
20
40,24 km

Vista 5450 veces, descargada 245 veces

cerca de Armenteira, Galicia (España)

22-01-11 ¡Moi boa!
Este track é o resultado de unir 5 das 10 rutas propuestas por o CENTRO DE BTT DE MEIS. Incluye: RUTA 1(Monte da Escusa)+ RUTA 2 (Muiños de Armenteira) + RUTA 3 (Outeiros de Silván) + RUTA 8 (Ruta de Bordóns)+ RUTA 9 (Vistas de Arousa). O punto de inicio e final é o Campo de Golf, donde hay instalaciones gratuitas de parking para coches, lavado de bicicletas, vestuarios con ducha de agua quente...
RUTA 1
É a máis fácil de toda a rede, comeza xunto ao aparcadoiro e ao punto de acollida e rodea o Campo de Golf. Ao longo do seu percorrido de case 7 km pódese gozar de magníficas panorámicas, tanto das rías de Pontevedra e de Arousa como das serras do Morrazo e do Barbanza. Algúns dos tramos discorren entre bosques de piñeiros polo que é fácil encontrar cogomelos ou ver cabalos en estado semi-salvaxe pacendo entre as árbores. Un lugar digno de parada é a área recreativa O Castro, no termo municipal de Poio, onde a beleza da contorna increméntase polas vistas do mar. Nas proximidades da aldea da Escusa e do seu curro, no lugar de Tras do Foxo, a ruta comparte brevemente o trazado coa ruta 10.
RUTA 2
A ruta une os muíños de Barrantes (Ribadumia) co Mosteiro Cisterciense da Armenteira (Meis). O trazado coincide en moitos tramos coa afamada senda peonil da Ruta da Pedra e da Auga, polo que os ciclistas deberán moderar a súa velocidade e ser precavidos cos transeúntes. Desde os muíños de Barrantes ascéndese nuns primeiros tramos de escasa dificultade a carón do río Armenteira ata pasar polos reconstruídos muíños do Serén e polo senlleiro conxunto escultórico da “Aldea Labrega” en Meis. O percorrido gaña altitude e dificultade no último tramo, separándose do complicado curso do río e achegándose á aldea de Silván. Logo, nun curto trazado por asfalto, a ruta retorna xunto ao río para chegar paseniño ata o Mosteiro.
Neste itinerario gozará de frondosas paisaxes fluviais e da rica arquitectura popular ao longo deste pequeno río. No final do trazado non hai que deixar de visitar o Mosteiro da Armenteira. A ruta serve de fío condutor para tirar o máximo partido desta rede xa que en Barrantes conecta coas rutas 6 e 9 e na Armenteira coas 3 e 5.
RUTA 3
Arranca xunto ao río e o Mosteiro da Armenteira. A pesar da súa curta lonxitude, mostra un trazado levemente complicado no inicio e na fin. Así zigzaguea paseniño entre as casas de Vilar, moitas de pedra e factura tradicional, ata internarse dentro do algo sinuoso bosque da Cova do Raposo. Pero ese pequeno esforzo paga a pena cando o ciclista chega aos Outeiros de Silván e, entre as árbores, ábrese un limpo horizonte de verdes vales e paisaxes agrarias e vitivinícolas, salpicadas de pequenas lombas con pechados bosques perennes. A maior parte do percorrido deste itinerario, tanto en dirección norte como no retorno cara ao sur, coincide coa ruta 10, permitindo o engarzamento con gran parte dos outros itinerarios.
RUTA 8
Desde o municipio turístico de Sanxenxo, o ciclista pode incorporarse a esta rede de rutas partindo desde San Pedro de Bordóns. Na ascensión, entre frondosos bosques, o traxecto achégase á Chan de Gorita con vistas da ría de Pontevedra. A ruta entra no concello de Meaño e chega ata a Chan do Couto onde cruza a estrada que vai á Armenteira, un bo lugar para tirar fotografías. O camiño alcanza O Busto e ascende entre piñeiros para achegarse ao petróglifo do Outeiro do Cribo, un importante exemplo prehistórico de insculturas en pedra dos que abundan en Galicia. O petróglifo presenta cérvidos e un labirinto datados sobre o 1.500 ou 1.000 A.C.; así como un cabalo con xinete atribuído ao S. VI A.C. A escasa distancia o
itinerario conecta coa ruta 5 no Outeiro de Valdedeus e prosegue o rumbo ata a húmida Tomada da Sobreira, onde descende rapidamente ao Mosteiro da Armenteira.
RUTA 9
Desde a Igrexa de Sta. María de Simes a ruta ascende pola beira dereita do río da Chanca e conecta coa ruta 5 que vén da Armenteira. O bosque non deixa apreciar as vistas que máis adiante gozaremos, pero sorprende verse separado das edificacións nun contorno tan poboado. Primeiro en dirección oeste e logo cara ao norte, a ruta progresa ata chegar ao escondido Castro de Vara onde contacta coa autovía e pasa a discorrer paralela a ela. No descenso atoparemos un agradable descanso a carón dos muíños restaurados do rego de Fofán, antes de iniciar o ascenso ao pequeno pero impresionante miradoiro de San Cibrán. Desde o cumio as vistas son dignas do esforzo: A Lanzada, O Grove, Cambados, as illas de Arousa e A Toxa...
Máis adiante, nun descenso duns tres quilómetros que conxuga baixadas suaves e pendentes sinuosas, a ruta remata xunto
ao percorrido 2, polo que é fácil achegarse ata o inicio da senda peonil da Pedra e da Auga.

La hice con Edu Cardama y Javi Ferrín. Hizo un día fabuloso, pero nos cogió la noche.
Llegamos al coche a las 20:15 H y desde las 18:45 H no se veía nada de nada.


AVENTURAS EN GALICIA - “VIAJES TAMBRE”
C/ Gelmírez, 21
15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
Tf. 981 561 785 Fax. 981 590 014
Tf 24 H AVENTURA [KIKE]: 639 390 754
[email protected]
www.aventurasengalicia.com

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta