Sé el primero en aplaudir
Vista 97 veces, descargada 2 veces
cerca de Tomeza, Galicia (España)
Esta ruta circular de 7,52 km ten o seu principio e final na área do Outeiro Navío. O seu trazado a través dunha pista forestal pertinentemente sinalizada, consta de dous tramos ben diferenciados. O primeiro, máis longo, suave e de pendente descendente agás unhas pequenas costas, e un segundo tramo máis curto pero tamén moito máis esixente con pendente continua en sentido ascendente de regreso ao punto de partida. Imprescindible facer senllas paradas nos miradoiros da Rega Pereira e do Coto das Forcadas para contemplar as súas espectaculares vistas panorámicas.
Debido á coincidencia coas sendas peonís, prégase precaución para evitar accidentes.
Comentarios