• Foto de Pontecaldelas oeste
  • Foto de Pontecaldelas oeste
  • Foto de Pontecaldelas oeste
  • Foto de Pontecaldelas oeste
  • Foto de Pontecaldelas oeste
  • Foto de Pontecaldelas oeste

Dificultad técnica   Difícil

Coordenadas 1154

Fecha de subida 4 de noviembre de 2011

Fecha de realización noviembre 2011

-
-
411 m
40 m
0
9,5
19
37,96 km

Vista 1373 veces, descargada 14 veces

cerca de Marcón, Galicia (España)

Exitosa ruta pola zona occidental do concello de Pontecaldelas.

Sumimos por Mourente, por pistas veciñais, ata chegar a igrexa. A continuación seguimos gañando altura hacia a Cardosa, onde se van abrindo vistas panorámicas da cidade de Pontevedra.

Cruzamos a estrada e seguimos de frente, atopamos un camiño de subida que bordea pegada á canteira. Seguindo os postes do gaseoducto ascendemos a trialera de Laxinde, xusto enriba do circuito de Motocross. Seguindo as señais do gaseoducto imos directamente hasta o polígono industrial. Alí ascendemos ata un pequeno monte que alberga un depósito enorme e unha antena, as vistas son interesantes.
Atravesamos o polígono e collemos un desvio. No cruceiro de Portela Madeira collemos o camiño da dereita e imos baixando por preciosos camiños empedrados e cheos de auga ata o Muiño do Crego. Así chegamos a Xustáns. Despois de visitar a curiosa igrexa parroquial descendemos ata a Chan do Casal para buscar outro tradicional camiño que baixa ata a estrada de San Vicente.
Da capela de San Vicenzo parte un camiño empedrado ascendente, que chega a un semdeiro que acompaña o río, nunha paraxe chea de carballos, muiños e auga. Unha pequena maravilla semiescondida. Nunha pequena ponte cruzamos o río e seguimos unha pista que sube a Tourón.

Continuamos por o parque arqueolóxico, e atravesamos ata Mirón, despois Vilarchán e a coñecida baixada á Peralba.
Despois aproveitamos a pista de baixada que nos leva ata o campo de Futbol de Bora. Dende aquí ata pontevedra por pistas veciñais.

En definitiva, ruta con tramos moi interesantes, algún deles serían mais cómodos de facer á inversa, para evitar poñer pe a terra.

Ver más external

2 comentarios

  • Asteroide15000 05-nov-2011

    Hola,

    ¿Cómo está de pechado o camiño que vai pegado ó río antes de chegar a Tourón? A única vez que fun cheguei feito un cromo por culpa das silveiras e dos toxos. Tamén hai que dicir que era verano e non é o mesmo picarse de corto que de largo :)

  • Foto de maillotamarillo

    maillotamarillo 06-nov-2011

    Pásase sen problemas¡¡¡

    Mesmo ó saír da capela de San vicente está un pouco tapado e o camiño ascendente de pedras dificulta un pouco a marcha, pero unha vez que empatamos coa pista un pouco máis arriba mellora é chegas a Tourón perfecto.

Si quieres, puedes o esta ruta