• Foto de Simes-Lores
  • Foto de Simes-Lores
  • Foto de Simes-Lores
  • Foto de Simes-Lores
  • Foto de Simes-Lores
  • Foto de Simes-Lores

Dificultad técnica   Difícil

Coordenadas 10280

Fecha de subida 27 de octubre de 2012

Fecha de realización octubre 2012

-
-
506 m
58 m
0
12
24
47,67 km

Vista 1043 veces, descargada 9 veces

cerca de Pontevedra, Galicia (España)

Xa lle tocaba ó grupo recorrer de novo as terras do Salnés, sempre un pouco ignoradas por culpa da cadea montañosa que as separa da capital. Resulta que ó Castrove pásalle coma a esas persoas excesivamente grosas, non se sabe se é mellor rodealas ou saltarlles porriba.

Pois ben, por aforrar quilómetros, que non forzas, hoxe brincamos polo alto da serra para achegarnos mesmo ó concello de Meaño, que prácidamente esbara imperceptible cara o mar de Arousa. Lugares chairos e despexados, verdes de cepas albariñas, casas de boa labor e unhas rutiñas de sendeirismo como non podería ser doutro xeito.

O camiño ata o Busto e Valboa xa eran coñecidos, o ritmo elevado deixou o frio matinal convertido nun vago recordo; para descender a Simes atopamos unha ancha pista forestal mentras albiscamos á nosa esquerda o que sería o sendeiro de subida.

Na parroquial de Simes contemplamos unha amplia praza enlousada e algúns detalles que lle dan vida ó conxunto, unha fonte, petos de ánimas, altares e tumbas labradas en pedra e unha igrexa desigual pero fermosa.Horrenda escea a dun artístico cruceiro rodeado, mesmo afogado por cables de teléfono. Parécenos unha tropelía.Non os prestou gran cousa a ruta dos muiños, para o noso gusto demasiado urbanizada, a mán do restaurador pecou de excesiva, pasamáns de madeira un pouco ó chou, coma se houbese excedente para colocar, farolas e demáis adminículos que non terían cabida na primeira mitade do século pasado, por poñer unha data onde os muiños funcionarían a pleno rendimento. Ignoramos as absurdas sinais de prohibido bicis.Así chegamos a Lores visitando tamén a súa modesta igrexa, chama a atención de todas formas un curioso hórreo. Sei que nos quedou atras unha capela no alto dun monte, o santuario de San Bieito, queda para outro día que atacaremos polo sur dende a Chan de Gorita, a medio camiño de Sanxenxo.Decidimos subir polo rego da Chanca, esta parte de sendeiro está moito máis gustosa, unha fina capa de xabre e a compaña de sombras de boas árbores amenízan unha dura subida ata os pagos de Valboa.Coas forzas xa xustas coronamos de novo a montaña para descender ás terras de Poio e Campaño e dar por conclusa a aventura de hoxe.

Ver más external

Distance16.17 km
Speed15.0 km/h
Pace3:59 min/km
Altitude506 m
Bearing341.3
Distance45.42 km
Speed18.3 km/h
Pace3:17 min/km
Altitude57 m
Bearing122.0
Distance43.55 km
Speed58.9 km/h
Pace1:01 min/km
Altitude103 m
Bearing116.1

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta