Dificultad técnica   Moderado

Tiempo en movimiento  5 horas 57 minutos

Tiempo  9 horas 7 minutos

Coordenadas 3601

Fecha de subida 18 de noviembre de 2017

Fecha de realización noviembre 2017

-
-
2.133 m
1.326 m
0
5,2
10
20,74 km

Vista 18 veces, descargada 2 veces

cerca de La Baña, Castilla y León (España)

Para chegar ó lugar de partida, que é unha canteira en actividade, debemos coller unha pista de terra que hai subindo á man dereira xunto ó hotel fonte da cova durante uns 4 quilómetros (a pista está en bo estado) e deixalo coche na esplanada que se ve de inicio da ruta (queda no medio da escombreira pola que pasan os camións.

A primeira parte da ruta até o alto da cabrita é en subida pola canteira, co cal non é moi bonita (se miramos para a esquerda podemos ver as minas de Valborraz (minas de wolframio explotadas polos nazis). Chegado ó alto da cabrita collemos unha pista á esquerda que nos leva até a cota 2002 e lagoa do penedo, para logo avanzar polo val go Geijo (por aquí non hai un caminho ben definido, polo que fomos "a trvés" de matorrais) até o punto no que comeza a gran subida (ollo, moi dura polo desnivel de case o 40% e as pedras soltas) que nos leva case á cima de Pena Nega. Dende aquí temos unha gran panorámica para un lado do val do Geijo e para o outro do do río Castanho. DEnde aquí dirixímonos cara Pena Trevinca (que con 2127m é a cima de Galiza) por un caminho fácil. Voltamos até onde subimos co 40% para dirixirnos até Pena Negra (2121m). Ollo, para pasar por aquí facelo con extremo coidado pois hai risco de caída (se está mollado non o recomendo a menos que se leve o equipamento axeitado). Logo de cruzar Pena Negra, descendemos un pouco para volver subir cara Pena Surbia (2116m) por unha forte pendente. Baixamos de novo até cota 2002 e logo xunto á lagoa dp penedo (seca nesta época do ano) fumos baixando co moita dificultade polo Teixadal de Casaio (sobre todo a baixada até a lagoa e a primeira parte do teixadal son duras pois hai que ir explorando o caminho, mais sen dúbida paga moito a pena porque é espectacular.
Unha vez cruzado o teixadal, comezamos una caminho de suave subida que nos levaría seguindo un track até a cima da cabrita de novo, pero polo caminho encontramos un grupo de xente entre o que estaba o alpinista galego Julián Rodríguez León (moitas grazas pola recomendación e por mostrarnos donde había unha bocamina que pasaramos e non nos fixaramos) e nos dixeron que era mellor dar volta medio quilómetro e subir pola ladeira da montanha. Esta subida queda á man dereita ó pouco de cruzar orego dos Valellos, está marcada cun milladoiro e podémola seguir a través de uns paus que se van vendo entre os matorrais. Esta subida fíxosenos durísima entre a pendente (un 25% aprox)e os matorrais. Xa na cima chegamos á cabrita de novo volta ó coohe pola pista da canteira.

Nota: pódese evitar a subida do 40% se subimos por unha ruta que vai un pouco máis aá esquerda desta ascensión e que vai subindo en zigzag co que é máis levadeira.

Calquera dúbida preguntade en comentarios.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta