-
-
963 m
411 m
0
9,3
19
37,28 km

Vista 482 veces, descargada 1 veces

cerca de Fonsagrada, Galicia (España)

A FONSAGRADA E AS TERRAS DE BURÓN
7 de agosto | 11.30 h

PUNTO DE ENCONTRO
Na Praza do Concello, s/n, 27100 A Fonsagrada, Lugo. Como chegar: desde Lugo, pola provincial LU-530 á Fonsagrada. Apárcase entre o Concello e o Museo Comarcal da Fonsagrada. Desde alí, os desprazamentos farémolos nun autobús da organización.


Á DESCUBERTA DO PATRIMONIO
O concello da Fonsagrada, xunto co de Negueira de Muñiz, formou parte ata 1835 do Concello de Burón, cuxa capitalidade ostentaba a vila da Pobra de Burón, fundada arredor do ano 1200 e pertencente ao arciprestado de Burón, dentro da diocese de Oviedo. Monumenta viaxará ata esoutra “raia” entre Asturias e Galicia, onde, ademais da importancia do antigo concello da Pobra do Burón (extinto no ano 1835) e da súa famosa torre de Altamira ou do castelo de Burón, tamén falaremos das fundacións hospitalarias para peregrinos, xa citadas no século XIII, que se levantaban no lugar, tránsito dos camiñantes que ían, desde Oviedo, a Santiago de Compostela polo Camiño Primitivo.

MONUMENTA DIVULGA
Visitaremos varios exemplos de arquitectura da zona, como a igrexa de Santa María, construción barroca con tres naves e unha ábsida, a torre de Altamira ou o castelo de Burón, construción dos condes de Altamira que foi derrubada polos Irmandiños, capitaneados por Pedro Osorio, durante a Revolta do século XV e que foi reconstruída despois pola familia dos Moscoso. Tamén coñeceremos a igrexa de Santa María de Allonca, unha fermosa arquitectura rural nunha fraga de amieiros, castiñeiros e carballos, e as corripas, unhas pequenas construcións de pedra circulares ou cadradas utilizadas para a conservación e o manexo da castaña, produto que foi básico na economía e na alimentación desta zona.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
Antonio de Vega, arquitecto e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Juanjo Molina, director do Museo Etnográfico da Fonsagrada e investigador. Xoán-Xil López, artista e paisaxista sonoro.


A ANDAINA
- Hora de saída: 11.30 h
- Hora de regreso estimada: 18.00 h
- Distancia: 5 km entre as dúas rutas: a primeira parte en Burón (1 km) e a segunda parte en Allonca (4 km).
- Dificultade: baixa
- Itinerario: desde A Fonsagrada sairemos en autobús cara á Pobra
de Burón. Despois desta primeira parada, marcharemos pola LU-701, desviándonos en dirección a Allonca. Nesta segunda etapa visitaremos os seus bosques e a igrexa de Santa María. Continuaremos o camiño a pé a través dun bosque de castiñeiros, salpicado de corripas (construcións de pedra para gardar as castañas), ata chegarmos
ao agochado muíño da Allonquiña.
- Observacións: a ruta a pé percorre carreiros de monte que presentan irregularidades no terreo e vexetación alta pero que non ofrecen dificultades de paso.
- Necesidades especificas: calzado forte, chapeu, impermeable (por se chove), así como auga e comida para xantar e repoñer forzas no traxecto. Durante a andaina, faremos unha parada no bosque para xantar.

INSCRICIÓN
-Prezo: o autobús que nos leva ata a Pobra de Burón e a Allonca ten un custo de 3 euros por persoa. 50 prazas.
- Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
- Inscrición previa: inscrición, do 12 de xullo ata o venres 5 de agosto, na web de Monumenta: https://galiciamonumenta.wordpress.com.
- Admisión por orde de inscrición.

MÁIS INFORMACIÓN

- [email protected]
- [email protected]
- Teléfono 619 637 211

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta