Tiempo  6 horas 4 minutos

Coordenadas 1799

Fecha de subida 2 de marzo de 2017

Fecha de realización febrero 2017

-
-
450 m
168 m
0
4,4
8,8
17,51 km

Vista 1234 veces, descargada 39 veces

cerca de Merza, Galicia (España)

O río Deza ten o seu nacedoiro na Serra do Testeiro, no lugar das Santas, a 800 metros de altitude, e logo de recibir aos seus tributarios o Zobra, o Grovas, o Candán e o Asneiro, o seu caudal toma forza erosionando o encaixado val que fai de estrema entre os concellos de Vila de Cruces e Silleda. Por aquí transcorre o noso roteiro.

Sendo circular o recorrido, un bo sitio para calzármonos as botas pode ser a área de lecer d´A Carixa, na desembocadura do río de Orza no Deza e que conta con mesas, servicio de hostalería no verán e unha praia fluvial.

Facendo a marcha no sentido das agullas do reloxo -para deste xeito atopármonos coa fervenza do Toxa de fronte- o primeiro punto de interese será a construción señorial do Pazo da Torre e máis adiante a capela de San Paio, de pranta rectangular e cuberta de tella a dúas augas. Baixamos deseguido por medio dunha fraga ata acadar a ponte metálica que salva o río Deza e por un carreiro ascendente poñémonos aos pés da Fervenza do Toxa.

A freixa do Toxa ten unha caída libre duns 50 metros, nunha paraxe de carballeiras e formando parte do sistema fluvial Ulla - Deza que está protexido coma Espazo Natural dentro da Rede Europea Natura 2000. A media aba tendremos ocasión de ver desde un miradoiro esta cascada desde outra perspectiva e asemade o val do Deza ao fondo.

Dicir que desde que atravesamos a ponte de ferro, deixamos Vila de Cruces e agora estamos en Silleda, sendo o primeiro lugar polo que pasamos Quintás, onde enxergamos un casal e vemos un sobreiral. Entre verdes pradaríos sitúase Pazos, coa súa igrexa de San Martiño -freguesía a que pertence a senlleira fervenza- e saíndo do casarío cruzámonos de novo co curso do río Toxa. En Martixe, ao carón da igrexa parroquial de San Cristovo, resisten os restos do que foi un fermoso pombar levantado en cachotería.

A andaina lévanos a procura do mosteiro benedictino de San Lourenzo de Carboeiro, fundado a principios do século X, que se levantou sobre os restos dunha antiga ermita e sobre un terreo con forte desnivel que obrigou a construción dunha cripta de grandes pilares que permitiron salvar a diferencia de alturas. Este cenobio foi testemuña das invasións normandas e árabes, gozando do seu maior esplendor entre os séculos XI - XIII, época da que data a súa igrexa, considerada un dos mellores exponentes do románico oxival de Galicia. A conversión, no século XV, de abadía en priorado e a posterior Desamortización de Mendizábal, remataron cos anos de vida monacal e esplendor desta alfaia románica. Tras anos de abandono e un longo proceso de reformas, o mosteiro volve ser o símbolo da comarca do Deza.

Arrodeando o mosteiro e as súas construcións adxacentes, devagamos pola senda botánica e polas orelas do Deza, que cruzaremos pola Ponte do Demo que nos devolve ao concello de Vila de Cruces. Esta ponte do século X, por ser un punto de obrigado paso, foi aproveitada para cometer roubos e incluso asasinatos e ten a súa lenda relacionada coa construción do cenobio:

"O mosteiro de Carboeiro, en tempos, un dos máis ricos de todo o `país, pasou por grandes dificultades na súa orixe. Non era doado atopar homes que soubesen traballar a pedra, o diñeiro era escaso e os monxes pasaban grandes dificultades.

Fartos de aturar estas penalidades decidiron facer un trato co demo, do que se encargou o irmá Ramón un venres.

O demo, como bo constructor, erguería un mosteiro de sólida pedra entre o venres e o domingo pola maña, en troques levaría consigo todas as almas que falecesen ese domingo.

O demo aceptou con reticencias, pois era coñecedor de que os monxes posuían o salterio -instrumento medieval de corda- de San Cibrán, o cal o escorrentaba e o atormentaba se se presentaba. Pero a sinceridade do irmá Ramón convenceuno. O demo construíu o fermoso cenobio e púxose a esperar a súa recompensa. Lonxe de cumprir o trato, o abade maior botou man do salterio, producindo tal enfado no demo por sentirse engañado que tentou derrubar o mosteiro, pero entre o medo ao salterio e a boa obra que fixera foille imposible. Cando séculos máis tarde o salterio foi levado a Toledo o demo soprou unha pavorosa tempestade sobre o mosteiro que o converteu nas ruínas que vemos hoxe en día, cumprindo a súa venganza."

Logo de Paradela, lugar da freguesía de Merza, rematamos n´A Carixa, onde comezamos.

Ver más external

Área de lecer con praia fluvial, na estrema dos concellos de Silleda e Vila de Cruces.
Vieiro en Carboeiro.
Camiño laxeado que leva do mosteiro do Carboeiro cara a Ponte do Demo.
Canle de auga para a central hidroeléctrica de Merza.
Ermida de construcción rectangular.
Bosque de carballos en Quintás.
Punto de inicio do noso roteiro, na área de lecer d´A Carixa.
Congostra en Martixe de Abaixo.
Cruceiro preto do Pazo da Torre.
Cruz de pedra nun camiño de Pazos.
Cadoiro duns 50 metros no cauce do río Toxa.
Bosque mixto nas beiras do río Deza.
Templo parroquial de Martixe.
Templo parroquial de Pazos.
Aldea no concello de Silleda.
Miradoiro sobre a fervenza do Toxa e o río Deza.
Cenobio benedictino no lugar de Carboeiro, Silleda.
Aldea no concello de Vila de Cruces.
Ponte de ferro sobre o río Deza.
Pazo señorial na zona de A Carixa.
Parroquia de Silleda.
Bosque de piñeiros en Carboeiro.
Acubillo para as pombas, en Martixe.
Acubillo para as pombas.
Acubillo de pombas no mosteiro de Carboeiro.
Ponte do século X sobre o río Deza.
Prados en Carboeiro.
Aldea de Silleda, moi preto da fervenza do Toxa.
Afluente do río Ulla.
Afluente do río Deza.
Afluente do río Deza.
Afluente do río Deza.
Afluente do río Ulla.
Senda botánica arredor do mosteiro de Carboeiro.
Bosque de sobreiras na aldea de Quintás.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta