Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  3 horas 22 minutos

Coordenadas 2433

Fecha de subida 18 de septiembre de 2016

Fecha de realización septiembre 2016

-
-
60 m
-24 m
0
2,8
5,6
11,27 km

Vista 845 veces, descargada 23 veces

cerca de Vilariño, Galicia (España)

Ruta que percorre a ribeira teense do Ulla atravesando as parroquias de Santa Maria de Teo e San Cristovo de Reis. A senda comeza no campo da festa de Santa María de Teo e continúa ó caron do río Pereiro pouco antes da súa desembocadura no Ulla. Nesta zona final do río consérvanse un bo número de muíños, hoxe en ruínas. O sendeiro atravesa espazos naturais protexidos como a Devesa de Agromaior ata chegar ó lugar de Mallos. Nas paraxes da Estivada de Abaixo e no Pouso no interior da Devesa podemos visitar dúas estacións de gravados prehistóricos da Idade do Bronce. Seguindo a ribeira do Ulla chegamos á Burga de Xermeade, o coñecido manancial de augas sulfurosas que agroma á beira do Ulla, e que conta cunha fonte de pedra e unha antiga bañeira para “tomar as augas” situada diante dos restos da antiga casa de baños. Só 600 metros separan á Burga da Ponte Medieval de Pontevea, unha histórica ponte que une as ribeiras da Provincia da Coruña e Pontevedra. O último treito desta senda fluvial percorre a parroquia de Couso na Estrada. No lugar de Maíndo pasamos á rentes da blasonada “Torre de Couso”, tamén chamada “Casa Grande de Maíndo”. Unha torre defensiva do século XIII reconvertida en Pazo que pertenceu entre outras familias os Condes de Ximonde, que a empregaban para xestionar as antigas pesqueiras situadas neste treito do río no que hoxe se localiza o coto salmoneiro de Couso e a ponte Colgante da Mariola que permite cruzar o río e acceder á area de lecer do Xirimbao onde recuperaremos folgos ó rematar o noso camiño.
Fotos de Daniel Caride
  • Foto de Burga de Xermeade
Fonte de aguas sulfurosas
Magnífico exemplar de carballo centenario na Carballeira de Agromaior
Vista do río Ulla
  • Foto de Ponte colgante da Mariola
  • Foto de Ponte colgante da Mariola
Pasarela peonil
  • Foto de Ponte Medieval de Pontevea
Ponte Medieval de seis arcos do século XIV

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta