xalok79
  • Foto de A Seara-Fervenza dos Vieiros (O Courel)
  • Foto de A Seara-Fervenza dos Vieiros (O Courel)
  • Foto de A Seara-Fervenza dos Vieiros (O Courel)
  • Foto de A Seara-Fervenza dos Vieiros (O Courel)
  • Foto de A Seara-Fervenza dos Vieiros (O Courel)

Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  2 horas 15 minutos

Coordenadas 847

Fecha de subida 30 de marzo de 2013

Fecha de realización marzo 2013

-
-
1.054 m
898 m
0
2,1
4,1
8,22 km

Vista 2328 veces, descargada 50 veces

cerca de Vieiros, Galicia (España)

Nas inmediacións da aldea quiroguesa de Vieiros, o río Selmo discorre por unha das paraxes máis impresionantes da serra do Caurel. Nun treito de menos dun quilómetro, o álveo salva un desnivel de máis de 150 metros a través dunha sucesión de fervenzas e rápidos. A máis espectacular é a coñecida como fervenza de Vieiros, con máis de 20 metros de altura, pero nas súas proximidades hai outras máis modestas que tamén merecen unha visita.

O sendeiro está perfectamente sinalizado, parte á dereita da mencionada estrada e descende en dirección ao río Selmo. A orientación cara á fervenza sempre é moi clara xa que a podemos ver dende o punto de partida. Unha vez no sendeiro e despois de camiñar 40 metros, chegamos á primeira encrucillada onde hai que tomar á dereita, xa en dirección ao salto de auga. O camiño discorre ao principio entre xestas e despois intérnase nun souto.

Nada máis pasar unha construción en ruínas, utilizada no seu día como sequeiro para as castañas, pódese baixar directamente ao pé da fervenza ou desviarse á dereita por unha canle de rego abandonada que nos levará á parte superior do salto de auga. Camiñando con moita precaución por esta canle durante uns metros, chegamos a un impresionante balcón natural dende o que se pode admirar a altura da caída de auga.
Unha vez superada a cabeceira, podemos seguir 30 metros río arriba ata chegarmos a unha pasarela de madeira que permite cruzar o río Selmo e continuar en sentido descendente pola condución artificial de auga que parte da presa situada uns metros máis arriba.

O camiño discorre agora por outra canle abandonada, espectacularmente tallada na parede rochosa da marxe dereita do río. É digno de admirar o paciente traballo levado a cabo para conducir a auga aos prados da parte inferior da fervenza e que hoxe nos permite a contemplación, dende outra perspectiva, deste espectáculo da natureza.
Cando levamos camiñados uns 60 m pola canle, atopamos unha nova bifurcación. O sendeiro da esquerda baixa novamente cara ao río Selmo e unha ponte de madeira serve para atravesalo e acceder á mesma base da fervenza, unha vez atravesado un tupido bosque de rebolos e abeleiras. Dende este punto podemos regresar novamente á estrada onde empezamos por un sendeiro de forte pendente que parte á esquerda.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta