Coordenadas 1338

Fecha de subida 30 de octubre de 2019

Fecha de realización octubre 2019

-
-
351 m
180 m
0
3,6
7,2
14,46 km

Vista 118 veces, descargada 12 veces

cerca de Santiago de Compostela, Galicia (España)

Con esta andaina imos descubrir que Santiago conta con extraordinarios espazos naturais as mesmas portas do seu núcleo histórico, desde o corredor arborado do río Sarela ata os parques forestais da Granxa do Xesto e a Selva Negra e amais pasaremos por unha morea de construcións de valor etnográfico coma poden ser lavadoiros, muíños hidráulicos, fontes e antigas fábricas de curtidos.

A información que segue foi sacada da cartelería existente ao longo do percorrido:

-Río Sarela

O río Sarela, que acompaña a cidade pola beira oeste, conserva valores ambientais e patrimoniais que cómpre coñecer e valorar. Do seu curso tiráronse multitude de beneficios e aproveitamentos dos que quedan diversas pegadas: lavadoiros, muíños, curtidoiros e, sobre todo, pontes. Desde cada unha delas podemos achegarnos a calquera dos tramos de sendeiro que o acompaña ata o seu remate no Sar.

Foi, así mesmo, un río que sufriu moitas intervencións: construción de presas e canles para levar a auga aos muíños, ocupación das súas beiras con muros, estradas e outras estructuras, deforestación, verquidos urbanos, … Desde hai anos iniciouse un proceso de recuperación, que incide na mellora da calidade da súa auga e na accesibilidade polas súas marxes, así como na conservación da vexetación ribeireña e dos elementos patrimoniais. Trátase, xa que logo, de protexer os valores propios do río e divulgalos, de facilitar o achegamento ao río para que se goce del e para que se recoñeza como fonte de vida e de recursos.

A pesar do seu curto perrcorrido, a forza do Sarela movía os rodicios de ata trinta muíños fariñeiros. A maioría deles eran de millo, pero tamén os había de trigo e centeo, para abastecer coa súa actividade aos panadeiros e labregos de toda a comarca. A gran dimensión dalgúns deles, como é o caso do da Agra, indica o seu uso industrial como muíños de maquía.


-Fábricas de curtidos

Aínda que hoxe está a desaparecer como actividade, estas marxes (do río Sarela) acollen abondosas mostras do antigo esplendor dunha industria, se cabe a máis importante na Compostela do século XIX. Son varias as causas que xustifican a proliferación das fábricas de curtido de peles na beira do Sarela. A máis importante e que se precisaba de abundante auga corrente en moitas das etapas de fabricación, así como dunha rede viaria próxima que facilitara tanto a chegada de materia prima -que en grande medida proviña de América- como a distribución dos coiros transformados.

A preparación previa das peles supuña a súa inmersión en auga con cal apagada, nos chamados pelamios, para abrir os poros e facilitar a súa limpeza. Seguidamente procedíase ao pelado e escarnado do coiro. Para isto usábanse uns coitelos especiais cos que se eliminaba o pelo, restos de carne e outros residuos.

A fábrica de Pontepedriña de Arriba (1789 – 1961) construída por Ignacio Calvo e Manuel Abendaño foi unha das máis destacadas pola súa dimensión e importancia no sector. Nunha primeira ampliación da actividade, os propietarios pasaron a importar os coiros directamente de Río da Plata.


-A Granxa do Xesto

A Granxa de Xesto, parque metropolitano da cidade de Santiago, cobre unha importante oferta turística baseada no aproveitamento e na consevación dos recursos naturais. Atópase enclavado na ladeira oeste do Monte Pedroso e ocupa unha extensión aproximada de 83.000 metros cadrados. O parque conta con amplos prados, lagos e arboredo de diversas especies que se poden percorrer paseando, en bicicleta ou correndo a través dunha ampla rede de camiños de máis de 2.000 metros de lonxitude.

O nome de Granxa do Xesto, espazo veciño a Selva Negra, vén dos séculos XVII e XVIII, cando este terreo -adicado ao labradío- pertenceu a diversas xeracións da familia Gesto. A finais do século XVIII a Real Sociedade Económica de Amigos del País de Santiago arrendouna para convertela nunha granxa experimental. Pasado o tempo a Granxa adicouse á explotación forestal até que no ano 2003 foi recuperada para o desfrute público.


-A Selva Negra

Este vizoso bosque existía xa no século XVII, cando diversas institucións e individuos compartían a propiedade das fincas do lugar e da contorna. Tratábase de labradíos e monte cun arboredo importante que era municipal. A finais do século XVIII a Selva Negra era lugar de lendas, sosegados paseos no verán e merendas e festas da mocidade.

O seu insólito nome ten unha orixe descoñecida que podemos atribuírlle á súa vexetación exuberante, ás románticas ruínas -dunha capela ou vivenda moi antiga- ou ao arredado da súa localización. Rodeada dos labradíos da aldea de Bar, dos agros do Espiño e da Granxa do Xesto, na Selva Negra a natureza amosaba o seu lado máis agreste.

Tras varios anos de abandono, foi adquirida polo Consorcio de Santiago no ano 2007. O Concello de Santiago acometeu entón un programa de eliminación de especies exóticas e rexeneración dos seus valores naturais. Hoxe a Selva Negra forma xunto coa Granxa do Xesto un extenso espazo verde de máis de 330.000 metros cadrados cunha elevada biodiversidade, diferentes tipos de hábitats (bosques, prados, pequenas zonas de matogueira, cursos de auga) e un singular contido patrimonial.

A Selva Negra ocupa unha valgada na que se recollen as augas que caen entre as abas do Monte Pedroso e o Monte de San Paio. Estas augas van na maioría polo subsolo, saíndo a superficie na parte sur da finca, onde comeza un regato que morre no río Sarela. Na parte central descubriremos uns grandes furados que corresponden a minas construídas para acondicionar e extraer auga do subsolo. Esta auga empregábase para o rego.

A fonte monumental da Selva Negra: os testemuños antigos eloxian sen cesar as augas desta paraxe, capaces como poucas de refrescar nos días de verán. O que hoxe vemos é un fermoso traballo de cantaría, cun coidado deseño dos fluxos da auga e unha sigular bancada que invita a descansar ao seu carón. No alto poden intuírse os restos dun escudo e no corpo central albíscanse as trazas de varias inscricións históricas que podrían datar a fonte nos séculos XVII-XVIII. Corría o século XVII cando o concello decidiu adornar e mellorar a contorna da Fonte de Xián, logo chamada do Cardeal. Por esa razón mandoulle á veciñanza de Marrozos, de Aríns e do Eixo traer os carballos que están na orixe deste bosque.

Ver más external

Picnic

Area lecer

Área recreativa as beiras do río Sarela.
árbol

Bosque

Fraga preto do lugar de Montes.
foto

Camiño 1

Camiño preto do lugar de A Burata.
foto

Camiño 2

Camiño preto do lugar de Montes.
foto

Camiño 3

Camiño pola carballeira do lugar de Bar.
foto

Camiño Fisterra

Camiño Xacobeo a Fisterra ao seu paso por Sarela de Abaixo.
árbol

Carballeira

Bosque de carballos no lugar de Montes.
Ruinas

Casa muiño

Muíño con vivenda no río Sarela.
Waypoint

Comezo Sarela

Punto de inicio ao carón do campo de fútbol municipal Santa Isabel.
foto

Cruceiro

Cruceiro na Granxa do Xesto.
Edificio de interés

Fabrica curtidos

Fábrica de curtidos de coiro en Ponte Pedriña.
fuente

Fonte

Fonte no lugar de Bar de Arriba.
fuente

Fonte do Cardeal

Fonte monumental na Selva Negra.
fuente

Fonte lavadoiro

Fonte con lavadoiro nas beiras do río Sarela.
Picnic

Granxa do Xesto

Parque forestal nas abas do Monte Pedroso.
Arquitectura religiosa

Igrexa do Carme

Igrexa as beiras do río Sarela.
foto

Muiño

Muíño hidráulico as beiras do río Sar.
foto

Muiño Casal da Horta

Muíño restaurado para eventos hosteleiros na marxe do río Sarela.
Ruinas

Muiño de Rosa

Muíño hidráulico no río Sarela.
Ruinas

Muiño Dominicos

Muíño hidráulico no río Sarela.
Ruinas

Muiño Ponte Pedriña

Muíño hidráulico en Ponte Pedriña.
foto

Muiño Ponte Sarela

Muíño as beiras do río Sarela.
Puente

Pasarela 1

Pasarela de madeira sobre o río Sarela.
foto

Pasarela 2

Pasarela de madeira nas marxes do río Sarela.
Puente

Pasarela 3

Pasarela de madeira no paseo do río Sarela.
Puente

Ponte Carme de Abaixo

Ponte sobre o río Sarela.
Puente

Ponte de Asen

Ponte sobre o río Sarela, ao carón do campo de fútbol Santa Isabel.
Puente

Ponte Pedriña

Ponte sobre o río Sarela.
Puente

Ponte San Domingos

Ponte sobre o río Sarela.
Puente

Ponte Sarela

Ponte sobre o río Sarela.
Puente

Ponton

Pontón de pedra sobre o río Sarela.
Río

Presa

Represa no río Sarela.
Río

Rio Sarela

Afluente do río Sar pola marxe dereita.
árbol

Selva Negra

Parque forestal nas abas do Monte Pedroso, en Santiago de Compostela.
foto

Sendeiro 1

Carreiro polas beiras do río Sarela, en Ponte Pedriña.
foto

Sendeiro 2

Carreiro pola beira do río Sarela.
panoramica

Vistas Santiago

Vistas sobre Santiago de Compostela desde Sarela de Abaixo.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta