• Foto de Almáciga – Bonaval – Belvís
  • Foto de Almáciga – Bonaval – Belvís
  • Foto de Almáciga – Bonaval – Belvís
  • Foto de Almáciga – Bonaval – Belvís

Dificultad técnica   Fácil

Coordenadas 240

Fecha de subida 16 de septiembre de 2011

Fecha de realización septiembre 2011

-
-
324 m
227 m
0
1,1
2,2
4,32 km

Vista 2962 veces, descargada 23 veces

cerca de Santiago de Compostela, Galicia (España)

ALMÁCIGA – OS IRMANDIÑOS:
A Grande Guerra Irmandiña tivo lugar entre 1467 e 1469. Nela loitouse contra os abusos que a xente común recibía desde as fortalezas dos señores, cabaleiros e prelado, tentando terminar co sistema de fortalezas dos séculos X – XV, romper a relación de vasalaxe e non pagar as abusivas rendas ao señor.
Dous exércitos señoriais entran cara Santiago na primavera de 1469: o de Pedro Madruga desde Portugal polo Camiño Portugués, e o do arcebispo Fonseca e Juan Pimentel desde Salamanca pola Vía da Prata. Enfróntanse na batalla da Almáciga a un exército irmandiño dirixido por Pedro Osorio, ao que derrotaron tras collelo por sorpresa sen permitirlle recibir reforzos de outras partes de Santiago, marcando esta batalla o principio do fin da revolta irmandiña.
A continuación, o arcebispo Fonseca puxo un longo cerco á cidade de Santiago para destruír a súa irmandade, e o resto dos señores feudais comezan a recuperar as súas terras e restaurar os seus privilexios.

ALMÁCIGA – MOREIRA BRANCA:
Moreira branca (Morus alba)
A moreira branca cultivouse de forma intensiva pola industria téxtil, xa que as súas follas son o alimento da eiruga da seda (Bombyx mori) que sincroniza o nacemento coa saída das novas follas da moreira.
A seda foi comercializada en Europa procedente da China por medio da Ruta da Seda, pola que viaxou Marco Polo a principios do século XIII e que recibe este nome por ser a seda a mercancía mais valiosa das que circulaban por ela, pero non a única pois tamén comerciaban con especias, pedras preciosas, marfil,...
Tanto a árbore como a seda proceden de Asia, e non se descubriron en occidente até o século VI cando os monxes nestorianos introduciron as especies da moreira e a eiruga de seda no Mediterráneo. España e Italia convertéronse en grandes produtores, sobre todo nas zonas de Andalucía e Murcia, e trasladarán esta industria ás colonias americanas.

BONAVAL – ORDES MENDICANTES:
Extramuros da cidade medieval situábanse os conventos das ordes mendicantes coma o de San Domingos de Bonaval. Aquí vivían os monxes da orde dos predicadores ou dominicos, fundada por Domingo de Guzmán en Toulouse en 1216. O lema da orde é Laudare, Benedicere, Praedicare (encomiar, bendicir e predicar) Os dominicos destacaron pola súa erudición nos campos da teoloxía e a doctrina, na que se formaban amplamente para predicar mellor, e destacando entre estes a Tomás de Aquino.
No seu xardín os frades cultivaban centeo, frutas e hortalizas para a súa manutención e a dos necesitados aos que acudían, pero tamén se coidaban de ter plantas medicinais coas que surtir o seu herbario. O deseño de este espazo, realizado por Alvaro Siza e Isabel Aguirre, está baseado nun mapa de 1907.

BONAVAL – O ANTIGO CEMITERIO E OS CIPRESES:
Na parte alta do parque atopábase o cemiterio, tras as ábsidas da igrexa. Ten acceso dende o parque e tamén a través da porta de ferro forxado coñecida como da Memoria, antiga entrada na que un letreiro de ferro di “Cemiterio xeral, 1.847”
Hoxe está desacralizado, convertido nun xardín rodeado de nichos e cinceiros baleiros e presidido por un ciprés (Cupressus sempervirens) a árbore típica dos cemiterios dende época clásica, xa que era a árbore adicada ao deus Hades e estaba vinculado aos mortos e aos ritos funerarios.
Na Biblia aparece varias veces, pois crese que a arca de Noé foi construída con madeira de esta árbore, así como o Lignum Crucis (a Cruz de Cristo) xa que un fragmento que a Igrexa admite como auténtico, a reliquia de Liébana, está feita con madeira de ciprés.

BELVÍS – AS HORTAS MUNICIPAIS:
Este proxecto comezou en 2008 cando se desenrolou un programa social que pretendía proporcionar á veciñanza un xeito de ocupar o seu tempo de lecer e contribuír ao mantemento e diversificación dos aproveitamentos dos parques e outros espazos públicos.
Estas leiras son do Concello, e concédeselle o uso durante un período de tempo a un veciño da cidade para que as cultive, promovéndose nelas a horticultura ecolóxica e as técnicas agrarias tradicionais.

BELVÍS – LABIRINTO DE CAMELIAS:
Camelia (Camellia japonica)
CoN unha das súas variedades, a Camellia sinensis, elabórase o té desde os tempos da Dinastía Shang (2700 a.C.); é por iso que ata 1735 as camelias eran coñecidas como ‘flor de té’. O cambio de nome foi establecido polo botánico sueco Carlos Linneo en recoñecemento polo traballo botánico realizado en Filipinas polo xesuíta Jorge José Kamel.
A orixe da camelia é moi antigo, pois atopáronse fósiles do período cretácico en China, país de onde provén a planta. Durante a Dinastía Ming as camelias foron consideradas como “ a flor máis fermosa que hai baixo os ceos”
Foron traídas a Europa desde Oriente a través da Ruta da Seda polos misioneiros xesuítas e por comerciantes portugueses, ingleses e holandeses. Na Península Ibérica coñécense a partir do século XVIII.
Hai moitas citas sobre a camelia en escritores como Rosalía, Pondal Curros, Pardo Bazán, Lorca ou Cunqueiro. Das múltiples variedades, só preto de cincuenta desprenden algún tipo de fragrancia, polo que na novela A Dama das Camelias de Alejandro Dumas fillo, a heroína Margarita, alérxica ás fortes esencias das flores, sempre levaba un ramo de camelias para evitar a tose.
Crese que hai máis de 3. 000 variedades debido á facilidade que teñen de hibridación entre elas. En Galicia podemos atopar varios centos, xa que na zona noroeste da Península lbérica danse unhas condicións edafoclimáticas excelentes para o seu crecemento.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta