Coordenadas 1887

Fecha de subida 9 de octubre de 2019

Fecha de realización octubre 2019

-
-
795 m
494 m
0
3,7
7,4
14,86 km

Vista 51 veces, descargada 5 veces

cerca de Arga de Baixo, Viana do Castelo (Portugal)

A Serra d´Arga é un macizo montañoso de natureza granítica situado na zona do Alto Minho -norte de Portugal- cunhas dimensións de nove quilómetros de largo por cinco de ancho, tendo o seu punto máis alto no Alto do Espinheiro, a 825 metros de altitude. Na zona alta hai bos pastos dos que se alimentan cabalos e vacas.

Podedes saber máis sobre este espazo natural consultando a páxina web Serra d´Arga.

A camiñada é circular e podémola comezar a carón do Centro de Interpretación, en Arga de Baixo. Descenderemos cara o o río sobre uns penedos para pasar por diante do museo rural Arte na Leira para deseguido comezar a subida por riba dos muíños da Gándara, no ribeiro d´Arga. Gradualmente iremos collendo altura para gozar das vistas sobre o treito final do río Miño, co monte Santa Tegra e a zona de Camposancos ao fondo.

Logo dun chozo de pastores o percorrido pasa por unha zona de pastos e asemesmo polo planalto da serra, ao pé do punto máis elevado da serra, o Alto do Espiheiro. Por aquí empezan a confluír os tres ramais de auga que darán orixe ao río Áncora.

Comezamos a baixada e o último treito será por unha antiga carrilleira con impresionantes vistas panorámicas desde a aba norte do cordal, véndose aló embaixo o mosteiro de São João e máis o núcleo de casas de Arga de Baixo. Pasada unha zona de penedía empatamos co punto de arranque no Centro de Interpretación da Serra d´Arga.

Ver más external

cima

Alto Espinheiro

Punto máis elevado da Serra d´Arga, a 825 metros de altitude.
Avituallamiento

Arga de Baixo

Pequena aldea pertencente a Cámara Municipal de Caminha.
foto

Bolos

Bolos graníticos en Arga de Baixo.
foto

Camiño 1

Camiño entre Arga de Baixo e Gándara.
foto

Camiño 2

Camiño de subida ao cordal da serra.
foto

Camiño 3

Camiño entre pradarías no alto da serra.
foto

Camiño 4

Camiño polo que baixamos da serra.
refugio libre

Chozo

Chozo de pastores.
Waypoint

Comezo Alto Espinheiro

Punto de inicio ao carón do Centro de Interpretación da Serra d´Arga.
Waypoint

Desvio

Desvío cara o nacedeiro do río Áncora.
foto

Lavadoiro

Lavadoiro en Gándara.
foto

Penedos

Penedos graníticos por riba de Arga de Baixo.
foto

Planalto

Planalto de serra con pastos e zonas húmidas.
foto

Carrilleira

Antigo camiño de carros para a subida a serra desde Arga de Baixo.
panoramica

Vistas

Vistas sobre o mosteiro de São João e Arga de Baixo.
panoramica

Vistas Miño

Vistas sobre o treito final do val do río Miño.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta