Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  6 horas 8 minutos

Coordenadas 1417

Fecha de subida 2 de enero de 2015

Fecha de realización enero 2015

-
-
1.230 m
770 m
0
3,9
7,8
15,53 km

Vista 1861 veces, descargada 25 veces

cerca de Degrada, Galicia (España)

Ruta nos Ancares lucenses que sae de Campa da Braña e pasa por Degrada, Cela, Pando e Cabanas Antigas para volver ao punto de inicio. Vai toda ela por camiños e pistas, con un pouco de asfalto no inicio e no final. O tramo máis complicado é o 3, o cruce do río da Vara. Tomei a idea da ruta de xanseoane

Tramo 1: Campa da Braña - Cela (3,3 km): Saése pola estrada de Campa de Braña para atravesar Degrada e tomar o desvío a San Román. Despois de 1,2 km deixamos a estrada por unha pista á esquerda e pouco despois tomamos o desvío á dereita. Esta pista baixa ata Cela despois de atravesar de novo a estrada sen complicacións.

Tramo 2: Cela - Pando (2,8 km): Atravésase Cela baixando por unha pista con moita pendente a través do souto ata o río da Vara, que se cruza por unha ponte. Despois de cruzar o río a pista ascende ata a estrada de Deva e seguimos subindo por ela uns 100 m ata outro camiño á esquerda que con algún atranco a causa da vexetación, nos leva ata Pando. Nos lugares máis dificultosos hai alternativa por prados á esquerda do camiño.

Tramo 3: Pando - Vadeo do río da Vara (4,2 km): Sáese de Pando polo camiño que nos levaría a Deva, nalgún tramo con pedras e rochas (con coidado se non están secas) ata que cambia a vertente e pasa á orientada ao norte, máis húmida. Empeza cunha senda entre xestas e uces, con algunha silva e pronto se interna no bosque de carballos, acivros, abelairas, etc. O camiño vai cambiando de anchura e segue sen problemas salvo nas zonas rochosas onde a humidade pode facer o paso algo máis dificultoso. Chegando ao río hai que abandonar o camiño por un desvío pouco visible (Waypoint 05). O camiño de baixada ao río non se aprecia moi ben pero abaixo pode distinguirse moito mellor unha senda que vai paralela ao río. Hai que seguila río abaixo ata chegar a un lugar marcado co waypoint 06 e que pode distinguirse no terreo porque hai un prado do outro lado do río e un par de tubos grosos de cor negra. Este é o punto máis dificultoso da ruta xa que cruzar o río non é doado.

Tramo 4: Río da Vara - Campa da Braña (5,2 km): Despois de cruzar o río a ruta continúa pola parte de abaixo dos prados cara á esquerda. Ao final do segundo prado hai que cruzar outro regato (Regueiro do Barcal), de algo máis dun par de metros de ancho pero pouco profundo, inda que con precaución porque é de pedras. Do outro lado hai un camiño ancho e a partir de aquí a ruta xa non ten complicación ningunha salvo algunhas zonas de lameira. Atravesa Cabanas Antigas e remata en Campa da Braña.

Feito en xaneiro de 2015 por Marcos, Jesús e Jose.

Outras rutas de Ancares:
1 De Piornedo a Pico Lanza por Vilarello,
2 Tres Bispos,Trapa,Brego e Cabanavella,
3 De Piornedo a Suárbol por Acevais
4 Circular Porto Ancares-Miravalles-Balouta
5 Circular Burbia-Vedual
6 Os tres cumes de Lugo
7 Da ponte de Vales a Brego
8 Club Ancares a Cela por Deva
9 Campa da Braña-Fieiró-Robledo
10 De Piornedo a Suárbol polo Chao Grande
11 A parroquia de Donís
12 Pereda-Miravalles-Pereda
13 Circular Campa da Braña a Piornedo
14 Faial de Pintinidoira
15 Degrada, Cela, Pando, Cabanas Antigas
16 Piornedo, Donís, Xantes e Vilarello
65432 m altura
  • Foto de 02 Cela
Camino
Río Intermitente
  • Foto de 04 Pando
Camino
65432 m altura
  • Foto de 06 Cruce do río da Vara
65432 m altura

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta