Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  6 horas 17 minutos

Coordenadas 1385

Fecha de subida 2 de junio de 2011

Fecha de realización junio 2011

-
-
1.934 m
1.093 m
0
3,7
7,5
14,95 km

Vista 8255 veces, descargada 547 veces

cerca de Piornedo, Galicia (España)

Traducción / Translation / Traduction: [email protected]
Nesta ruta súbense aos tres montes máis altos da provincia de Lugo, Mustallar (1935 m), Penalonga (1896 m) e Pico Lanza (1867 m). Non son os mái altos de Ancares xa que o Cuíña e o Miravalles sono máis, pero estes están na provincia de León por completo.
A ruta tamén rodea o circo glaciar do Mustallar.
Comézase en Piornedo saíndo polo camiño clásico ao Mustallar ata o punto (01), nun pequeno prado, onde cruzamos un regato e abandonamos o camiño ancho para meternos nunha senda que no principio está un pouco tapada por vexetación pero deseguida entra no bosque e despéxase. A senda non é sinxela xa que ten moitos pequenos cambios de nivel e no último tramo hai que pasar sobre bloques de pedra, pero merece a pena xa que as vistas e a propia senda son moito máis fermosas que o camiño clásico ao Mustallar.
No punto 02 pode collerse un desvío para ir ás Lastras de Requeixo. Alí o río Piornedo (ou de Veiga Cimeira)atravesa unha zona granítica cun gran desnivel e fórmanse pozas e caídas de auga. Chegar ás Lastras non é fácil, xa que non hai camiño claro e a gran pendente dalgunhas penas fai que haxa que ir con moito coidado se están húmidas. Inda así o esforzo verase compensado.Se non queremos facer ese desvío, continuando polo camiño chegamos a Camparredonda (7).

Desde as Lastras pode retornarse ao camiño cruzando o río alí mesmo e dirixíndose cara un carballo solitario (05) ata atopar un camiño máis ancho que volve cruzar o río outra vez por un lugar no que hai un tronco e unhas pedras que facilitan en certa medida ese cruzamento(6).
O camiño desemboca en Camparredonda (7), un lugar chan, cada vez máis ocupado por mato. O primeiro tramo soe estar bastante húmido. Para non perderse (non é difícil) cómpre ir polo lado esquerdo ata atopar o camiño Piornedo-Mustallar e crúzase de novo o río por unha ponte tradicional para continuar ascendendo ata as ruínas dunha cabana na Mallada de Piornedo (antes coñecida como Cabana de Estremeños). Un pouco antes, e marcado cun montón de pedras, hai unha pedra lisa cuns petroglifos chamados "coviñas", de datación incerta (10), son uns pequenos furados.
Pouco despois das ruinas da cabana, ao cruzar un regato que atravesa o camiño, abandonamos a subida directa ao Mustallar e xiramos á dereita e subimos bordeando o mato e xirando á dereita otra vez cara un recinto circular de pedras, probablemente construído por pastores para o gando. Desde aquí súbese á crista pertencente á Serra de Villous. Seguíndoa cara a esquerda chégase ao primeiro cume, o Pico Lanza ou Lagos, 1867 m.

A esquerda está o Mustallar. Xusto antes de chegar hai que rodear pola esquerda unha mole rochosa, pode que sexa o punto máis perigoso da ruta!!. Atravesala por riba pode facerse pero é máis perigoso. O Mustallar ten unha altitude de 1935 m e para baixalo séguese o valado de arame da dereita.
O punto máis baixo entre o Mustallar e o Penalonga é a Golada do Porto (ou Mallada de Mustallar). Desde aquí pode volverse a Piornedo polo camiño da esquerda ou ir a Burbia polo da dereita.
A nosa ruta ascende cara o cumio do Penalonga (1896 m) por un camiño que sube en diagonal. Para non saír demasiado lonxe do punto máis alto, abandonamos o camiño e facemos o resto da subida campo a travesa xirando levemente cara a dereita. Unha vez na crista chégase fácil ao punto máis alto.
O cumio do Penalonga fai honra ao seu nome, mide algo máis dun km e é case chan, moi doado de andar, salvo no tramo final que existe un campo de bloques de bastante extensión. Este tramo é bastante complicado. Os puntos (20) e (21) serven como referencias para atopar o camiño. Tamén algúns fitos de pedras amontoadas serven como guía.

Despois do campo de bloques segue baixando sen problemas ata que cerca das árbores o camiño desaparece a causa da vexetación. Poden usarse os puntos (22) e (23) para atopar unha saída cara o camiño Mustallar-Piornedo que nos leva de volta ao pobo.

Feita en xuño de 2011

Outras rutas de Ancares:
1 De Piornedo a Pico Lanza por Vilarello,
2 Tres Bispos,Trapa,Brego e Cabanavella,
3 De Piornedo a Suárbol por Acevais
4 Circular Porto Ancares-Miravalles-Balouta
5 Circular Burbia-Vedual
6 Os tres cumes de Lugo
7 Da ponte de Vales a Brego
8 Club Ancares a Cela por Deva
9 Campa da Braña-Fieiró-Robledo
10 De Piornedo a Suárbol polo Chao Grande
11 A parroquia de Donís
12 Pereda-Miravalles-Pereda
13 Circular Campa da Braña a Piornedo
14 Faial de Pintinidoira
15 Degrada, Cela, Pando, Cabanas Antigas
16 Piornedo, Donís, Xantes e Vilarello
02-JUN-11 12:48:09
02-JUN-11 13:01:33
  • Foto de 03 Referencia
02-JUN-11 13:07:06
  • Foto de 04 Lastras de Requeixo
02-JUN-11 13:11:08
02-JUN-11 13:13:59
  • Foto de 06 Cruce do río
02-JUN-11 13:18:06
02-JUN-11 13:21:10
  • Foto de 08 Ponte
02-JUN-11 13:29:40
02-JUN-11 13:38:39
  • Foto de 10 Coviñas
02-JUN-11 13:52:19
  • Foto de 11 Mallada de Piornedo
02-JUN-11 13:58:25
02-JUN-11 14:11:38
02-JUN-11 14:27:01
  • Foto de 14 Pico Lanza
02-JUN-11 15:02:05
02-JUN-11 15:25:47
02-JUN-11 15:52:53
02-JUN-11 16:14:09
02-JUN-11 16:48:58
02-JUN-11 17:12:42
02-JUN-11 17:17:55
02-JUN-11 17:28:57
02-JUN-11 17:54:37
02-JUN-11 18:11:00
02-JUN-11 18:13:32

6 comentarios

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 08-jun-2011

    Outra opción para chegar á crista da Serra de Villous: Despois das ruínas da cabana da Mallada de Piornedo, continuar polo camiño clásico ao Mustallar ata atopar un poste metálico de varias cores. Ali xirar á dereita e logo outra vez á dereita e xa veremos na metade da subida o redil de pedras.
    É algo máis longo que o proposto no texto anterior pero máis cómodo (hai camiño).
    O poste de cores forma parte dun proxecto a nivel europeo para controlar a cantidade de neve caída.
    saúdos

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 24-nov-2011

    Rectifico, o poste metálico corresponde ao Programa ERHIN

  • Foto de picosacro

    picosacro 15-jun-2012

    Ruta espectacular. Moitas grazas por compartila.

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 15-jun-2012

    Alégrome que vos gustase!! saúdos

  • Foto de santoni

    santoni 03-sep-2014

    moi boa ruta!

    o único punto no que atopamos algunha dificultade foi un pouco antes da referencia 22. nos baixamos mais a o oeste e atopamos un camiño un pouco mais aberto (mais que o que vai polo medio do bosque, que en agosto de 2014 estaba moi tapado de vexetación)

    grazas por compartir a ruta con tan boas explicacións

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 04-sep-2014

    De nada. Grazas pola actualización. Nese punto 22 pasei un bo rato ata atopar unha zona medianamente aberta pero xa había bastantes xestas daquela (2011).
    Alégrome que vos gustase.
    Saúdos

Si quieres, puedes o esta ruta