Dificultad técnica   Moderado

Coordenadas 198

Fecha de subida 15 de abril de 2012

-
-
711 m
506 m
0
1,6
3,2
6,41 km

Vista 1828 veces, descargada 9 veces

cerca de San Martín, Galicia (España)

Subimos pola pista que une Raxoá con Alixo ata altura dunha corte de bloques que está á dereita, pola esquerda sae un camiño que gaña altura por entre soutos de castiñeiros. Ao chegar a dous altísimos piñeiros solitarios daremos a volta, contemplamos fermosas vistas sobre O Barco, Éntoma e a igrexa de San Martiño de Alixo. Imos baixando ata seguir outro camiño que sae á dereita e que nos leva a Forquelos, onde hai unha curiosa mata de aciñeiros e rebolos nas proximidades do caborco (captación de auga). Volvemos sobre os nosos pasos e despois seguimos un camiño de carro que baixa a Raxoá. Continuamos pola pista asfaltada, esta vez en dirección a Domiz, e ao pasar o caborco vemos o vello camiño que parte da pista en suave costa. No lugar da Lastra hai unhas maxestosas rodeiras de carro gravadas na lousa que por si soas merecen a visita. Continuamos pola zona de viñas de Airoá ata que o camiño se perde entre a maleza e voltamos pola pista ao lugar de onde saimos.
  • Foto de Forquelos
  • Foto de As Lastras (rodeiras de carros)
  • Foto de Raxoá

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta