• Foto de As Cancelas – San Lázaro – Carlomagno
  • Foto de As Cancelas – San Lázaro – Carlomagno
  • Foto de As Cancelas – San Lázaro – Carlomagno
  • Foto de As Cancelas – San Lázaro – Carlomagno

Dificultad técnica   Fácil

Coordenadas 120

Fecha de subida 16 de septiembre de 2011

Fecha de realización septiembre 2011

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
314 m
209 m
0
1,2
2,5
4,94 km

Vista 1465 veces, descargada 18 veces

cerca de San Lázaro, Galicia (España)

AS CANCELAS – DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA:
O 21 de marzo, coincidindo coa chegada da primavera, celébrase o Día Forestal Mundial ou Día da Árbore para lembrar a importancia das árbores e dos bosques e recoñecerlles a súa utilidade. Foi unha recomendación que xurdiu do Congreso Forestal Mundial en 1969, e aceptada pola ONU en 1971. Pero antes desta data algúns lugares como Galicia xa adoitaban festexalo (crese que o primeiro país foi Suecia en 1840)
O Día Mundial da Auga orixínase nunha conferencia da ONU en 1992, adoptándose o 22 de marzo de cada ano como a data para realizar a nivel global actividades relacionadas coa conservación e o desenrolo dos recursos hídricos.
En Santiago participan destes días o alumnado e a veciñanza mediante a plantación de árbores en zonas verdes da cidade, repoboando o seu manto verde con árbores da flora autóctona.

SAN LÁZARO – O CAMIÑO FRANCÉS: (rúa do Valiño)
O Camiño de Santiago Francés ou Camiño Franco-Navarro é a ruta xacobea máis transitada, xa que nela conflúen moitas outras rutas que percorren España. A impresionante riqueza artística que alberga fixo que sexa un ben do Patrimonio Mundial da Humanidade da UNESCO dende 1993.
Grazas ao tránsito de peregrinos atraídos cara a Compostela, o Camiño conformouse como un elemento transcendental na expansión cultural europea, principalmente na arte románica nos séculos XI e XII. Os illados e pequenos reinos hispánicos, encerellados en guerras civís e batallando contra os reinos de Taifas de Al-Andalus, puideron relacionarse entre si e con Europa por medio do Camiño para intercambiar toda esta riqueza cultural
Grazas ao fenómeno xacobeo e á necesidade de alimento e acubillo dos peregrinos construíronse igrexas, mosteiros, pontes e hospitais, xurdiron novas poboacións e asentamentos e houbo un intercambio cultural sen precedentes na Europa medieval.

PARQUE DE CARLOMAGNO – CARLOMAGNO E COMPOSTELA:
Carlos I o Grande, tamén chamado Carlomagno, era rei dos francos e emperador de Occidente cando segundo a tradición o eremita Paio descubriu a tumba de Apóstolo Santiago cara ao ano 813. Carlomagno mantivo contactos con Alfonso II o Casto, que gobernaba Asturias e a Gallaecia, quen lle comunicou o descubrimento do sepulcro, e puido ser que o emperador doase fondos para enriquecer a basílica.
O libro 4º do Códice Calixtino narra unha crónica fabulosa da viaxe de Carlomagno a Compostela, a onde chegaría co seu exército durante as campañas de guerra contra Al-Andalus. Carlomagno tamén está ligado á tradición romera en Orreaga-Roncesvalles, principal saída do Camiño, pois xunto á pequena capela gótica de Santiago atópase o Silo de Carlomagno, templo funerario que se considera a edificación mais antiga do municipio, pois suponse que era o lugar de enterramento dos combatentes francos caídos no 778, e aquí era onde se oficiaban misas polos peregrinos falecidos no hospital.


PARQUE DE CARLOMAGNO – LAMAGUEIROS
Lamagueiro, chopo negro (Populus nigra)
Populus procede do latín populi, que significa «do pobo», facendo referencia á popularidade desta árbore. É de tronco xeralmente dereito, de cortiza agrisada pronto rachada en sentido lonxitudinal, presentando entre as gretas unhas manchas mouras, ao que alude no seu nome.
De folla caduca, as follas abrollan en primavera despois da floración, que se produce entre os meses de febreiro e marzo. Son de cor verde intensa, de forma romboidal, e poden servir para alimenta-lo gando. Os lamagueiros encóntranse nos soutos e ribeiras dos ríos, xunto con ulmieiros, salgueiros e freixos.
Frecuentemente cultivados polo seu rápido crecemento, a súa madeira utilízase en carpintería e construción lixeira, para fabricar puntais, pasta de papel, mobles lixeiros, taboleiros ou caixas de froita. Tamén se usa como soporte na pintura, por exemplo no bastidor da Mona Lisa.

PARQUE DE CARLOMAGNO – VISTAS DA CIDADE:
Neste parque atopamos prados en socalcos nunha gran ladeira orientada cara o solpor. É un lugar alto onde poder gozar das súas vistas e onde pasear e facer exercicio polos seus paseos, un deles pola cima e outro entre sophoras e hortensias pola parte baixa.
A parte máis elevada do Parque de Carlomagno coñecíase como Alto da Canteira. A panorámica dende alí abarca nun primeiro termo a ortogonalidade do trazado urbanístico do barrio residencial das Fontiñas, e mais lonxe, o resto da zona urbana, entre a que destaca o outeiro da Almáciga e a zona conventual de Belvís, agochándose entre as construcións as fermosas torres da catedral, enmarcadas co Monte Pedroso de fondo.

ABA DO GAIÁS – MATOGUEIRAS:
A pesar dos cualificativos despectivos que recibe (maleza, monte inculto, etc.) desde o punto de vista ambiental, as matogueiras son un dos hábitats de maior riqueza de fauna e flora. Xestas, codesos e piornos son o compoñente principal das matogueiras, que constitúen unha das primeiras etapas de substitución do bosque potencial.
Soen ser masas densas e compactas dominadas por unha das especies participantes, situadas rodeando aos bosques caducifolios e os cultivos forestais. Son zonas altamente transformadas polo home, quen seleccionou terras fondas e drenadas para as súas actividades agropecuarias. Frecuentemente ocupan terreos secos e castigados polo efecto do lume.
As xestas negras e as mansas forman as xesteiras, arbustais moi comúns en Galicia ao igual que as toxeiras, tradicionalmente valoradas por constituír unha importante fonte de onde facer a cama para o gando e por mellorar a configuración do solo, facéndoo mais fértil.

1 comentario

  • Marcos García Fuentes 13-nov-2017

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    La ruta está bien, aunque en mi opinión debería ser etiquetada como "paseo" más que senderismo. Es una ruta urbana por parte del parque verde de Santiago de Compostela.

Si quieres, puedes o esta ruta