Dificultad técnica   Fácil

Tiempo en movimiento  una hora 37 minutos

Tiempo  2 horas

Coordenadas 1620

Fecha de subida 26 de noviembre de 2017

Fecha de realización noviembre 2017

-
-
1.349 m
831 m
0
2,4
4,8
9,69 km

Vista 103 veces, descargada 3 veces

cerca de Gabín, Galicia (España)

Bidueiral de Montederramo ou de Gabín (PR-G 182)

Para chegar ao ponto de incio desta ruta o mellor é seguir esta ruta dende Montederramo:
https://www.google.es/maps/dir/Montederramo/42.2355499,-7.4944382/@42.2582511,-7.46999,1637m/data=!3m1!1e3!4m8!4m7!1m5!1m1!1s0xd3aa0e809d647e5:0x6b11f2fe0f5da632!2m2!1d-7.5027285!2d42.275924!1m0?hl=gl

Ollo! Os últimos 4,5 quilómetros son por unha pista de terra que en algunha zona é bastante irregular co que hai que ir despacio. Esta pista pista cóllese xusto onde comeza a eldea de A Mogaínza (é unha pista de terra en subida á man dereita da asfaltada).

O monte é espectacular especialmente a finais de outubro ou comezos de novembro que é cando os bidueiros están coas follas amarelas. Ademáis no percorrido podemos encontrar moitísimos acivros, carballos, capudres ou arándanos (estes non os chegamos a ver). Ó ser monte practicamente virxe e moi húmido destacar a abundancia de liquens.

O percorrido é en gran medida por devasas, ou en xeral, por caminho ancho o que pode facer perder un pouco o encanto do percorrido, máis vese compensado coa variedade que nos ímos atopando durante a ruta. Destacar tamén da ruta as vistas cara a serra de san mamede e polo outro lado amplas vistas da depresión de Maceda.

A ruta é moi simple, pódea facer calquera sen preparación e é ideal para ir con crianzas pois ten moi pouco desnivel (o gran desnivel que se ve no perfil desta ruta débese a un fallo do gps). Tamén se pode facer perfectamente en bici.
  • Foto de Inicio da ruta
  • Foto de Inicio da ruta
  • Foto de Inicio da ruta
  • Foto de Fonte
  • Foto de Cruce de regato
  • Foto de Corga da tella (fervenza)
  • Foto de Montes queimado recente, queimado fai tempo e sen queimar...

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta