• Foto de Biobra-Miradoiro da Portela-Pala da Vella-Pena Falcoeira-Biobra
  • Foto de Biobra-Miradoiro da Portela-Pala da Vella-Pena Falcoeira-Biobra
  • Foto de Biobra-Miradoiro da Portela-Pala da Vella-Pena Falcoeira-Biobra
  • Foto de Biobra-Miradoiro da Portela-Pala da Vella-Pena Falcoeira-Biobra
  • Foto de Biobra-Miradoiro da Portela-Pala da Vella-Pena Falcoeira-Biobra
  • Foto de Biobra-Miradoiro da Portela-Pala da Vella-Pena Falcoeira-Biobra

Dificultad técnica   Fácil

Coordenadas 298

Fecha de subida 8 de abril de 2014

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
869 m
632 m
0
2,7
5,5
10,96 km

Vista 2402 veces, descargada 39 veces

cerca de Biobra, Galicia (España)

Fixemos esta andaina un grupo de amigos e amigas o domingo día 6 de abril de 2014. A ruta parte da aldea de Biobra, ao pé dunha fonte lavadeiro rehabilitado con respecto e bo gusto fronte a unha antiestética nave, alí podemos aparcar o coche e iniciar a marcha indo cara a parte alta da aldea onde está o Centro de Interpretación do Parque Natural. Un pouco máis arriba pasamos por diante do cemiterio e continuamos á esquerda polo camiño ancho de terra que ascende cara a Serra da Enciña da Lastra, vemos os fitos da ruta Camiños Naturais que está sinalizada entre este lugar e Petín. Continuamos sen desviarnos ata chegar ao Miradoiro da Portela de Aguiar, onde temos fermosas vistas sobre unha ampla extensión: Val de Aguiar, Pena do Seo, O Bierzo, Os Ancares. Volvemos sobre os nosos pasos ata o lugar coñecido como Foio das Arcas onde parte un camiño á esquerda. Subimos por el adentrándonos nunha mesta masa de aciñeiras que é a vexetación máis característica deste lugar, sobrepasamos un contalumes da liña eléctrica por onde enlaza un carreiro marcado con fitos de pedras que vén da Cancela, continuamos ata a Pala da Vella (as covas nesta zona reciben o nome de palas) onde apareceron restos de cerámica e de ocupación humana do Neolítico. O camiño continúa neste curto tramo un pouco máis pechado pola vexetación ata dar vistas sobre a Pena Falcoeira (906 m) farallón calizo de grandes proporcións que, como o seu nome indica, ofrece refuxio ás aves rapaces. Desde este punto o camiño volve a ser amplo ofrecendo unhas vistas espectaculares sobre o encoro de Covas. Continuamos por entre soutos desta localidade ata o collado da Escrita, un lugar de singular beleza que é área de descanso e privilexiado miradoiro sobre o Estreito e o río Sil en Covas, As Médulas, os montes Aquilianos, o Macizo de Trevinca, a serra do Eixe, os Montes de Rubiá,...Desde aqui comezamos a baixar cara a Biobra por entre soutos primeiro e bacelos despois, ata chegar a Adega Docampo-Gacio onde fomos amablemente convidados a catar o seu mencía "Bacelos de Biobra" de produción ecolóxica, un excelente viño que sabe a recompensa tras o esforzo realizado.

1 comentario

  • Foto de zoerbi

    zoerbi 16-ago-2017

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Una estupenda ruta para conocer este paraje a caballo entre El Bierzo y Ourense, con amplias vistas y buenos ejemplos de la geología y la flora de la zona.

Si quieres, puedes o esta ruta