Descarga

Distancia

6,53 km

Desnivel positivo

92 m

Dificultad técnica

Fácil

Desnivel negativo

95 m

Altitud máxima

212 m

Trailrank

59

Altitud mínima

159 m

Tipo de ruta

Circular

Coordenadas

142

Fecha de subida

28 de julio de 2017

Fecha de realización

julio 2017

Envía a tu GPS

Descarga rutas de Wikiloc directamente a tu Garmin, Apple Watch o Suunto.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Envía a tu GPS Envía a tu GPS
Sé el primero en aplaudir
Comparte
-
-
212 m
159 m
6,53 km

Vista 860 veces, descargada 35 veces

cerca de Viceso, Galicia (España)

Deixate sorprender por este percorrido que te levará ao tempo no que se moían os grans coa forza da auga.
Distancia total: 7.15 kms. Discorre na súa totalidade pola parroquia de Viceso. Empeza e remata na aldea de Forxán, ó pé do seu cruceiro.
Ruta circular con puntos en común coa Ruta lila: Viceso - A Luaña e coa Ruta azul: Río Tambre.
Parquing

SAIDA/CHEGADA

  • Foto de SAIDA/CHEGADA
Empeza e remata na aldea de Forxán, ó pé do seu cruceiro, subindo polo medio das casas ata chegar á carballeira onde está situado o castro de Forxán, (sen escavar). Hai sitio para deixar o coche.
Sitio religioso

CRUCEIRO DE FORXÁN

  • Foto de CRUCEIRO DE FORXÁN
No comenzo da ruta. O baseamento está formado por tres chanzos e a base, da que sae a columna de sección cadrangular coas arestas rebaixadas. O capitel ten varias molduras e debaixo da Virxe a face dun anxo. A cruz semella unha árbore con nós, da que pende a imaxe de Cristo, quedando no reverso a imaxe da Virxe. Cóidase que data do século XIX.
Ruinas

MUIÑO Á BEIRA DO RÍO

  • Foto de MUIÑO Á BEIRA DO RÍO
Ruinas do primeiro muiño. Imonos atopar cinco muíños en ruinas (más 2 na outra beira). Un deles con restos do que foi a primeira planta de luz eléctrica de Viceso. Este tramo de ruta de uns 600 metros, vai discorrer entre a Ponte dos Carros e a Ponte da Igrexa, á beira do rego de Viceso.
Ruinas

2º MUIÑO

  • Foto de 2º MUIÑO
  • Foto de 2º MUIÑO
Ruinas do segundo muíño.
Ruinas

MUIÑOS 3 E 4

  • Foto de MUIÑOS 3 E 4
  • Foto de MUIÑOS 3 E 4
  • Foto de MUIÑOS 3 E 4
Ambos muiños moi xuntos.
Ruinas

5º MUÍÑO

  • Foto de 5º MUÍÑO
  • Foto de 5º MUÍÑO
Derradeiro muiño neste tramo do río.
Sitio religioso

CRUCEIROS DA GORIÑA

  • Foto de CRUCEIROS DA GORIÑA
  • Foto de CRUCEIROS DA GORIÑA
Data do ano 1673. Cruceiro de capela asentado sobre catro chanzos de igual altura, arrancando do máis pequeno o fuste formado por unha soa pedra, no que hai en relevo a imaxe de San Pedro, cun libro na man esquerda e as simbólicas chaves na dereita. A capela consta de tres pedras lisas dentro das que se acolle unha imaxe da Virxe co Neno no colo, conservando aínda restos de policromía.. O conxunto coróase con Xesucristo crucificado, co pano de pureza anoado ós dous lados. Este cruceiro mide en total 4.46 metros e data do ano 1673.
Sitio religioso

CRUCEIRO DA ALDEA

  • Foto de CRUCEIRO DA ALDEA
Situado nunha encrucillada no medio da aldea, aséntase sobre tres chanzos e a base, da que sae o varal, no que se representa a Santo Antonio de Padua co Neno no colo. O capitel presenta flores de lis angulares e en cada lado unha cabeza, agás de baixo de Cristo, que ten un viril.
O grupo superior, formado por Cristo por unha cara e a Virxe pola outra, é moderno, labrado en 1987 polo “santeiro” Castelo. A parte vella data do S. XVIII, arredor do ano 1780.
Sitio religioso

CRUCEIRO DA PORTUGUESA

  • Foto de CRUCEIRO DA PORTUGUESA
  • Foto de CRUCEIRO DA PORTUGUESA
Cruz situada nunha encrucillada do antigo “camiño sacramental” chamado “da portuguesa”. Conta con algunhas pezas antigas, como a base, na que están esculpidos unha serpe e un lagarto, así como unha caveira en cada esquina. Na inscrición parece lerse o ano 1768.
Yacimiento arqueológico

CASTRO DE FORXÁN

  • Foto de CASTRO DE FORXÁN
Un castro ainda por desenterrar, do que só  vemos o lugar onde se supón que está e un balado cerrando o espazo. Está situado na parte de arriba da aldea de Forxán. Altitude: 190 m. A planta é ovalada e as condicións naturais defensivas son boas, quedando os maiores desniveis cara o río Tambre. O parapeto que rodea todo o recinto, é máis alto cara ó Norte, superando en sitios os cinco metros, cunha anchura de tres. O terreo está adicado a monte. Atravesando a carballeira do castro, baixamos de novo ata as casas da aldea, cunha fermosa vista do río Tambre dende esta baixada, e volvemos ó punto onde comezámo-lo camiño.
Sitio religioso

IGREXA DE VICESO

  • Foto de IGREXA DE VICESO
  • Foto de IGREXA DE VICESO
Esta igrexa construíuse a partir do ano 1772, rematando as obras no 1873. A parte máis importante é a fachada, da escola do compostelán Simón Rodríguez, cunha imaxe da Asunción da Virxe labrada en 1784 polo escultor noiés Antonio Fabeiro. O retábulo principal é neoclásico e os das capelas laterais son modernos. Entre as imaxes antigas destaca o dúo formado por Santa Sabela e a Virxe e a de Santa Lucía.
Fuente

LAVADOIRO E FONTE DE FORXÁN

  • Foto de LAVADOIRO E FONTE DE FORXÁN
  • Foto de LAVADOIRO E FONTE DE FORXÁN
Á entrada da aldea de Forxán.
Puente

PONTE DOS CARROS

  • Foto de PONTE DOS CARROS
  • Foto de PONTE DOS CARROS
Primeira ponte que nos topamos baixando de Forxán.
Puente

PONTE DA IGREXA

  • Foto de PONTE DA IGREXA
  • Foto de PONTE DA IGREXA
Aquí deixamos o rio e nos diriximos a Pousada.
Puente

PONTE DO PORTO PEQUENO

  • Foto de PONTE DO PORTO PEQUENO
Deixamos Pousada e  lavadoiro, e encontramolo tras cruzar a estrada.
Río

O TAMBRE DENDE FORXÁN

  • Foto de O TAMBRE DENDE FORXÁN
Fermosas vistas desde o castro e desde os campos.
Foto

BAIXADA CARA O RÍO

  • Foto de BAIXADA CARA O RÍO
Ainda en Forxán
Fuente

FONTE DA PONTE DOS CARROS

  • Foto de FONTE DA PONTE DOS CARROS
Na outra beira da Ponte dos Carros hai unha fonte natural, a fonte do canal das aveleiras.
Fuente

LAVADOIRO DE FONTE DE POUSADA

  • Foto de LAVADOIRO DE FONTE DE POUSADA
Na saída da aldea en dirección ó río.
Playa

PRAIA FLUVIAL DE NINÁNS

  • Foto de PRAIA FLUVIAL DE NINÁNS
  • Foto de PRAIA FLUVIAL DE NINÁNS
  • Foto de PRAIA FLUVIAL DE NINÁNS
Fora da ruta, ó sur. Un lugar cercano para quentarse no verán.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta