Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  4 horas 48 minutos

Coordenadas 1008

Fecha de subida 9 de diciembre de 2012

Fecha de realización diciembre 2012

-
-
227 m
-2 m
0
3,6
7,1
14,21 km

Vista 3610 veces, descargada 146 veces

cerca de Hio, Galicia (España)

Ruta que une os lugares máis típicos da Costa da Vela: O cabo Home, os Fachos de Hío e o de Donón (Monte do Facho) e as praias de Melide e Barra, practicamente sen asfalto.

Utilicei como base dúas rutas de wikiloc: Sendero entre fachos e Praia de Barra-monte facho. Asímesmo esta ruta ten sinais de dous sendeiros, azuis e branquivermellas, inda que non sei os seus nomes.

A ruta parte do párking de Donón cara ao extremo do cabo Home, visita os faros de Cabo Home, Punta Robaleira e Punta Subrido e a praia de Melide. Todo este tramo temos as Illas Cíes á vista. Desde o último faro, primeiro por pista e logo por un camiño en baixada, vaise ata a praia de Barra. Logo de camiñar por ela, deixámola e saímos ao parking e o abandonamos pola esquerda ata enlazar cun camiño que chega ata unha pequena ponte de pedra sobre un regato. A ponte non hai que cruzala senón deixala á esquerda e a ruta comeza a subir en dirección a Hío. O camiño polo que se fai o ascenso está empedrado e une Hío e Donón. Crúzase a estrada e continúa o ascenso ata que se deixa este camiño no alto para xirar á esquerda e un pouco máis adiante desviarse para subir ao Facho de Hío. Hai un vértice xeodésico no cumio e as vistas das rías de Vigo e Pontevedra son impresionantes.

Baixamos de novo ao camiño e séguese á esquerda por pistas ata o Monte do Facho de Donón, un lugar de moito interese.
Podemos ver no cumio unha garita de vixiancia do século XVII que formaba parte dunha rede distribuída por toda a costa de Galicia para avisar mediante o lume da presenza de piratas e outros perigos.
Moito máis importante é o xacemento castrexo parcialmente excavado que hai na parte este. Xa deshabitado en época romana, o lugar pasou a ser un lugar de peregrinación e culto ao deus Berobreo, e así atopáronse alí unhas 180 aras votivas. Outras fontes opinan que Berobreo fai referencia ao nome do poboado: Berobriga.

Desde aquí, e logo de disfrutar das vistas, báixase 1 km ata o pobo de Donón onde iniciamos a ruta.

Feita en decembro de 2012 por Lucía e Jose.
  • Foto de 01 Faro de Cabo Home
08-DIC-12 12:04:31
  • Foto de 02 Faro de Punta Robaleira
08-DIC-12 12:11:30
  • Foto de 03 Praia de Melide
Fondo
  • Foto de 04 Faro de Punta Subrido
08-DIC-12 12:43:24
  • Foto de 05 Praia de Barra
08-DIC-12 13:14:54
08-DIC-12 13:44:45
  • Foto de 07 Facho de Hío
08-DIC-12 14:28:32
  • Foto de 08 Facho de Donón
  • Foto de 08 Facho de Donón
08-DIC-12 15:42:38

1 comentario

Si quieres, puedes o esta ruta