CBenz
15 4 61

Dificultad técnica   Moderado

Coordenadas 153

Fecha de subida 12 de agosto de 2016

Fecha de realización agosto 2016

-
-
434 m
58 m
0
3,9
7,8
15,67 km

Vista 77 veces, descargada 1 veces

cerca de Cedeira, Galicia (España)

Saíndo do centro da Vila de Cedeira pola Avenida España, tomamos unha pista estreita que nos levan a través de pequenas aldeas. No lugar do Coto comezamos a ascensión por un camiño a través dun bosque de eucaliptos, para finalmente enlazar ca' ruta "Terras de Cedeira" e continuar pola súa variante de 30 km un longo treito.
En primeiro lugar, chegamos aos lugares da Trabe e Outeiro, onde cruzamos o límite ente as parroquias de Piñeiro (S. Cosme) e S. Román, e continuamos brevemente pola estrada AC-566 (que conduce ao Campo do Hospital), pero tomamos o primeiro desvío que atopamos á esquerda. Adentrámonos logo nun camiño de certa lonxitude no que apenas atopamos nada destacable, aparte dos abundantes eucaliptos, sempre acompañados de felgos, toxos e silvas. Ao chegar ó lugar dos Candales, seguimos as indicaciós dos letreiros que nos sinalan a ruta "Terras de Cedeira", e adentrámonos definitivamente na Serra da Capelada tras cruzar o letreiro que o indica. A vexetación aquí é menos abundante, e vemos piñeiros en lugar de eucaliptos.
Facemos unha breve parada no Miradoiro do Penedo Edroso, desde onde se poden contemplar os arredores de Cedeira, e pouco despois abandonamos a ruta principal cerca dunhas casetas de recente construción, para tomar así un atallo que nos permite recortar 10 km de ruta. Pasamos pola ermida de S. Roque do Monte (esa que agora chaman "de Reboredo", vaia vde. a saber por que), e despois pasamos entre os lugares do Toxo e de Reboredo. Desde aquí pódese ver a serra costeira que forman os montes Eixil e Candieira (á esquerda), así como o elevado Coto da Poza d'Auga (á dereita). Continuamos pola pista asfaltada ata cruzar a DP-2206 (a que leva a S. Andrés), para adentrarnos na Ruta dos Peiraos desde o alto dos acantilados de Cortes.
Seguindo esta ruta, disfrutamos das vistas dos acantilados que rodean S. Andrés de Teixido, así como os distintos salientes de terra (as Gabeiras, o Cadro e a Punta do Limo). Máis adiante camiñamos sobre a parte alta da Allada de Tarroiba, pero abandonamos a ruta antes da subida ó coto para adentrarnos no lugar de Vilar, en cuxa fonte facemos unha breve parada.
Desde Vilar dirixímonos a Remesal polo camiño tradicional para concluír a ruta.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta