Descarga

Distancia

24,05 km

Desnivel positivo

688 m

Dificultad técnica

Moderado

Desnivel negativo

315 m

Altitud máxima

460 m

Trailrank

47 5

Altitud mínima

40 m

Tipo de ruta

Solo ida
  • Foto de Camiño inglés: Betanzos - Hospital de Bruma (Caracochas)
  • Foto de Camiño inglés: Betanzos - Hospital de Bruma (Caracochas)
  • Foto de Camiño inglés: Betanzos - Hospital de Bruma (Caracochas)
  • Foto de Camiño inglés: Betanzos - Hospital de Bruma (Caracochas)
  • Foto de Camiño inglés: Betanzos - Hospital de Bruma (Caracochas)

Tiempo

6 horas 10 minutos

Coordenadas

2139

Fecha de subida

4 de septiembre de 2021

Fecha de realización

agosto 2021
  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     

Filtros Avanzados

Filtra por mes o fecha de grabación. Encuentra rutas solo de personas a las que sigues.

Pásate a Wikiloc Premium Pásate a Premium para eliminar los anuncios
Filtros Avanzados Filtros Avanzados
Comparte
-
-
460 m
40 m
24,05 km

Vista 66 veces, descargada 4 veces

cerca de Betanzos, Galicia (España)

Antes de iniciar unha etapa paso horas buscando información sobre ela, maiormente na rede. Sobre esta terceira etapa que se inicia en Betanzos, a maioría dos blogs definíana como a etapa raíña pola súa dureza. Para min non foi tal, é bastante levadeira e posiblemente a anterior fose máis esixente. Este agradable paseo sen lugar a dúbida para min foi a máis agradable de camiñar.

Rompía o día en Betanzos e desta vez sí que estábamos alí para empezar a andar cedo. Non sabíamos o que nos ía deparar esa suposta etapa raíña. Betanzos estaba cheo de peregrinos e nós entre eles; tomamos un café rápido e selamos a credencial antes de camiñar. Non teño que indicar que Betanzos é unha cidade preciosa, igrexas, praciñas e un casco histórico medieval que non me atrevo a describir, pero de seguro que non vos vai a deixar indiferente.

Desde a Praza dos Irmáns García Naveira imos abandonando Betanzos buscando a pequena ponte das Cascas, e que salva o río Mendo. Desde a outra ribeira imos gañando altura rápida andando por unhas pendentes considerables. Non nos debe asustar, é pouco máis de un quilómetro que nos permite deixar Betanzos atrás. É un tramo moi asfaltado, como o será toda a etapa, pero bastante agradable. Cruzamos a autopista sobre unha ponte e con outra ponte o río Mero, para entrar no concello de Abegondo, ao que pertence a parroquia de Cos, a uns sete quilómetros de comezar a xornada.

En uns catro quilómetros máis chegamos a Presedo. O tramo que vai de Cos a Presedo é moi cuestionado por moitos peregrinos. Ata fai catro ou cinco anos o trazado do Camiño era diferente, agora perde algún quilómetro pero discorre polo arcén de unha estrada. Cando lin os comentarios do treito antes de transitalo as críticas eran pola súa perigosidade; unha vez feito teño que dicir que o treito non é para tanto, si que circulan algúns coches, pero como por calquer outra pista. A estrada é moi secundaria, pero deberemos de andar con coidado.

En Presedo fixemos unha paradiña en unha taberna, estaba chea de camiñantes facendo unha paradiña a metade de etapa, e fixeron ben, dado que ata As Travesas, que está moi próximo ó final da xornada non se atopará ningún outro lugar onde parar. Despois de un petisco continuamos ruta por unhas pistas moi semellantes ás xa transitadas.

Pola cabeza rondaba a etapa da variante coruñesa, ata chegar a aldea de Travesas a subida era bastante forte e algo cansina. En este treito en teoría habería que chegar tamén ata ese punto, pero nada que ver, é certo que a subida é moi longa, en un ou dous puntos tira dos riles, pero non debe botarnos para atrás.

Rematada a subida chegamos a unha estrada con bastante tráfico, é o punto onde se unen os dous camiños ingleses, o que ven de Ferrol e o que ven da Coruña. Durante uns quilómetros iremos polo arcén da estrada. Aqui nas Travesas está o último local de hostelería, ultimo piscolabis e outro selo na credencial. Bruma xa está preto, a uns catro quilómetros.

A un par de quilómetros do final, deixamos atrás a estrada e camiñaremos os últimos metros por pistas forestais e rurais. En nada chegamos a Hospital de Bruma onde selaremos no seu albergue. En esta localidade hai constancia de hospital de peregrinos xa na Idade Media, pero non é a única caracteristica de Bruma; a vila forma parte do concello de Mesía, pero non limita con ningunha outra parroquia de este concello, polo que se encontra como unha illa dentro de outras terras.

Xa nos diredes como vos foi!

2 comentarios

  • Alexandre S. 10 sept. 2021

    He realizado esta ruta  Ver más

    Perfectamente señalizada

  • Djalminha 10 sept. 2021

    He realizado esta ruta  Ver más

    Ruta sencilla. Buen track y bien detallada en el blog

Si quieres, puedes o esta ruta