Piolla

Dificultad técnica   Moderado

Coordenadas 154

Fecha de subida 25 de junio de 2012

-
-
610 m
536 m
0
2,4
4,8
9,56 km

Vista 1396 veces, descargada 5 veces

cerca de Arnuide, Galicia (España)

Ruta con saída de Cancillós recorrendo Arnuide, San Pedro de Maus.
  • Foto de Muíño de Cancillós
  • Foto de Muíño de Cancillós
  • Foto de Muíño de Cancillós
Situado xunto a ponte sobre a que pasa a estrada que comunica Cancillós co barrio de O Calvario. Trátase dunha cosntrución de grandes pedras en sillar e tamén mampostas nalgún tramo. Posúe dous ocos de saída de auga. Ten varias entradas, unha delas á que se accede por medio dunhas escaleiras exteriores. Con cuberta de tella a dúas augas.
  • Foto de Lavadoiro e Fonte de Cancillós
  • Foto de Lavadoiro e Fonte de Cancillós
  • Foto de Hórreo de Cancillós
  • Foto de Hórreo de Cancillós
A carón do camiño que atravesa a aldea, na interseción dos dous camiños que levan ó monte. Con tres pés a modo de pilastras con formadas de curvas cóncavas e convexas e os do medio con pilares de base cadrada. Sobre os pés aséntase os tornaratos. A Armazón da cámara é de madeira con diagonais nos frontes. As cámaras divídense en 3 bandas horizontais. As trabes teñen pequenas pezas planas de madeira. a Curberta é d etella a dúas augas e remátanse con unhas táboas no borde.
  • Foto de Hórreo de Cancillós
A carón do camiño que atravesa a aldea. Con tres pés a modo de pilastras con formasdas de curvas cóncavas e convexas e os do medio con pilares de base cadrada. Sobre os pés aséntanse os tornaratos. A armaón da cámara e de madeira con diagonais nos frontes. As cámaras divídense en 3 bandas horizontais. As trabes teñen pequenas pezas planas de madeira. A cuberta é de tella a dúas augas e remátase con unhas táboas no borde.
  • Foto de Hórreo de Cancillós
  • Foto de Hórreo de Cancillós
Este hórreo situase a carón da vía que percorre Cancillós de este a oeste, preto do lavadoiro novo e dunha pequena praza feita onde se atopaba o forno comunal da aldea. Ten tres pes a modo de pilastras talladas con curvas cóncavas e convexas. A armazón da cácmara é de pedra. A madeira está pintada en cor granate. Os frontes de pedra tiñan linteis curvos e rematan nun pináculo con forma de pirámide e o outro nunha cruz. O tellado é a dúas augas de tella curva. Nos frontes a pedra sobrepasa a liña do tellado.
  • Foto de Conxunto de 2 Hórreos en Cancillós
  • Foto de Conxunto de 2 Hórreos en Cancillós
  • Foto de Conxunto de 2 Hórreos en Cancillós
Situados na entrada a Cancillós dende A Igrexa. Con tres pés a modo de pilastras conformadas de curvas cóncavas e convexas e os do medio con pilares de base cadrada. Sobre os pés aséntanse os tornaratos. A armazón da cámara é de madeira con diagonais nos frontes. As cámaras divídense en 3 bandas horizontais. As trabes teñen pequenas pezas planas de madeira. A cuberta é de tella a dúas augas e remátase cunhas táboas no borde.
  • Foto de Conxunto de Hórreos Alda de Abaixo
  • Foto de Conxunto de Hórreos Alda de Abaixo
  • Foto de Conxunto de Hórreos Alda de Abaixo
  • Foto de Conxunto de Hórreos Alda de Abaixo
  • Foto de Conxunto de Hórreos Alda de Abaixo
  • Foto de Conxunto de Hórreos Alda de Abaixo
Situados na parte alta da aldea, na saída do camiño que leva ó monte e preto do forno. Trátase dun conxunto de 7 hórreos de características semellantes: de planta rectangular, con dous pares de pés de pedra circulares, sobre os que se apoian os tornaratos, tamén de forma circular. A cámara é de armazón de madeira con dous claros divididos en tres franxas. Os frontes teñen diagonais de madeira que arriostran a cámara. Un deles está en estado ruinoso e só conserva os pés. Outro, o situado máis ó noroeste pegado ó camiño ten os pés a modo de pilastras e os tornaratos rectangulares.
  • Foto de Forno Aldea de Abaixo
  • Foto de Forno Aldea de Abaixo
  • Foto de Forno Aldea de Abaixo
Situado na parte alta da aldea, ó lado do conxunto de hórros. Trátase dunha pequena construción en sillares de pedra granítica morena (agora rexuntado con xunta clara), cun único oco a modo de porta. Cuberta a unha auga de tella. Recentemente restaurado.
  • Foto de Conxunto de 2 Hórreos Aldea de Arriba
  • Foto de Conxunto de 2 Hórreos Aldea de Arriba
  • Foto de Conxunto de 2 Hórreos Aldea de Arriba
  • Foto de Conxunto de 2 Hórreos Aldea de Arriba
Conxunto de dous hórreos situados no camiño que comunican a aldea con Vilanova. O situado ó oeste ten tres pares de pés de sección hexagonal con base e apoio xunto ós tornaratos de sección cadrada. Os tornaratos son rectangulares cos bordes redondeados. A cámara é de armazón de madeira; os claros divídense en tres franxas horizontais. Nas trabes perduran 6 pequenas pezas planas de madeira cun burato interior. Remata en cuberta de tella a dúas augas. O situado ´este ten tres pés a modo de pilastras, apoiados nunhas bases de pedra mamposta de nivelación. A cámara de armazón de madeira ten os claros divididos ent res franxas horizontais. Remata en cuberta de tella a dúas augas.
  • Foto de Forno Aldea de Arriba
Situado no camiño que une a aldea con Vilanova. Pequena construción de base cadrada. Muros de pedra mamposta, cun oco a modo de porta ó camiño. Está restaurado sen moito acerto, véndose elementos de ladrillo na unión co tellado e enfoscado de formigón gris xunto á porta. Cuberta de tella a dúas augas.
  • Foto de Hórreo Aldea de Arriba
  • Foto de Hórreo Aldea de Arriba
Situado o borde do camiño no medio da aldea. De forma rectangular, con tres pés de pedra a modo de pilastras formadas cada unha ccon dúas pezas de pedra de forma trapezoidal deixando o lado máis estreito no centro, sobre os que se apoian os tornarratos. a cámara é de armazón de madeira con claros divididos en dúas franxas horizontais. A cuberta é de tella. Está pintado de cor granate. A peculiaridade de este hórreo reside enq ue a cámara está formada por táboas de tren en vez das estreitas tablillas que os conforman normalmente.
  • Foto de Capela Aldea de Arriba
Capela de planta rectangular. Con muros de sillería. Sobria fachada con porta alintelada. Cornixas de suave curva nas ramplas con remates de pirámides con bolas sobre base prismática. Espadana dun arco con remate de pirámides con bolas e cruz de pedra sobre corpo de perfil curvo con orificio circular.
  • Foto de Hórreo Aldea de Arriba
  • Foto de Hórreo Aldea de Arriba
Situado ó lado sur da capela. De forma rectangular, con tres pés de pedra a modo de pilastras formadas cada unha con dúas pezas de pedra de forma trapezoidal deixando o lados máis estreito no centro, sobre os que se apoian os tornarratos. A cámara é de armazón de madeira con claros dividido en tres franxas horizontais. Na trabe perduran unhas pezas planas de madeira cun burato no medio. A cuberta é de tella. Está pintado de cor granate.
  • Foto de Hórreo Aldea de Arriba
  • Foto de Hórreo Aldea de Arriba
Situado o borde do camiño de saída ó monte. De forma rectangular, con tres pés de forma variada: os primeiros son de pedra hexagonais con base e apoio superior de sección máis ancha e base cadrada, o tornarratos é rectangular redondeado nos bordes; os outros dous pares de pés son apilastrados con moldura curva cóncava no centro e tornarratos rectangulares en corma curva. A cámara é de armazón de madeira con dous claros divididos en tres franxas. No fornte dos pilares hexagonais perduran unha diagonal de madeira. Nas trabes conseérvanse unhas 7 pezas planas en calda unha de madeira cun burato no medio. A cuberta é de tella. Está pintado de cor granate.
  • Foto de Conxunto de 2 Hórreos Aldea de Arriba
  • Foto de Conxunto de 2 Hórreos Aldea de Arriba
Conxunto de dous hórreos situados nun gran espazo aberto diante da Capela de Aldea de Arriba. O situado ó norte é de forma rectangular, con dous pares de pés de pedra circulares con tornarrtos redondos. A cámara é de armazón de madeira con dous claros divididos en tres franxas horizontais. A cuberta é de tella. O situado o sur ten a cámara pintada de cor granate. Con dous pés de granito modo de pilastras labradas con molduras curvas cóncavas no centro, sobre os que se apoian os tornarratos rectangulares. A cámara é de armazón de madeira cos claros divididos en dúas franxas horizontais e tres verticais rematada cunha cuberta de tella.
  • Foto de Hórreo O Calvario
  • Foto de Hórreo O Calvario
Este hórreo de dous pares de pés de sección hexagonal con tornarratos moi pequenos e estreitos sobre cada pé consérvase nuha parcela que está entre a estrada OU-110 e a vía de entrada a Aldea de Arriba. A armazón da cámara é de madeira con 3 bandas horizontais e nos frontes ai diagonais de madeira para arriostrar á estructura. Nas trabes consérvanse unhas pequenas pezas saíntes de madeira. O tellado é a dúas augas e cúbrese con tella curva.
  • Foto de Castro de Penadiz ou Folón
  • Foto de Castro de Penadiz ou Folón
Ubícase na ladeira dun monte adaptándose ó terreo e adoptando unha forma rectangular. Presenta catro liñas de foxos ou trincheiras de minería. Ó oeste do recinto principal apareceron 3 sepulcros romanos. Non presenta restos materiais en superficie.
  • Foto de Ponte de Arnuíde
  • Foto de Ponte de Arnuíde
  • Foto de Ponte de Arnuíde
  • Foto de Ponte de Arnuíde
  • Foto de Ponte de Arnuíde
  • Foto de Ponte de Arnuíde
A ponte de Arnuide está situada polo camiño antigo que leva de Vilar de Barrio a Maceda polo Monte Medo. E de dobre costa con moito ángulo o que o fai difícil para o paso de carros que acostuman a vadear ó río. Hai discusións sobre a súa inclusión dentro da Vía Romana XVIII. Ten un largo aproximado de 37m, cun trazado lixeiramente alombado e cun ancho mínimo de paso de 3.50m. Cun único arco que mide 11.65 de ancho e é lixeiramente apuntado.
  • Foto de Muíño de Arnuide
  • Foto de Muíño de Arnuide
  • Foto de Muíño de Arnuide
  • Foto de Muíño de Arnuide
Situado preto da ponte de Arnuide. Construción con muros de pedra sillar e a cuberta de tella. Distribúese en dúas plantas. A porta de entrada conserva un lintel curvo.
  • Foto de Igrexa Parroquial
Igrexa de planta rectangular con presbiterio máis elevado. Muros de sillería. Na fachada, porta alintelada enmarcada en banda lisa igual que a ventá rectangular superior. Nos cantos, pilastras lisas con arquitrabe que continua a corniza lateral, sobre o ático, espadana de dous arcos xemelgos con frontón moi agudo con vans en arco eorificio circular, remates de pirámides de bolas e cruz de pedra. De estilo popular e século XIX.
  • Foto de Necrópole da Igrexa de Arnuíde
A evidencia é un sarcófago medieval empotrado na zona exterior do muro meridional da igrexa parroquial aínda que desplazado do seu sitio orixinario
  • Foto de Casa Retoral
Situada preto da Igrexa parroquial e do cemiterio. De planta rectangular, organizada en dous niveis e de grandes dimensións. Construída con pedra de sillarejo, que se conserva rexuntada en cal. A cuberta é de tella. De arquitectura austera e ocos pequenos. Na fachada sur consérvanse caleados curvos decorados rodeando as fiestras e baixo a liña do tellado.
  • Foto de Hórreo
Situado no camiño de entrada dende Cancillós e no camiño que leva ó muíño. De forma rectangular, con tres pés de pedra a modo de pilastras, sobre os que se apoian os tornarratos. A cámara é de armazón de madeira con dous claros divididos en tres franxas. Os frontes teñen diagonais de madeira que arriostran ó conxunto. A cuberta é de tella. Está pintado de cor granate.
  • Foto de Fonte e Lavadoiro
  • Foto de Fonte e Lavadoiro
  • Foto de Fonte e Lavadoiro
  • Foto de Fonte e Lavadoiro
No camiño de entrada a A Igrexa dende Cancillós aparece un pequeno conxunto relacionado coa exitencia da auga. Para salvalo desnivel do terreo a cota do espazo adicado a lavadoiro descende con respecto a cota do camiño, desnivel que se salva cuns chanzos. O conxunto está formado polos seguintes elementos: 1. Un muro de pedra que a modo de muro de contención de terras cerra tamén o conxunto en dirección ó val do Río Arnoia; este muro continúase a modo de alta varanda na que se abre un pequeno oco. 2. Un lavadoiro. 3. Unha fonte, protexida cun cuberto de pedras sillares e aberta nun latera. 4. Un banco de pedra apoiado no muro.
  • Foto de Aira con Hórreos
  • Foto de Aira con Hórreos
Conxunto de 4 hórreos situados no centro do núcleo. Os catro teñen características similares: Con dous pares de pés de forma cicular con tornarratos ciculares en dous deles. As cámaras son de armazón de madeira. con claros divididos en dúas partes con pezas de madeira pola metade. No fronte e nas traseiras posuén diagonais de madeira para arristralas cámaras. O primeiro ten unhas bases de pedra arriostrada, un deles está pintado en cor granate. e no do fondo os pés son a modo de pilastras con tornarratos rectangulares.
  • Foto de Conxunto de Hórreos A Eirexa
Conxunto de dous hórreos situados no camiño de entrada dende Cancillós. Con dous pares de pés de forma circular con tornarratos rectangulares cos bordes redondeados. As cámaras son de armazón de madeira, con claros divididos en dúas partes con pezas de madeira pola metade. Nos frontes e nas traseiras posuén diagonais de madeira para arriostralas cámaras. Remtatan en cuberta de tella a dúas augas.
  • Foto de Conxunto de Hórreos Penadiz
  • Foto de Conxunto de Hórreos Penadiz
  • Foto de Conxunto de Hórreos Penadiz
Hórreos situado na parte baixa da aldea, a carón do río Arnoia. Son hórreos de dous pares de pés a modo de pilastras talladas con formas curvas sobre as que se apoian os tornarratos rectangulares. As cámaras son rectangulares, de armazón de madeira con claros divididos en tres franxas horizontais e as diagonais de madeira nos frontes, o que está situado preto do río é con armazón de pedra. As cubertas son de tella con pendente a dúas augas.
  • Foto de Muíño en Penadiz
  • Foto de Muíño en Penadiz
  • Foto de Muíño en Penadiz
  • Foto de Muíño en Penadiz
Gran muíño formado por tres corpos. O máis pequeno conserva os muros de pedra vistos e o tellado a dúas augas. O mediano está caleado e ten o tellado a tres augas. O corpo de máis altura é máis recente, sostense sobre pilares de formigón e a cuberta é a catro augas. Os muros están pintados de branco.
Dende o muíño parte unha ponte de pedra con 5 pés apoiados no Río Arnoia sobre os que se apoian grandes lousas. A ponte é peonil e actualmente comunica o fondo da aldea ca estrada OU-110.
  • Foto de Hórreo Penadiz
  • Foto de Hórreo Penadiz
Hórreo situado na parte alta da aldea, preto da vía de entrada. Ten dous pares de pés con tornarratos rectangulares rematados en forma curva. A cámara é rectangular, de armazón de madeira con claros divididos en tres franxas horizontais. Nas trabes consérvanse 4 pequenas pezas planas de madeira cun burato no medio. A cuberta é de tella con pendente a dúas augas.
  • Foto de Hórreo Penadiz
Hórreo situado na parte alta da aldea, preto da vía de entrada. Ten dous pares de pés con tornarratos rectangulares rematados en forma curva. A cámara é rectangular, de armazón de madeira con claros divididos en tres franxas horizontais. Nas trabes consérvanse 4 pequenas pezas planas de madeira cun burato no medio. A cuberta é de tella con pendente a dúas augas.
  • Foto de Hórreo A Eirexa
  • Foto de Hórreo A Eirexa
Situado no camiño de entrada dende Cancillós e no camiño que leva o muíño. De forma rectangular, a cámara e de armazón de madeira con dous claros divididos en duas bandas horizontais.
  • Foto de Hórreo Maús
  • Foto de Hórreo Maús
Situado na parte alta da aldea, nunha finca que ten fronte a estrada OU-110. Con tres pilastras talladas en pedra con formas curvas. Sobre os tornarratos apoiase a cámara de armazón de madeira. Os dous claros divídense en tres franxas horizontais. As trabes teñen pequenas pezas de madeira cun burato. O tellado é de tella a dúas augas.
  • Foto de Casa do Isaac
  • Foto de Casa do Isaac
Esta construción está situada na parte alta da alda, na vía que parte dende a praza situada ó norte da estrada OU-110. Edificación de planta rectangular con corpo moderno máis elevado. Os muros de mampostería encintada, con ocos alintelados e galería con vidros sobre repisa de pedra chapada metalica.
  • Foto de Hórreos Maus
  • Foto de Hórreos Maus
  • Foto de Hórreos Maus
  • Foto de Hórreos Maus
Situados ó norte do regato que atravesa a parte baixa da aldea. Os tres son de dous pares de pés e os outros dous con pilares e tornarratos circulares. As Cámaras son de armazón de madeira con tres ou dúas bandas horizontais. Rematan con tella curva e a estrutura de madeira portéxese con táboas a modo de cornixas.
  • Foto de Hórreos 5
  • Foto de Hórreos 5
Situados ó sur do regato que atravesa a parte baixa da aldea. Os tres son de dous paraes de pés e os outros dous son con pilares e tornarratos circulares. As cámaras son de armazón de madeira con tres bandas horizontais nos claros o de pilastras e dúas bandas os de pilares. rematan con tella curva e a estrutura de madeira portéxese con táboas a modo cornixas.
  • Foto de Conxunto de Casas
  • Foto de Conxunto de Casas
  • Foto de Conxunto de Casas
  • Foto de Conxunto de Casas
Construción de vivenda tradicional de 3 niveis situadas nunha vía local paralela ó regato de auga. A planta baixa é un paso que comunica dúas vías dentro da aldea. Dende unhas escaleiras esxteriores de pedra accedese á primeira planta a un balcón con varanda de ferro. Na planta segunda consérvase unha solaina de madeira.
  • Foto de Antiga Escola
Situada ó sur da aldea. Construción de dúas plantas. Na planta baixa ábrese un gran portalón que está cuberto polas edras do balcón ó que se accede dende unha escaleira exterior. Varandas de ferro de sinxelo deseño. O balcón está apoiado en pilares de pedra. A fachada é de sillares de pedra morena e a cuberta é de tella.
  • Foto de Hórreo de 4 pés
Situado ó este da aldea, o pé do camiño de terra que leva a Porto. Serve de base un muro de pedra mamposta que conten as terras no borde do camiño. Ten catro pés a modo de pilastras con curvas cóncavas. Sobre os tornarratos apoiase a cámara de armazón de amdeira que ten 3 bandas horizontais. A cuberta é de tella curva a dúas augas
  • Foto de Igrexa de San Pedro de Maus
  • Foto de Igrexa de San Pedro de Maus
Igrexa de planta rectangular e presbiterio máis estreito. Muros de sillería isódoma. Na fachada, parte resaltada con pedra alintelada e ventá de escaso arco, prolóngase en torre con capitel rodeado de listeis. No muro lateral, gran blasón con pedra cunha inscrición na parte inferior. De estilo popilar e século XX.
  • Foto de Casa Retoral de Maus
  • Foto de Casa Retoral de Maus
Edificio de planta rectangular con tellado a catro augas, muros de mampostería en seco, ventás cuadrangulares con montantes no patio, corredo de tipo popular ourensán. De estilo popular e século XVIII. Interesantes caleados decorativos na pare superior da fachada a modo de cornixa e nos linteis das fiestras superiores. No lintel dunha das entradas aparece unha inscrición "ANO 1757".
  • Foto de Forno Exterior
Situado no camiño paralelo o río Arnoia. É unha pequena construción de forma circular en pedra mamposta. Está adosada por un lado a unha fachada. Está rodeado por un muro de pedra baixo.
  • Foto de Casas Con Balcóns de Madeira
  • Foto de Casas Con Balcóns de Madeira
  • Foto de Casas Con Balcóns de Madeira
En la calle que comunica el interior del pueblo con el río se conservan varios ejemplos con una tipología de fachada tradicional de interés. Se trata de viviendas de dos plantas, con fachada de piedra, normalmente sillarejo. En la planta aparecen grandes huecos con portalones de madera. En la planta alta se conservan balcones con estructura de madera, piedra o mixta. Las varandillas son de madera apoyadas en montantes de madera y en algún caso con elementos decorativos de madera labrada en la cornisa. Los huecos conservan la configuración y proporciones tradicionales y el algún caso también se conservan los colores: azules vivos, granates...
  • Foto de Conxunto Residencial
  • Foto de Conxunto Residencial
  • Foto de Conxunto Residencial
Situado no centro da aldea atópase un conxunto residencial composto por unha vivenda e construccións anexas en pedra granítica con forma de sillar, dentro dunha parcela rodeada por un muro tamén en sillería. No muro ábrense dúas cancelas unha pequena de madeira na parte alta e un gran portalón de forxa rematado con lintel de pedra na parte máis baixa. Tódalas cartinterías,a galería e as cancelas están protexidas pro un axeitado color azul vivo. Dento do conxunto consérvase un hórreo de tres pés un pouco deteriorados ó introducir bloques de formigón coa cámara pintada en cor negro. Tamén se conserva dentro un pombal de base cadrada.
  • Foto de Hórreo Alemparte
Hórreo situado na parte alta da aldea, no camiño que conduce ó monte que está ó norte. Ten tres pares de pés a modo de pilastras formadas dunha única peza de pedra con curva central convexa sobre a que se apoian os tornarratos rectangulares rematads en forma curva. A cámara é retangular, de armazón de madeira con claros divididos en tres franxas horizontais. Nas trabes consérvanse pequenas pezas planas de madeira cun burato no medio. Tamén se conservan as diagonais que arriostran lateralmente o hórreo nos frontes e no pe central. A cuberta é de tella con pendente a dúas augas.
  • Foto de Aira con Hórreos
  • Foto de Aira con Hórreos
  • Foto de Aira con Hórreos
  • Foto de Aira con Hórreos
Conxunto de 7 hórreos nunha zona con moita pendente con rochas vistas. No medio dos hórreos pasa un camiño peonil que conduce a parte alta da aldea e ó monte. Ubícase cerca dun regato. A meirande parte dos hórreos teñen dous pares de pés ou pilastras onde se apoian os tornarratos. Nos que teñen armazón de madeira as trabes conservan pequenas pezas planas de madeira cun burato no medio. Un deles ten a armazón de pedra e tres pares de pilastras. Dous deles só conservan os pés. E nalgún caso atópanse apeados lateralmente con troncos de madeira. Tamén se conserva a cor granate nun deles. Os tellados son sempre de tella a dúas augas.
  • Foto de Hórreo Alemparte
Hórreo situado na parte alta da aldea, preto dun regato e do camiño que conduce ó monte polo este. Ten dous pares de pés a modo de pilastras formadas dunha única peza de pedra con curva central convexa sobre a que se apoian os tornarratos rectangulares rematados en forma curva. A cámara é ratangular, de armazón de madeira cos claros divididos en tres franxas horizontais. Nas trabes consérvanse 5 pequenas pezas planas de madeira cun burato no medio. A cuberta é de tella con pendente a dúas auguas.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta