-
-
651 m
523 m
0
2,8
5,6
11,25 km

Vista 626 veces, descargada 12 veces

cerca de Borrenes, Castilla y León (España)

Esta ruta comeza xunto ao chamado "canal de Cornatel" preto do restaurante Las Ventas no concello de Borrenes (K15 da N-536). Alí mesmo hai un panel explicativo da Fundación Las Médulas baixo o título Ruta de los Poblados. Seguimos os sinais que indican ao Castrelín de San Juan de Paluezas que é a localidade que vemos de frente á dereita da nosa marcha. Pasamos por unha canteira de pedra caliza que leva tempo abandoada onde chama a nosa atención un caleiro (forno de cal), semellante aos de Lago e Covas, pero máis grande e con dúas bocas. O camiño ou pista ofrece magníficas perspectivas sobre o encoro da Campañá, Borrenes e o seu castro, As Médulas, Serra da Lastra (Vilar de Silva), as estribacións dos Aquilanos pola parte de Ferradillo e o castelo de Cornatel. Transitamos todo o tempo por un terreo calizo onde medran xardóns e aciñeiras con campos de herba entre medias onde pacen as ovellas.

Levamos catro quilómetros percorridos cando chegamos ao Castrelín, un poboado astur con dúas zonas excavadas de casas cadradas e circulares de antes da chegada do romanos. Hai un panel explicativo sobre o xacemento e unha hipotética reconstrución das vivendas.

O Castrelín está orientado cara o norleste e dando vistas á ampla chaira do Bierzo, o máis próximo Toral de los Vados, Villadepalos, Villaverde de La Abadía, Posada, Dehesas e máis lonxe Carracedelo, Cacabelos, Camponaraya, Ponferrada e a central térmica de Cubillos. Seguro que nun día despexado veríamos recortarse na largacía a Pena do Seo e as Serras de Ancares e Gistredo. A vista é grandiosa en calquera caso e o lugar máxico dende todo punto de vista.

Regresamos polo mesmo camiño ata que a bifurcación que atopamos á esquerda (aos 5,7 quilómetros de iniciada a marcha) e que toma a dirección de San Juan de Paluezas, cruzamos o rego de Valderrigueira e imos gañando altura por suave pendente ata chegarmos á unha gran nave, corte das ovellas responsábeis de que o campo se encontre tan coidadiño, e que está no punto máis elevado (646 m) da nosa andaina.

O camiño descende cara a ermida da Estrella, reconstruída a principios do século XIX e que está no cabo de San Juan de Paluezas (vén de Pallozas?). Percorreremos a parte alta da aldea e fixámonos no nome das rúas: Xinxas, Cimadevila, Triana. Pasamos preto da igrexa parroquial da Nosa Señora da Asunción que conserva a absida circular como sinal da súa orixe románica. Toda a aldea de San Juan está construida na ladeira cara o val de Borrenes, onde está a capitalidade do concello ao que pertence.
Mina

Canteira

Ruinas arqueológicas

O Castrelín

Intersección

Cruce de camiños

Waypoint

Nave

Arquitectura religiosa

Ermida da Estrella

Arquitectura religiosa

Igrexa parroquial de San Juan

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta