Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  5 horas 25 minutos

Coordenadas 1408

Fecha de subida 11 de enero de 2017

Fecha de realización enero 2017

-
-
747 m
437 m
0
3,5
6,9
13,82 km

Vista 1232 veces, descargada 34 veces

cerca de Celanova, Galicia (España)

As orixes da vila de Celanova están profundamente ligadas ao bispo San Rosendo e a súa obra, o mosteiro de San Salvador que mandou erguer no ano 936 e que quedou rematado no 942. Ao seu redor foi medrando un casarío que nos primeiros anos tiña limitada a altura das súas construcións por debaixo das fiestras do mosteiro.

Pero denantes deste vilar, este territorio xa tuvera un moi antigo poboamento humano no asentamento castrexo de Castromao entre os séculos VI e V a.C, coa súa posterior romanización nos séculos II e III d.C. Son estas terras de Celanova, xa que logo, dabondo de historia milenaria.

O roteiro vai ligar os lugares arqueolóxicos e monumentais de Celanova, Castromao e Vilanova dos Infantes a través de camiños e vereas, non faltando algunha carballeira.

- MOSTEIRO DE SAN SALVADOR

Desde o ano da súa creación no ano 942, recibiu importantes herencias e donacións, chegando a ser un dos máis importantes da península baixo o amparo dos reis de Galicia e máis os de Castela e León. No 1506 ingresa na Congregación de Castela, sendo nesta época na que se comeza a construción da fábrica actual.

Coa Desamortización os monxes vense obrigados a deixar o mosteiro e éste pasa por ter distintos usos: cuartel, cárcere, edificio do concello, escolas públicas, depósito de sal e incluso residencia privada. Agora unha parte do edificio está ocupada polo instituto de secundaria, o concello e a biblioteca municipal.

O mosteiro, en estilo barroco, componse da igrexa, dous claustros e as dependencias monacais. A igrexa actual barroca sustituiu a unha anterior románica e ten pranta de cruz latina con tres naves, destacando os seus retablos, os dous coros, a sillería e o restaurado órgano que soa nalgúns actos relixiosos.

Especial mención é menester facer da pequena capela mozárabe de San Miguel que é o único resto que se conserva da época de San Rosendo. Foi erguida cara o ano 936 e posúe arcos de ferradura, estando considerada coma Monumento Histórico-Artístico. Atópase ao carón da igrexa de San Salvador.

-CASTROMAO

Situado nun outeiro a 700 metros de altitude e con amplo dominio visual sobre os outros castros da contorna, constitúe un dos mellores exemplos da cultura castrexa. Foi habitado pola tribo dos Coelerni entre os séculos VI a.C. ata o III d.C. xa romanizado polo que atoparemos vivendas de prantas circular e cadrada. Está arrodeado por unha muralla de pedra duns 500 metros de lonxitude.

-VILANOVA DOS INFANTES

Esta pedanía de Celanova foi concello independente ata 1927 e posúe un pasado de orixe medieval, semellando que creceu a partir dun convento, hoxe desaparecido, que fundara Ilduara, a nai de San Rosendo.

A torre actual son os restos dun antigo castelo habitado polos país de San Rosendo cara o ano 927, sendo derrubadas as murallas coas revoltas Irmandiñas do ano 1474 e de novo erguidas ao fracasar a rebelión. Hoxe só se conserva a torre da homenaxe de pranta cadrada, con nove metros de lado e dezanove de altura.

Ver más external

  • Foto de A Granxa
Lugar no concello de Celanova.
  • Foto de Area lecer
Área recreativa con mesas por riba de Celanova.
  • Foto de Camiño
  • Foto de Camiño
Vieiro entra Canavelas e Castromao.
  • Foto de Carballeira 1
  • Foto de Carballeira 1
Bosque de carballos entre A Granxa e Celanova.
  • Foto de Carballeira 2
  • Foto de Carballeira 2
Bosque de carballos en Castromao.
  • Foto de Casa Celso Emilio
Casa natal do escritor Celso Emilio Ferreiro.
  • Foto de Casa Curros Enriquez
Casa natal do escritor Curros Enriquez.
  • Foto de Castromao
  • Foto de Castromao
  • Foto de Castromao
  • Foto de Castromao
  • Foto de Castromao
  • Foto de Castromao
Poblado castrexo-romano en Celanova.
  • Foto de Celanova
  • Foto de Celanova
Concello na provincia de Ourense.
  • Foto de Colmeas
Colmeas de abellas.
  • Foto de Concello Celanova
  • Foto de Concello Celanova
Casa consistorial de concello de Celanova.
  • Foto de Corredoira
Congostra en Vilanova dos Infantes.
  • Foto de Cruz
Cruz nunha área de lecer preto de Celanova.
  • Foto de Fonte 1
  • Foto de Fonte 1
Fonte de agua potable en Celanova.
  • Foto de Fonte 2
Fonte de auga potable en Celanova.
  • Foto de Fraga
Bosque no Alto de San Xulián.
  • Foto de Horreos
Cabaceiros en Vilanova dos Infantes.
  • Foto de Igrexa San Salvador
  • Foto de Igrexa San Salvador
  • Foto de Igrexa San Salvador
  • Foto de Igrexa San Salvador
Igrexa parroquial de Vilanova dos Infantes.
  • Foto de Mosteiro Celanova
  • Foto de Mosteiro Celanova
  • Foto de Mosteiro Celanova
  • Foto de Mosteiro Celanova
Mosteiro no centro urbano de Celanova.
  • Foto de Muralla
  • Foto de Muralla
Muralla de pedra no poblado castrexo-romano de Castromao.
  • Foto de Obra
Lugar semiabandonado no concello de Celanova.
  • Foto de Recreación Coelia Nova
  • Foto de Recreación Coelia Nova
  • Foto de Recreación Coelia Nova
  • Foto de Recreación Coelia Nova
  • Foto de Recreación Coelia Nova
  • Foto de Recreación Coelia Nova
Reprodución do antigo poblado castrexo de Coelia Nova.
  • Foto de Praza do Millo
  • Foto de Praza do Millo
Praza urbana no concello de Celanova.
  • Foto de Torre de Vilanova
  • Foto de Torre de Vilanova
  • Foto de Torre de Vilanova
Torre defensiva na pedanía de Vilanova dos Infantes.
  • Foto de Vilanova dos Infantes
  • Foto de Vilanova dos Infantes
  • Foto de Vilanova dos Infantes
  • Foto de Vilanova dos Infantes
  • Foto de Vilanova dos Infantes
  • Foto de Vilanova dos Infantes
Pedanía do concello de Celanova.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta