Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  8 horas 33 minutos

Coordenadas 3344

Fecha de subida 10 de marzo de 2017

Fecha de realización marzo 2017

-
-
720 m
219 m
0
6,0
12
23,96 km

Vista 997 veces, descargada 12 veces

cerca de Rajay, Galicia (España)

Iniciamos esta ruta na área de lecer de As Laceiras, pertencente ao Concello de Valga.

O primeiro que atopamos son os petróglifos "Pedra da Serpe"


O seguinte é a Capela da Virxe dos Milagres en Requián, cuxa celebración sempre coincide co día 28 de agosto.







Seguimos subindo ata o cume do monte Xesteiras, 718 metros de altitude, o mais alto das comarcas próximas, onde podemos ver as espectaculares vistas que se nos ofrecen.






Agora toca baixar ata Magán, onde no furancho O Cuberto, damos conta dun bo xantar.
Pola tarde facemos o que nos queda ata o inicio de esta bonita e agradable ruta.



En Martores atopamos esta fermosa capela. A páxina Web do concello de Valga di o seguinte de esta capela:
Dentro da parroquia de Valga, no lugar de “Os Martores”, pódese observar unha fermosa capela , construida a súa primeira parte no século IV-V, ampliada no século XVII e restaurada en 1949. Nesta restauración descubreuse un “ara romana” adicada ó Deus Mercurio (do século I), e tamén se destapou unha “necrópole sueva”.
Capela de planta rectángular cuberta a dúas augas, e muros laterais con xanelas a ambos lados da cabeceira. Fachada con porta alintelada, xanela rectángular con derrame exterior, espadana central de dobre van. Nos arredores da capela existen sartegos altomedievais.
Tamén existe un panel onde se informa do mesmo, aínda que se atopa bastante deteriorado.



Ruta un pouco esixente principalmente pola subida ao cume do monte Xesteiras.
Apenas ten asfalto, agás polos arredores das aldeas que cruzamos, a maior parte transcorre por pistas forestais.

Tempo en movemento: 5 horas 49 minutos, con unha media de 4,1 Qm/h.
  • Foto de Campos verdes
Os campos verdes atopámolos en moitos lugares polos que pasamos
  • Foto de Capela da Virxe dos Milagres en Requián
Capela da Virxe dos Milagres, cuxa festa se celebra o 28 de agosto, todos os anos
  • Foto de Capela dos Martores1
Capela dos Martores no lugar do mesmo nome
  • Foto de Capela no lugar de Magán
Capela no lugar de Magán
  • Foto de Corticeira a saída de Magán
Sobreira no lugar de Magán
  • Foto de Corticeira centenaria en Requián
Sobreira en Requián
  • Foto de Curro no monte Xesteiras
Curro onde se baixan as vestas do monte para rapalas
  • Foto de Figura da Virxe dos Milagres en Requián
A virxe dos milagres
  • Foto de Fonte de Xesteiras1
Fonte en Xesteiras
  • Foto de Fonte nos Martores
Fonte no lugar de Martores, no recinto da capela
N42.66457° W8.60159°
N42.69347° W8.62085°
  • Foto de Lavadoiro en Magán
Lavadoiro no lugar de Magán
  • Foto de lavadoiro en Magán.
Lavadoiro no lugar de Magán
  • Foto de Monte Xiabre ao fondo
Vista panorámica co Monte Xiabre ao fondo
  • Foto de Muíño da Rocha1
Muíño da Rocha
  • Foto de Muíño en ruínas no rego de Vilares
Antigo muíño no rego de Vilares
  • Foto de Ovellas pastando
As ovellas e os fillos no prado
  • Foto de Panel capela dos Martores
Panel informativo da capela dos Martores
  • Foto de Panel informativo da ruta
Panel informativo da ruta en Requián
  • Foto de Pedra da aguia no monte Xesteiras
Pedra da Aguia no monte Xesteiras
  • Foto de Pedra vertical1
Pedra vertical no monte Xesteiras
  • Foto de Petróglifo Pedra da Serpe
Petróglifo Pedra da Serpe
  • Foto de Pila de carballos cortados en As Laceiras
Carballos talados para facer leña nun serradoiro en As Laceiras
  • Foto de Piñeiros1
Unha plantación de piñeiros na área de lecer no monte Xesteiras
  • Foto de Radar meteorolóxico no cume do monte Xesteiras
Radar meteorolóxico no cume do monte Xesteiras
  • Foto de Rego dos Vilares
Rego dos Vilares
  • Foto de Vista do cume do monte Xesteiras
Vista panorámica dende o cume do monte Xesteiras
  • Foto de Vista panorámica2
Vista panorámica

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta