• Foto de Circular polo Camiño da Raíña (A Cañiza)
  • Foto de Circular polo Camiño da Raíña (A Cañiza)
  • Foto de Circular polo Camiño da Raíña (A Cañiza)
  • Foto de Circular polo Camiño da Raíña (A Cañiza)
  • Foto de Circular polo Camiño da Raíña (A Cañiza)
  • Foto de Circular polo Camiño da Raíña (A Cañiza)

Dificultad técnica   Moderado

Coordenadas 411

Fecha de subida 10 de enero de 2011

Fecha de realización enero 2011

-
-
1.007 m
305 m
0
3,4
6,9
13,78 km

Vista 6468 veces, descargada 96 veces

cerca de Parada de Achas, Galicia (España)

Este percorrido non sinalizado componse de dous treitos diferenciados, que uniremos para obter un sendeiro circular.
A primeira parte da nosa andaina será polas abas dos montes da Paradanta, onde nacen o regato das Bouzas, rego do Porto do Chan e regato de Barreiro. Saímos desde a aldea de Formigueiro, moi preto do santuario d´A Franqueira e de aquí imos a Visticovo e logo seguimos por unha corredoira que acompaña ao rego das Bouzas e gañando altura acadamos o nacedeiro deste regato no coto Xabriña.
Continuando paralelos a curva de nivel chegaremos a un punto con boas vistas sobre A Cañiza. Agora baixamos cara ao núcleo de O Forroño, pasamos por debaixo da autovía e situámonos no santuario da Pena de Francia. Aquí tendes unha capela do ano 1756 nunha contorna con abondosa arboreda e mesas para tomar un acougo. Espéranos Ferredo e Custeiras e xa dá comezo o treito polo Camiño da Raíña.
A raíña era dona Urraca, que usaba este camiño cando viña desde Castela ata o mosteiro d´A Franqueira. Lemos no cartaz da ruta:
"Antiquísimo camiño e vía principal de comunicación, polo que desde a Idade Media transcorreron día a día carruaxes, comerciantes, arrieiros e mensaxeiros... e aínda a principios do pasado século baixaban a ombreiros os cadaleitos desde os lugares de Formigueiro, Vilariño e Folgoso ata Parada de Achas, denominándose tamén Camiño dos Defuntos".
Nós non remataremos n´A Franqueira, senón un pouco antes, en Formigueiros, de onde partimos e contemplando polo camiño o fermoso bosque caducifolio que hai no val do río Calvo.
09-ENE-11 11:05:25
09-ENE-11 13:29:06
09-ENE-11 13:04:37
09-ENE-11 13:22:50
09-ENE-11 12:10:44
09-ENE-11 13:15:56
09-ENE-11 14:54:43
09-ENE-11 11:00:27
09-ENE-11 12:12:24
09-ENE-11 13:02:01
09-ENE-11 13:16:36
09-ENE-11 13:17:38
09-ENE-11 14:48:34
09-ENE-11 11:02:52
09-ENE-11 13:20:13
09-ENE-11 11:39:12
09-ENE-11 12:14:40
09-ENE-11 11:02:03
09-ENE-11 12:35:42
09-ENE-11 11:13:29
24-OCT-10 15:02:33
09-ENE-11 12:19:03
09-ENE-11 14:04:22
Bosque Caducifolio
09-ENE-11 11:01:00

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta