Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  8 horas 46 minutos

Coordenadas 1871

Fecha de subida 14 de enero de 2014

Fecha de realización enero 2014

-
-
240 m
34 m
0
5,5
11
22,07 km

Vista 1115 veces, descargada 4 veces

cerca de Alján, Galicia (España)

Esta ruta iniciámola no lugar de San Paio de Alxén, unha das parroquias de maior tamaño do concello de Salvaterra do Miño, a medio camiño entre Salvaterra e Salceda de Caselas, xusto diante da igrexa, de estilo gótico. Facémola baseándonos nunha das rutas feitas por “Cuspedriños” e en compañía do noso grupo "Sendereando”. Comenzamos con unha subida prolongada e fácil de levar, cruzando a área de lecer da Fraga do Rei, onde ten o seu inicio o PRG-163, polo que camiñamos un pequeno treito polo seu percorrido. Agora toca baixar ata Salceda, onde xantamos moi ben no bar-restaurante Central. Pola tarde percorremos o resto do camiño ata o inicio.

Apenas ten asfalto, soamente na entrada e saída de Caselas e Alxén. O resto transcorre por pistas forestais rodeadas de piñeiros, eucaliptos, castaños e carballos, cheas de follas molladas nesta época do ano. Tamén, e dado a cantidade de chuvia de estes días, atopamos camiños anegados pola auga, que mais ben parecían pequenos regatos. Tivemos que rodealos como puidemos. Outros moitos estaban totalmente enlamados, así que tivemos que embarrarnos bastante para poder seguir.
O día que tivemos foi bastante chuvioso, pero non por elo deixamos de facer o que nos gusta, que é, camiñar e desfrutar da natureza.
N42.10139 W8.55880
Plantación de carballos americanos as beiras dun rego.
N42.10946 W8.52781
Represa de auga.
Bosque de carballos.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta