-
-
194 m
4 m
0
3,1
6,1
12,21 km

Vista 3 veces, descargada 0 veces

cerca de Quenje, Galicia (España)

Saímos do Pavillón Municipal e atopamos o primeiro dos lavadoiros restaurados que veremos durante o percorrido, logo nos adentraremos nas aldeas de Quenxe e Oliveira para visitar os outros dous lavadoiros antes de chegar ó Cabo C.
Comezamos os camiños dos pescadores pasando pola boleira de Prado do monte ate chegar á Capela de Redonda e seguir polas boleiras de Amarela (neste tramo encontraremos algo de auga e barro).
Unha vez retomamos o camiño, logo de facer a parada de avituaiamento fronte ó mar, chega un tramo pequeno pero con con algo de dificultade pois pasamos por uns camiños estreitos e próximos ó mar, chegando a camiñar polas rochas e esquivar algún muro lindante de terreos.
Chegamos ó lugar de Amarela para subir ás zonas mais altas do concello, bordeando os límites xeográficos de Este ó Norte polo Monte de San Andreés ate baixar cara ó Igrexario. Unha vez alí comezamos a percorrer o cásco histórico de Corcubión, pasando pola praza do concello e rematando na Praza de Castelao.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta