Descarga

Distancia

18,45 km

Desnivel positivo

112 m

Dificultad técnica

Fácil

Desnivel negativo

137 m

Altitud máxima

66 m

Trailrank

53

Altitud mínima

8 m

Tipo de ruta

Solo ida

Tiempo

6 horas 51 minutos

Coordenadas

1478

Fecha de subida

28 de septiembre de 2020

Fecha de realización

septiembre 2020
Sé el primero en aplaudir
Comparte
-
-
66 m
8 m
18,45 km

Vista 121 veces, descargada 5 veces

cerca de Cruzeiro, Viana do Castelo (Portugal)

O río Lima -Limia en galego- nace nas terras ourensás de Sarreaus e logo de 41 Km de percorrido por España flúe por territorio portugués, pasando polos concellos de Ponte da Barca, Ponte de Lima e finalmente verte as súas augas en Viana do Castelo.

Foi confundido co mítico Lete -o río do esquecemento- que dicía a lenda que todo aquel que o cruzaba perdía a memoria e é un río troiteiro aínda hoxe con aproveitamento piscícola. Para este uso na súa canle foron construídas as presas feitas en pedra e que abocan nuns estreitamentos nos que se colocan as redes de captura das troitas. Estas represas en portugués reciben o nome de açudes.

O tributario máis importante do Lima é o Vez que ten o seu nacedoiro nas abas da Serra do Soajo e logo duns 36 Km entrega as augas ao Lima pola súa marxe dereita moi preto de Ponte da Barca.

Saíndo desde Ponte da Barca o noso roteiro transcorre primeiramente polas beiras do río Vez, pisando a etapa I da ecovía de Arcos de Valdevez, para logo conectar cos treitos II e I da Ecovía das Laranjas que nos levarán ata a fermosa Ponte Velha, no mesmo centro de Ponte de Lima.

O percorrido vai por terreo chairo seguindo aos ríos no seu descenso, coa compañía da acostumada arboreda de ribeira, con puntos de observación de aves, pesqueiras e tres áreas de lecer onde facer un descansiño. Iremos sempre pola marxe dereita dos ríos, mentras que pola outra banda do Lima está a Ecovía dos Açudes. Se facedes o roteiro en bicicleta podedes unir o percorrido proposto coa Ecovía dos Açudes (serían algo máis de 30 quilómetros en total), completando así un traxecto circular.

Ver más external

Picnic

Area lecer

Área recreativa as beiras do río Lima.
Parque

Area lecer Ponte de Lima

Área recreativa en Ponte de Lima.
Picnic

Area lecer Carregadouro

Área recreativa nas marxes do río Lima.
Waypoint

Comezo Lima

Punto de inicio en Ponte da Barca.
Río

Desembocadura Vez

Punto de desembocadura do río Vez no río Lima.
Foto

Ecovia

Ecovía pola marxe dereita do Lima.
Foto

Ecovia das Laranjas

Ecovía pola marxe dereita do río Lima, no concello de Ponte de Lima.
Panorámica

Ecovia

Ecovía pola marxe dereita do Lima.
Fuente

Fonte da Brevia

Fonte de auga potable na Ecovía das Laranjas.
Sitio religioso

Igreja Santo Antonio

Templo do século XIX.
Monumento

Moinho da Carvalha

Miuíño hidráulico nas marxes do río Vez.
Punto de observación de aves

Observatorio Santar

Observatorio de aves na beira do río Vez.
Foto

Pasarela

Pasarela de madeira na ecovía.
Monumento

Pesqueira fixa

Pesqueira fixa no río Lima.
Monumento

Pesqueira Milhundos

Pesqueira fixa no río Lima.
Río

Pesqueiras

Pesqueiras na canle do río Lima.
Avituallamiento

Ponte da Barca

Vila portuguesa no norte de Portugal.
Avituallamiento

Ponte de Lima

Vila do norte de Portugal.
Puente

Ponte Velha

Ponte de orixe romana (século I) que foi reconstruída na Idade Media. É Monumento Nacional portugués.
Río

Rio Lima

Río que ten o seu nacedeiro na comarca ourensá da Limia, pasando logo a Portugal e tras 108 quilómetros desemboca no Atlántico.
Río

Rio Vez

Tributario do río Lima pola marxe dereita.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta