Dificultad técnica   Moderado

Coordenadas 523

Fecha de subida 13 de abril de 2012

-
-
856 m
463 m
0
4,8
9,6
19,18 km

Vista 2912 veces, descargada 36 veces

cerca de Robledo, Galicia (España)

Trátase dun percorrido que nos achega ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra polos camiños antigos que unían as tres aldeas. Casi toda a ruta encóntrase sinalizada, desde Oulego seguimos as marcas do chamado Camiño Real de Oulego que vai polas Galegas cara a Biobra. Desde o lindeiro interprovincial parte a ruta Camiños Naturais, perfectamente sinalizada e que atravesa a comarca valdeorresa desde este punto ata Petín. O camiño ofrece magníficas vistas sobre os Montes de Rubiá, os Penedos de Oulego, O Marquesado, Pena Trevinca, As Médulas, Os Montes Aquilianos e o Val de Aguiar. Pasamos por entre soutos de castiñeiros, monte baixo e por entre as características aciñeiras que lle dan nome a este espazo protexido, especialmente abundantes no chamado Camiño dos Burros, que nos conduce á parte máis alta desta andaina. En Biobra está o Centro de Interpretación do Parque.
  • Foto de Miradoiro
  • Foto de Camiño dos Burros
  • Foto de Camiño dos Burros
  • Foto de Vistas sobre A Portela de Aguiar
  • Foto de Centro Interpretación Parque Natural - Biobra

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta