Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  una hora 16 minutos

Coordenadas 482

Fecha de subida 5 de octubre de 2014

Fecha de realización octubre 2014

-
-
84 m
50 m
0
1,2
2,5
4,96 km

Vista 1457 veces, descargada 7 veces

cerca de Camposancos, Galicia (España)

Este percorrido lineal parte da Praia do Muíño (con espazo para aparcar) e remata na Xunqueira, zona especialmente interesante para o avistamento de paxaros (está dentro da zona ZEPA).
O roteiro forma parte do PR-G 160, que dado o seu caracter lineal e as distancias, non aconsellamos facer de ida e volta.
Esta senda liga na Praia do Muíño coa Senda Azul, que nos levaría á Praia de Area Grande, pasando polo Porto da Guarda.
Se non te apasiona a ornitoloxía, podes facer o percorrido ida e volta ata chegar á zona de instalacións deportivas, facendo un camiño de aproximadamente 90 minutos á beira do Miño, moi agradable e con zonas de sombra.
Percorrido totalmente plano e moi doado para camiñar.
  • Foto de Punto de Partida. Praia do Muiño
Punto de Partida. Praia do Muiño. Aparcamento, cafetería e restaurantes.
  • Foto de Vista de Caminha (Portugal)
Vista de Caminha (Portugal), dende a pasarela de madeira. Para @s bañistas, ollo en que parte da praia te das un chapuzón, hai zonas perigosas polas correntes e rochas.
  • Foto de Praia de Lamiña
Praia de Lamiña, zona de aparcamento, en época de verán tamén hai servizos como socorrista, chiringo, duchas e redes de volei.
  • Foto de Mesas con sombra
Mesas con sombra ben xeitosa, adoita haber brisiña e a partir de aquí mudan un pouco as características do percorrido (hai algo máis de asfalto, urbanización máis agresiva e mesmo algunhas naves industriais).
  • Foto de Docas. Panel informativo
Docas. Panel informativo
  • Foto de Colexio de Xesuitas (campo de concentración durante ditadura franquista)
Colexio de Xesuitas (campo de concentración durante ditadura franquista), certamente un lugar con moita historia... aconsellamos ver un documental sobre este colexio moi interesante chamado "Memorial de Camposancos", do que deixamos a ligazón do vídeo promocional https://www.youtube.com/watch?v=lMpg7iSTHTs
  • Foto de Estación ornitolóxica Anabam
Estación ornitolóxica da Asociación Naturalista do Baixo Miño. www.anabam.org
  • Foto de Forno do Duque
Forno do Duque
Observatorio da Ruta Ornitolóxica, máis adiante podes atopar outro na zona da Xunqueira
  • Foto de Fornos cerámica tradicionais
Fornos cerámica tradicionais, que contan con paneis informativos.
  • Foto de Observatorio ornitolóxico
Observatorio ornitolóxico da Xunqueira, dentro dunha zona ZEPA, e onde se poden contemplar varios tipos de aves (hai paneis informativos)
  • Foto de A Xunqueira
A Xunqueira
  • Foto de Fin de ruta
Fin de ruta, se segues o camiño chegarás á igrexa de Salcidos.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta