• Foto de Mirador
  • Foto de Carballeira
  • Foto de Majada del Prau
  • Foto de Fonte- Capela de Nosa Señora da Luz

Dificultad técnica   Moderado

Tiempo  9 horas 13 minutos

Coordenadas 3877

Fecha de subida 15 de octubre de 2017

Fecha de realización octubre 2017

-
-
2.904 m
1.683 m
0
5,4
11
21,76 km

Vista 327 veces, descargada 1 veces

cerca de Cahecho, Cantabria (España)

Iniciamos la ruta no precioso pobo de Cahecho.Os primeiros quilómetros facémolos por pistas anchas e empinadas entre carballeiras. Pronto chegamos ó pé do cordal pero optamos por non seguir o cordal e faldear a ladeira con dirección leste por sendeiros que a miúdo se perden entre o monte baixo. Este tramo pode resultar un pouco incómodo pero pásase sen dificultade sempre con vistas impresionantes hacia o sur e os Picos de Europa.
Chegados ó pé do Pico Cuernón, algunhos optaron por quedarse e aproveitar para comer e os outros subimos ata a cima. O último tramo hai que facelo entrando por o pedregal e buscando os puntos amarelos, difusos en algún momento, que levan con facilidade á cima. O ascenseo neste lugar non tén maior complicación, pero hai que botar a man para axudarse e a mochila pode estorbar non escalón angosto. Unha vez que se chega arriba aparece unha cima menor dende a que hai que ascender ó Pico Cuernón a través de grandes bloques de pedra sin ningunha dificultade.
A baixada realízase campo a través ata a Campa del Prau que se ve hacia o sur e pronto se enlaza con unha pista que nos levará á capela da Nosa Señora da Luz, onde atopamos unha fonte de augas frías. Continuamos por a GR con marcas roxas e amarelas e, antes de chegar ó lugar de Luriezo xiramos á dereita para baixar a Cahecho.
Non sei qué pudo fallar no GPS porque as alturas que salen non se corresponden coa realidade. A Peña El Cuernón está a 2.042 metros de altitude e non a 2.904 como figura no track.
  • Foto de Mirador
  • Foto de Carballeira
  • Foto de Majada del Prau
  • Foto de Fonte- Capela de Nosa Señora da Luz

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta