erbedo

Dificultad técnica   Moderado

Coordenadas 539

Fecha de subida 17 de octubre de 2013

Fecha de realización octubre 2013

-
-
704 m
485 m
0
5,7
11
22,82 km

Vista 2142 veces, descargada 36 veces

cerca de Catasós, Galicia (España)

Desta volta, a proposta sendeirista lévanos ás orixes do Érbedo, no corazón do Deza, para coñecer algúns recunchos da comarca situados a cabalo dos concellos de Lalín e Dozón. A ruta parte da Fraga de Catasós, tamén coñecida como Carballeira de Quiroga, cuxa contorna presenta unhas características botánicas de grande importancia, singularidade e beleza, tendo en conta que na súa maior parte constitúe un importante bosque mixto de carballo e castiñeiro. Este souto conserva os exemplares de castiñeiro máis altos de Europa, de 30m de altura e máis de 5m de circunferencia na súa base.
Logo deste apacible inicio a ruta transcorre por camiños de vello e corredoiras cara o val do río (ou rego) Seixas, parte del xa no veciño concello de Dozón. Ata chegar aquí teremos cruzado o principal afluente do Deza, o Asneiro, e percorrido un anaquiño da Vía da Prata. Un agradable paseo a carón do Seixas encamíñanos de volta ao punto de partida percorrendo unha das paraxes máis fermosas da comarca dezá.
Unha andaina tapizada de follasca que nos levará por unhas cantas das 270 carballeiras inventariadas en Lalín, pequenos redutos de bosques caducifolios, coma os que antes cubrían boa parte da xeografía galega.
Unha ruta chea de paisaxe e natureza, salpicada de cores outonais, co puntiño de esixencia que lle dan os seus 23 km e os dentes do seu perfil.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta