Dificultad técnica   Fácil

Tiempo  5 horas

Coordenadas 2103

Fecha de subida 12 de noviembre de 2017

Fecha de realización noviembre 2017

-
-
685 m
250 m
0
2,7
5,4
10,84 km

Vista 114 veces, descargada 2 veces

cerca de Vincios, Galicia (España)

Variante sobre a ruta do PRG 1, ruta do Galiñeiro, seguindo dende o cumio norte ata o vértive xeodésico e rodeando boa parte da presa de Zamáns despois de pasar polo muíño das Maquías. Ruta realizada por un bo grupo de mozos e mozas da Residencia Xuvenil Altamar (Vigo).
A ruta foi pensada empregando a liña de Vitrasa L7 para comezar e rematar en diferentes puntos, tanto un como o outro coincidentes con paradas desta liña.
Baixamos do autobús en Seoane e descendemos cara á estrada de Vincios (O Porriño-Gondomar) onde enlazamos co PRG 1. A presenza da autoestrada agora obriga a transitar aproximadamente por dous quilómetros de asfalto ata comezar, por fin, a pisar monte... arrasado polo terrible incendio de outubro. Dá xenio ver o monte así, pero aínda impresiona máis, se cabe, non sentir a presenza de ningún ser vivo.
A partir da fonte do prado faise difícil seguir o que queda das sinalizacións da ruta, así que ascendemos polo cauce seco dun rego e logo improvisamos camiño para chegar ao merendeiro. Do merendeiro ao cumio o mesmo, todo arrasado polo lume, os arredores do refuxio e ata o monte baixo que chega ao pé do cumio norte (as Gallas ou mesmo os Forcados, sinónimos que temos oído como denominación deste cumio pola súa apertura en forma de Y).
O día anubrado non nos permitiu albiscar a parte máis elevada da Barbanza ao norte, nin o Faro de Avión ao leste (NE), pero a panorámica sobre Baiona, Monteferro, as Cíes, Ons... é realmente espectacular. Cara ao interior, o Galleiro e o Faro de Budiño perfectamente visibles.
Deixamos o PRG para asomarnos á lomba do Raposo (a "Botella"), vértice xeodésico no que se atopa o punto máis elevado da serra, e descendemos polo pedreiro ata conectar novamente coa ruta sinalizada. Nesta parte consérvanse ben visibles as sinalizacións da ruta e fomos avanzando entre os restos de vexetación consumidos polo incendio ata poucos metros antes do muíño das Maquías, que se librou das lapas por pouco (e probablemente por estar rodeado de frondosas). Foto de grupo no fermoso muíño e a rodear o encoro.
A presa de Zamáns atopámola a menos do 50% da súa capacidade, cando apenas hai cinco meses estaba ao 100%... Rodeámola ata a pontella de madeira sobre o río Amial ou Zamáns e de aí saímos á estrada xeral xustamente fronte a outra parada da mencionada liña 7 de Vitrasa.
  • Foto de Fonte
  • Foto de Fonte
  • Foto de Fonte
  • Foto de Fonte
  • Foto de Merendeiro
  • Foto de Merendeiro
  • Foto de Merendeiro
  • Foto de Cumio Galiñeiro norte (As Gallas)
  • Foto de Cumio Galiñeiro norte (As Gallas)
  • Foto de Cumio Galiñeiro norte (As Gallas)
  • Foto de Cumio Galiñeiro norte (As Gallas)
  • Foto de Cumio Galiñeiro norte (As Gallas)
  • Foto de Cumio Galiñeiro norte (As Gallas)
  • Foto de Cumio Galiñeiro (vértice xeodésico). Lomba do Raposo
  • Foto de Cumio Galiñeiro (vértice xeodésico). Lomba do Raposo
  • Foto de Cumio Galiñeiro (vértice xeodésico). Lomba do Raposo
  • Foto de Cumio Galiñeiro (vértice xeodésico). Lomba do Raposo
  • Foto de Cumio Galiñeiro (vértice xeodésico). Lomba do Raposo
  • Foto de Muíño das Maquías
  • Foto de Muíño das Maquías
  • Foto de Muíño das Maquías
  • Foto de Presa de Zamáns
  • Foto de Presa de Zamáns
  • Foto de Pontella de madeira (río Amial ou Zamáns)

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta