Sé el primero en aplaudir
Vista 3929 veces, descargada 76 veces
cerca de Cornide, Galicia (España)
O Concello de Teo, en colaboración co Colectivo a Rula, organiza unha pequena ruta para visitar ós petróglifos das aldeas teenses de Mouromorto, Cornide e Regoufe entre as parroquias de Calo e Luou. Unha andaina circular deseñada para a visita nocturna con luz artificial ós petróglifos o que permite apreciar mellor todos os detalles destas excepcionais mostras do chamado Grupo Galaico da Arte Rupestre.
Entre os petróglifos da ruta destacan as estacións do río Angueira ou Monte Cornide e Outeiro do Corno 1.
Os petróglifos do río Angueira constan de dúas laxes que combinan gravados de tipo xeométrico na primeira estación (combinacións circulares, coviñas e sucos lineais que enlazan os diferentes motivos) e os petróglifos de tipo naturalista presentes na segunda laxe na que destacan varios animais (cervos, cabalos) e excepcionais escenas de monta, cando menos unha delas sobre un cervo.
Non obstante, a estación máis coñecida é o Petróglifo do Outeiro do Corno 1, unha das escasas rochas “panoplias” da nosa comarca. O motivo central está formado por un deseño cuadrangular composto por dous trazos paralelos e un espazo interno máis pequeno dividido por sete liñas horizontais. Na parte superior apréciase unha aliñación de seis círculos simples. Xa fora, ó seu carón, represéntase un puñal coa punta cara abaixo e na parte inferior a figura dun cuadrúpede. Esta iconografía coñecese na península como “Tipo Peña Tú” polo petróglifo que se atopa no concello asturiano de Llanes. O petróglifo teense dálle nome á variante galega coñecida como “Tipo Outeiro do Corno”. Algúns autores teñen identificado este motivo como a representación dun posible escudo elaborado con materiais perecedoiros.
Máis info:
http://www.calameo.com/read/0025066783c3ff39043c1
Ver más 
Waypoint
CARBALLEIRA CORNIDE
POSIBLE CRUZ DE TERMO. Cruciforme e alfabetiformes. Laxe nunha encrucillada de camiños
Waypoint
INICIO E FIN RUTA
CASA CARRIL, CRUCEIRO E CAPELA DE CORNIDE
Estación 1. Petróglifos de Río Angueira
Petróglifo do Río Angueira. Est. 2
PT CRUCEIROV1. MOUROMORTO
Waypoint
PT OUTEIRO CORNO 1
Waypoint
PT OUTEIRO CORNO 2
Waypoint
PT OUTEIRO CORNO 3
ronsel18 12 abr 2015
He realizado esta ruta verificado Ver más
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Graciñas hola información!!