-
-
562 m
84 m
0
5,3
11
21,35 km
Vista 500 veces, descargada 23 veces
cerca de Rebordechán, Galicia (España)
Percorrido circular de 21 km pola parroquia de Rebordechán (Crecente), “unha aldea de tantas", chega de lugares baleiros pero tamén de recursos naturais e patrimonio histórico. Impresinoan as paisaxes, pero tamén as teas de araña que colgan das ventás.
A ruta comeza no antigo Camiño da Feira e despois de subir ao alto da Serra, onde se pode disfrutar dunha panorámica do Río Miño, comeza o descenso cara aos muiños da Serra e da Laxiña, entre outros, e a Casa do Coco.
Continuamos pola beira do Río Miño ata a fraga de A Freita para volver a subir de cara A Serra e voltar ao inicio da ruta.

Cando os muíños funcionaban, e tamén a barca que cruzaba no Miño os pasaxeiros de Valongo e Vilanova; as persoas que os empregaban subían por este camiño e, ao chegar a este altiño, tomaban unha POUSA (feito que dá nome a este lugar). E xusto aquí (coincidencia), mentres tomban un aire, ofrecíaselles a oportunidade de dar un esmola polas ánimas dos defuntos.
Este coto está situado na ladeira do Castro do Coruxón, hoxe denominado de San Sebastián.
Conta a tradición que o que lave as espullas coa auga que “milagrosamente” se mantén todo o ano nas tres coviñas do coto e torne a vista cara o San Bento de Rabiño (que está enfronte, no outro lado do río), á vez que reza o noso pai, desapareceranlle as espullas.
Se non desaparecesen, pode deberse a que non se rezou coa debida fe ou a que se lavaron coa auga da coviña que non era.
1 comentario
Si quieres, puedes dejar un comentario o valorar esta ruta
fernando_ferreiro 13-may-2019
He realizado esta ruta verificado ver detalle
Información
Fácil de seguir
Entorno
Moderado
Bonita ruta, aunque la ultima subida no aporta nada al recorrido.