Dificultad técnica   Fácil

Coordenadas 1201

Fecha de subida 10 de junio de 2012

Fecha de realización junio 2012

-
-
87 m
-19 m
0
4,6
9,3
18,51 km

Vista 2292 veces, descargada 38 veces

cerca de A Salga, Galicia (España)

A maioría desta rota transcorre por sendeiros de terra, area e un pouco de asfalto. Podemos observar natureza, praias, miradoiros e diferentes puntas e cabos que comprenden a illa. Percorremos toda a zona Norte, con inicio no aparcamento que hai o final da ponte, visitando Punta Cabalo, onde empezamos a descubrir as primeiras grandes pedras (Cons), que por certo leva este nome unha das rotas que existen, chegando ata Punta Carreirón situado no Parque Natural do mesmo nome. Por esta zona existen numerosos Cons, a maioría deles con nomes que amosamos o final na dirección da páxina web do concello. Dende Punta Carreirón regresamos pola beira das praias, e por sendeiros perfectamente axeitados para poder camiñar ata chegar de novo onde iniciamos o percorrido.
O GPS marca un tempo total de 7 horas e 54 minutos, que foi o que nos levou a nós, con paradas para comer, e tamén para deleitarnos das boas vistas que nos encontramos en todo o traxecto.
http://www.ailladearousa.com/a-ruta-dos-cons/
http://www.ailladearousa.com/senderismo-en-a-illa-de-arousa/
Desvío ao miradoiro
Hai que baixar á praia e cruzala pola area. Ao outro lado sae un carreiro estreito que sobe á rocha grande, aínda que está bastante cerrado polos toxos e silva, pásase.
De novo o camiño búscase polas rochas
Un pouco máis adiante o camiño hai que buscalo polas rochas da beira.
Estatua do Sagrado Corazón de Xesús
Nova pasarela de madeira que leva comodamente ata a punta do Cabalo.
É posible que haxa paso pola ribeira pero difícil
No Parque Natural de Carreirón

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta