Sé el primero en aplaudir
Vista 15 veces, descargada 0 veces
cerca de Francos, Galicia (España)
Ruta perfectamente sinalizada. Non é necesario seguir ningún track para realizala.
Nós seguimos un track que a poucos metros da saída nos mandaba por unha pista á dereita pero en cambio os sinais mandaban seguir de frente. Continuamos de frente e, ao pouco, o percorrido que facía o track uníase ao que seguíamos. É dicir, pódese facer collendo esa pista á dereita dando unha pequena volta para ver unhas casas " solariegas" ou seguir de frente por onde mandan os sinais.
O caso é que fixándose en paneis que hai ao longo da ruta, o percorrido oficial vai dando esa volta mencionada.
Pensamos que os sinais son anteriores aos paneis.
Pasamos pola fermoso e sorprendente lugar de Pena de Rodas, na parroquia de Gaioso, onde destacan dous bolos graníticos gigantescos e que semella que fosen caer dun momento a outro.Aquí hai tamén unha área recreativa moi ben acondicionada.
Despois, nunha suave ascensión, chegamos ao Miradoiro de Paraños con boas vistas sobre Outeiro de Rei e varias das súas parroquias, Lugo, e moito máis aló vemos ata Os Ancares.
A partires de aquí descendemos pasando polas aldeas de Susavila e Francos e chegando ao punto de partida. Chegando xa a Francos atopamos un pequeno tramo do camiño totalmente inundado e polo que era imposible pasar sen mollarnos case ata os xeonllos polo que optamos por dar unha pequena volta por uns prados ( foron só uns metros) e xa retomamos a ruta na área recreativa de Frrancos.
Comentar que é unha ruta fácil de realizar e aínda que se pasa por varias carballeiras, tamén hai pistas onde predominan os eucaliptos.
Ver más 
Waypoint
Muíño de Lousado
Restaurado e que funcionaba grazas a auga dun rego.
Destacan aquí dous enormes bolos graníticos cunha área recreativa ao pé ben acondicionada, nun entorno moi fermoso.
Sobre a súa orixe, hai quen asegura que a súa formación é aleatoria e que hai millóns de anos o magma fundido elevouse das profundidades e ao sair enfríouse rapidamente formando estas rochas. Despois, durante millóns de anos, o vento e a auga erosionarían formando esta marabilla.
Outros opinan que pola similitude das rochas, o seu emplazamento, a orientación...sería obra artificial do home e trataríase dun enorme calendario solar ou un santuario pagano.
Existe unha lenda moi extendida que di que unha das rochas está chea de ouro e outra de alcatrán. Quen descubra a de ouro, farase rico e se rompe a outra encherase de alcatrán.
Waypoint
Miradoiro de Paraños
Aldea que pertence á parroquia de Candai
Waypoint
Área recreativa de Francos
Waypoint
Igrexa de Santiago de Francos.
Igrexa cunha ábside románica.
Comentarios