Dificultad técnica   Difícil

Tiempo  2 horas 4 minutos

Coordenadas 565

Fecha de subida 25 de julio de 2015

Fecha de realización julio 2015

-
-
429 m
127 m
0
1,3
2,6
5,19 km

Vista 936 veces, descargada 28 veces

cerca de Pazos de Reis, Galicia (España)

Monte Aloia. Muíños de Paredes (dende San Fins de Rebordáns).
É unha das 5 rutas sinalizadas no Monte Aloia, dende o noso punto de vista calquera das outras é máis agradable para camiñar.
É lineal e ten unha parte final circular, aínda que aconsellamos facer a volta polo mesmo camiño.
A sinalización está ben para a ida, non tanto para a volta. O punto máis conflitivo é ao cruzar o río por unha zona que non ten ponte, na que hai que virar á dereita (na ida).
O máis salientable é a variedade de insectos que se poden observar, sobre todo libélulas, algunhas de cores realmente fermosas. Precisamente por iso é aconsellable ser respectuoso/a nas zonas de pozas do río, pois son espazos onde hai larvas e o seu ecosistema pode ser alterado se caemos na tentación de remollarnos un pouco.
A zona de merendeiro ao final está moi ben, con mesas, bancos e sombra (falta auga, magoa!).
A escasos metros do punto de inicio/fin está a capela de San Fins, que tamén ten zona de merendeiro e un parque infantil.
Se tedes opción, ide antes polo Centro de Visitantes do Monte Aloia.
  • Foto de Panel informativo. Ruta Muíños de Paredes
Panel informativo. Ruta Muíños de Paredes
  • Foto de Ponte de madeira. Río Deique
Ponte de madeira
  • Foto de Vista panorámica dende punto 3
Vista panorámica dende punto 3
  • Foto de Río. Cruzar e ir cara esquerda
Río. Cruzar e ir cara esquerda. Non hai ningunha sinalización e crúzase por uns penedos. É posible que non atopedes con facilidade o paso, é o punto máis conflitivo para seguer o percorrido da ruta.
  • Foto de Punto 8 (crúzase pista de terra)
Punto 8 (crúzase pista de terra)
  • Foto de Muíño da Marta
Muíño da Marta
  • Foto de Pociña (por favor, respeta o ecosistema e non te metas na poza.)
Pociña (por favor, respeta o ecosistema e non te metas na poza.)
  • Foto de Muíño do Carulo
  • Foto de Muíño do Carulo
Muíño do Carulo
  • Foto de Muíño
  • Foto de Muíño
Muíño
  • Foto de Merendeiro con poza
  • Foto de Merendeiro con poza
  • Foto de Merendeiro con poza
Merendeiro con poza
Ponte do Merendeiro. Se o día é de sol e calor, é preferible voltar polo mesmo camiño que viñemos, pois este tramo circular vai por unha pista sen sombra e menos atractiva que a senda pola que chegamos ao merendeiro.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta